Skip to main content

BNG y En Marea se oponen al plan de trabajo de la comisión de las cajas gallegas aprobado por el PPdeG con la abstención del PSdeG

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A parlamentaria do BNG, Noa Presas afirmou hoxe na comisión de investigación das caixas que o BNG “non será cómplice de pechar en falso esta comisión” como pretende o Partido popular ao impedir novas comparecencias e documentación “imprescindible” para definir o mapa completo do sistema financeiro galego na última década.

Para a nacionalista, o plan de traballo imposto polo Partido popular impedirá que o Parlamento sexa capaz de “esclarecer e afondar” na deriva das caixas galegas e posterior venda. Dende o BNG reiterou, “non seremos cómplices de aprobar un plan de traballo que pechará en falso o cometido da comisión”. O plan de traballo “valeira de contido a palabra parlamento e democracia” polo que solicitou que fora reconsiderado.

Noa Presas explicou que as achegas do BNG ao traballo da comisión recollían as dificultades das caixas de aforro pero tamén “a súa ocultación á opinión pública”. Tralas sentenzas da Audiencia Nacional e o Tribunal Supremo nos anos 2015 e 2016 constataron que Caixa Galicia encontrábase en situación de insolvencia e Caixa Nova tamén afectada por problemas de viabilidade, isto, dixo a deputada, introduce unha novidade que debe ser investigada tendo en conta que as contas oficiais das caixas reflectían beneficios que coincidiron coa emisión de participacións preferentes.

Por outra parte, Presas tamén cuestionou o papel do Banco de España tras o descubrimento de indicios de “irregularidades” relacionadas co entorno familiar de José Luís Méndez , feito que , en opinión da nacionalista, esixe unha documentación máis ampla para seren avaliada. A parlamentaria do BNG lembrou que existiu unha “evidente maquinación para enriquecerse persoalmente” como recollía unha resolución aprobada por unanimidade neste parlamento no debate do Estado da nación no ano 2014.

Outras actividades das caixas, reiterou, tamén presentaban irregularidades como denunciou o propio FROB estimando un prexuízo nas arcas públicas de 170M€, circunstancia na que tamén, insistiu, tería que profundar esta comisión. Dende o BNG, engadiu, entendemos que resulta necesario que comparezan os responsables dos estudos do FROB e directivos das caixas para avaliar o acontecido “na súa xusta medida”. Asemade, considerou que a “venda anticipada de Novagalicia-Banco con perdas” contrasta cos beneficios declarados por ABANCA nos seguintes exercicios e estas operacións deben ser tamén avaliadas pola comisión.

Finalmente, a deputada afirmou que existen “responsabilidades políticas” que deben ser analizadas así como a “peor evolución do crédito e depósitos” coincidindo coa proceso das caixas de aforro e a perda de servizos bancarios e oficinas.
R.