Skip to main content

Galicia pechou o primeiro semestre sendo a Comunidade Autónoma que paga máis rápido as súas facturas

Os datos oficiais do Ministerio de Facenda inclúen desde o mes de abril unha nova metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores que se aplica a todas as comunidades autónomas. Pese a este cambio, Galicia mantense como a comunidade que mellor paga aos provedores que traballan coa Xunta.

En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no 0,10%, a máis baixa de toda España. Neste momento, a débeda comercial de Galicia é a terceira parte que a da media autonómica (0,35%), logo de que Galicia conseguira reducir este indicador ata rebaixalo aos 63,8 millóns de euros.

Os datos do Ministerio de Facenda volven ratificar que Galicia continúa neste 2018 entre as comunidades que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.
R.