Skip to main content

O Estado de Alarma pon de manifesto a relación directa entre a calidade do aire e o tráfico nas cidades

Nese sentido, argumentou que esta situación debe invitar á sociedade a apostar por una mobilidade sustentable, abandonando o uso individual de vehículos e apostando cada vez máis por un transporte público e un abastecemento básico para obter a mellor calidade do aire e unha contorna máis limpa na que vivir.

É dicir, os resultados obtidos son un impulso e unha motivación para tomar medidas en prol dunha mobilidade máis eficiente nas cidades, para conseguir unha redución dos tráficos e que aposte polo fomento do uso da bicicleta ou de transportes alternativos e o transporte público.

Recordou que a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía é unha ferramenta coa que impulsar esta cultura de mobilidade, como iniciativas xa impulsadas polo Goberno galego como o transporte á demanda –posto en marcha pola Consellería de Infraestruturas-; ao tempo que se debe contar coa colaboración dos concellos, pola súa responsabilidade en cuestións como a ordenación dos tráficos, eidos que tamén se poden abordar no marco do Pacto dos Alcaldes polo Clima.

Análise de datos

A conselleira de Medio Ambiente explicou que –á vista dos datos rexistrados- observáronse descensos moi importantes en todos os parámetros avaliados nas estacións da rede de calidade do aire, especialmente nos derivados do tráfico, o NO2, e as partículas.

Ángeles Vázquez recordou que en todas as combustións se rexistran concentracións de Dióxido de nitróxeno (NO2), de xeito que se produce tanto no sector industrial como no doméstico. Non obstante, analizando os datos das estacións de calidade que se encargan do seguimento da contaminación causado polo tráfico rodado, a concentración do NO2 proporcionan unha radiografía da actividade da cidade.

Así, para o período 1-13 de marzo os datos son os habituais nas cidades galegas; mentres que entre o 14-28 de marzo, primeiras semanas do Estado de alarma, observase un importante descenso en todas as estacións, chegando a unha redución dun 54% na Estación Lope de Vega (Vigo), do 47% en Ourense, seguida dun 29% en Pontevedra e un 11% en Lugo.

Durante o endurecemento das condicións do Estado de alarma (entre o 28 de marzo e o 13 de abril) os valores manteñen a baixada; polo que os niveis de NO2 en todas as cidades nos días festivos do mes de abril caen ata o mínimo rexistrado ata o momento.

Tal e como indicou a conselleira de Medio Ambiente, comparando os datos obtidos na segunda fase do Estado de alarma coa primeira quincena de marzo (período no que non estaba en vigor o Estado de alarma), se observa unha reducións na concentración de NO2 dun 76% en Vigo (na estación de Lope de Vega), dun 60% en Ourense, dun 51% en Pontevedra e dun 40% en Lugo.

Por outra banda, no caso das partículas en suspensión, por exemplo as PM10, estas poden ter orixe natural (debido a procesos climatolóxicos, como a chegada de po sahariano) ou antropoxénica (propio de procesos de combustión e do trafico rodado). Nese sentido, a xornada do 27 de marzo é un día no que se observa unha diminución da concentración de PM10 en todas as estacións, efecto da diminución do tráfico rodado provocado polo estado de alarma, xa que a intrusión de po sahariano (que afectou á Comunidade nas primeira semana do Estado de alarma) deixou de ter efectos.
R.