Skip to main content

A economía azul e o Pacto Verde Europeo centrarán a edición virtual do Business2Sea 2020 organizado por Galicia e Portugal

Ademais, dentro desta edición do Business2Sea, o 17 de novembro realizarase unha xornada da Rede Iberoamericana de Investigación Pesqueira -Rede Invipesca-, que conta con financiamento da Consellería do Mar. Nesta acción está prevista a participación de científicos de diferentes países de Iberoamérica, España e Portugal.

O Business2Sea é un evento internacional dedicado a facilitar a interacción entre persoas e organizacións e a promover proxectos e negocios nos diferentes sectores da economía do mar, aberto á participación de todo tipo de organizacións.

Todos os axentes que teñan o mar e os seus recursos como elementos centrais da súa actividade (empresas, asociacións, centros de investigación, universidades, ou administracións públicas) teñen cabida nesta nova edición do Business2Sea e poden atopar máis información en http://business2sea.org/.
R.