Skip to main content

Galicia é a sexta comunidade con menor número de tarxetas sanitarias por médico de familia

O 96% dos médicos de familia teñen contratos estables, mentras que no referente aos pediatras chégase prácticamente ao 100%. En canto ao grao de satisfacción que amosan os usuarios da atención primaria en Galicia, os datos do Barómero sanitario reflicten que un 88,50% considera que a atención recibida é boa ou moi boa, máis dun punto por riba da media nacional.
Grupos de traballo consensuados cos profesionais

Esta mesma semana, o equipo directivo do Sergas, encabezado polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, mantivo unha reunión con representantes dos profesionais de todas as áreas sanitarias, do Consello Galego de Médicos, dos colexios profesionais de enfermería, farmacia e fisioterapeutas, e das asociacións de médicos de familia e das sociedades científicas, para continuar avanzando de xeito consensuado no desenvolvemento dun novo modelo de atención primaria adaptado ás necesidades do século XXI.

Co obxectivo de trazar as liñas mestras, contando coa participación activa de profesionais e pacientes, propuxo a creación de seis grupos que abordarán especificamente, a reorganización e a creación de equipos para identificar os novos roles dos profesionais que traballan na atención primaria; as medidas encamiñadas á atención da demanda con calidade e seguridade; a priorización do plan de investimentos previstos para 2019 na atención primaria; as relacións entre a atención hospitalaria e a primaria; a formación e a investigación e a relacións cos pacientes a través das novas plataformas tecnolóxicas aplicadas á saúde.

O plan de traballo acordado esta semana programouse para poder contar coas primeiras conclusións dos expertos no vindeiro mes de febreiro.
R.