Skip to main content

Comeza o II Galicia Open Future, impulsado por Telefónica e a Xunta

Telefónica vén de abri o prazo de inscrición para participar na segunda edición de Galicia Open Future, o gran centro de emprendemento galego impulsado en colaboración coa Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Economía e Industria, e que ofrece a 50 proxectos empresariais innovadores a posibilidade de evolucionar a súa idea co obxectivo de impulsar a xeración de riqueza e o emprego en Galicia.

As empresas e profesionais interesados en formar parte de Galicia Open Future poden presentar as súas candidaturas ata o 15 de xullo, cumprimentando o formulario de inscrición habilitado na seguinte dirección: http://galicia.openfuture.org/ [nova venta] . No mes de agosto, e unha vez finalizada a preselección inicial, daranse a coñecer os nomes dos 50 proxectos elixidos para formar parte desta segunda convocatoria.

Formación especializada e programa de incentivos da Xunta

O programa, no que Telefónica inviste anualmente preto dun millón de euros, ten unha duración inicial de seis meses -prorrogables en períodos de 3 meses-, durante a cal os emprendedores reciben formación e adestramento especializado, adaptado ás súas diferentes fases de maduración (idea, semente, prototipo, piloto ou lanzamento) e relacionado co seu modelo de negocio.

A través do Programa de Incentivos da Xunta, la Axencia Galega de Innovación –GAIN- achega unha axuda de 2.000 euros a cada un dos proxectos seleccionados, e a través da plataforma web openfuture.org, poden entrar en contacto tamén con emprendedores de todo o mundo involucrados no programa de innovación aberta Open Future de Telefónica- no que se integra Galicia Open Future-. O obxectivo desta plataforma é conectar a emprendedores, startups, investidores e organizacións públicas e privadas a nivel mundial.

Superada a primeira fase de formación, e unha vez evolucionados xa os proxectos, un xurado de expertos seleccionará aos tres mellores en función da súa achega aos sectores estratéxicos de Galicia, a súa innovación, o potencial de mercado, o grao de maduración e a súa viabilidade, ademais da súa composición multidisciplinaria, a súa motivación e o uso de tecnoloxía diferencial. Recibirán unha achega, nese caso, de ata 25.000 euros da Axencia Galega de Innovación, que deberá destinarse ao desenvolvemento do propio proxecto. Poderán acceder tamén a un préstamo reembolsable concedido por XesGalicia por un valor máximo doutros 25.000 euros.

Éxito da I edición

Máis de 130 proxectos de toda Galicia concorreron á primeira convocatoria do programa. Dos 50 seleccionados, a maioría experimentou unha forte consolidación e aberto novas oportunidades de negocio, entrando en contacto con novos investidores e clientes (Telefónica, Sergas…) e accedendo, algúns, a outros programas de aceleración.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia