Skip to main content

Núñez Feijóo arremete contra un PSdeG que no sabe quién es y contra las mareas por su inacción

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo presidiu a Xunta Directiva na que tanto o partido como o Goberno demostraron que “fixeron os deberes”, e reivindicou que seguirá cumprindo os seus compromisos, como nos primeiros nove meses de lexislatura. Así, Feijóo subliñou que “ningún galego pode negar que hai un Goberno que goberna e un Goberno que cumpre a súa palabra” e garantiu que “dentro dun ano Galicia estará mellor do que está hoxe”.

Na súa intervención, o presidente lembrou que hai un ano tamén reunira ao máximo órgano entre congresos do PPdeG para afrontar “un reto que parecía imposible de acadar: que os galegos nos concedesen unha maioría estable, unha maioría excepcional”. Unha vez logrado, os populares cumpriron a súa palabra de poñerse a traballar desde o primeiro minuto do mandato.

“Queda moito camiño por diante, pero hoxe Galicia non ten nada que envexar ao que sucede noutras comunidades”, recalcou, para contrapoñer a “seguridade” da nosa Comunidade fronte ás “incertezas” doutras autonomías.

Sobre este punto, Feijóo reivindicou que os populares “acompañan a Galicia” nos logros conseguidos nos primeiros compases da súa terceira lexislatura á fronte do Executivo autonómico, como son a redución “sólida e constante” do paro, que leva caendo máis de tres anos; un novo récord de exportacións; o crecemento da industria por riba da media española; ou a recuperación do sector servizos e do comercio polo miúdo.

Neste sentido, o presidente quixo poñer en valor a proposta de Lei de Implantación Empresarial presentada esta mesma semana polos populares, que busca que a burocracia non sexa un obstáculo para que Galicia poida seguir crecendo.

Incidindo neste argumento, destacou a necesidade de que as institucións non poñan trabas innecesarias, senón que favorezan aos proxectos viables. “Non debemos crer que a Administración é o oposto á actividade económica, senón ser conscientes de que para repartir os froitos do crecemento entre os cidadáns é necesario que haxa crecemento”, insistiu.

Ademais dos logros económicos, lembrou recentes avances en materia educativa como a expansión do plurilingüismo e a educación dixital ou a conxelación das taxas universitarias; e en servizos sociais como a extensión da tarxeta benvida, as sete futuras residencias de maiores ou a ampliación e modernización dos hospitais. Nas súas verbas “cumprimos; dito e feito”.

O líder dos populares galegos quixo comparar a situación que vive a Comunidade coa das cidades nas que gobernan as Mareas de Podemos. “Nós definímonos polo que facemos, mentres eles se definen polo que non fan”, resumiu, e salientou que “estes meses de lexislatura autonómica foron moito máis produtivos que os máis de dous anos de parálise dalgúns concellos de Galicia e comunidades de España”.

Deste xeito, tamén culpou da mala xestión deste tempo ao PSOE de Pedro Sánchez, xa que entende que parece ter como único interese o de “reducir o seu partido” a ser unha caricatura de Podemos e cre que “na súa obsesión por construír un partido á súa imaxe e semellanza, Sánchez está convertendo o PSOE nun partido imprevisible e irrelevante”. “Lamentablemente o PSdeG vai ser o que queira Pedro Sánchez, e iso non é bo para Galicia nin para o propio Partido Socialista”, concluíu.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del PPdeG
R.