Skip to main content

Máis de sesenta directores dos centros católicos concertados de Galicia participan na súa asamblea anual en Santiago

A primeira parte da asamblea consistíu na aprobación dos presupostos e do plan de xestión durante o ano 2004. Despois, a Asamblea contou coa intervención de Lorenzo Tebar, doutor en Pedagoxía, quen expuso os cambios da nosa sociedade e o impacto na educación actual. Así, para Lorezo Tebar os cambios sociolóxicos e tecnolóxicos invitan á escola a adecuarse ós novos métodos pedagóxicos que precisan poñer no centro da educación ós nenos e non ós libros de texto, como se ven facendo ata o de agora.
Na última parte participaron Xosé Luis Baños, secretario rexional de FERE-Galicia; Rubén Rivas, responsable do equipo de Normalización Lingüística da FERE-Galicia, e Belén Costa, asesora xurídica da organización.
Rubén Rivas informou á asamblea dos pasos moi positivos que se van dando nesta organización na potenciación do galego, desde o nomeamento dun equipo responsable, a constitución de sete comisións por zonas (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo), ata a elaboración dun programa de traballo que inclúe acordos con editoriais para o fomento da língua galega.
Belén Costa adiantou os posibles cambios que a Consellería de Educación fará coa gratuidade dos libros de texto e os atrancos que atopa a aprobación do V Convenio Colectivo.
Finalmente, Xosé Luis Baños fixo un percorrido informativo pola asamblea xeral de FERE-CECA en Madrid os pasados días 17 e 18 de febreiro na que se percibiron os cambios que a escola católica debe afrontar de cara ó futuro: posibles fundacións, evaluacións dos centros… Asimesmo, o secretario rexional propuxo a realización de cursos de formación para os centros que a FERE-Galicia organizará durante o próximo ano.
Comunicación do Arzobispado de Santiago de Compostela