Skip to main content

As estradas autonómicas rexistraron en 2018 unha intensidade media diaria de 3.097 vehículos, un 2,2 % máis que o ano anterior

As porcentaxes máis elevadas rexistráronse en Lugo e Ourense, co 10,5 % e o 7,6 % respectivamente. A Memoria de Tráfico tamén indica os datos de intensidade media diaria de vehículos segundo o tipo de vías polas que circula. Desa forma, as vías de alta capacidade acadaron unha media de 8.502 vehículos ao día, significando un 3,3 % máis que o ano anterior.

Cómpre ter en conta que o pasado mes de maio entraron en servizo os dous primeiros treitos da Autovía do Morrazo que a súa execución obrigara a cortar ao tráfico o Corredor previamente, incidindo nos datos de tráfico rexistrados tanto nesa vía como na alternativa.

Os datos recollidos na Memoria de Tráfico de 2017 son o resultado da explotación de 376 estacións, da que 235 foron fixas e 141 de detección pneumática. Este método de mostraxe consiste en recoller información exhaustiva nun número determinado de seccións elixidas nos tramos máis significativos da rede viaria.

A Xunta de Galicia realiza unha análise anual do tráfico das estradas da súa titularidade co obxectivo de dispoñer de información permanentemente actualizada sobre os vehículos que circulan polas mesmas e clasificada conforme a parámetros tales como a intensidade media diaria, a porcentaxe de vehículos pesados e as súas variacións ao longo do tempo.

Ese conxunto de datos resultan de gran utilidade para adaptar a xestión da rede autonómica de estradas ás súas demandas reais, prever as necesidades futuras e planificar as actuacións e os investimentos nas vías.
R.