Skip to main content

Galicia é a primeira Comunidade en contar coas farmacias para detectar casos de covid-19

No caso de atoparse algún positivo, dende a farmacia avisarase aos servizos sanitarios e realizaríaselle unha PCR.

O presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense, Santiago Leyes, precisou que para realizarse este tipo de probas, haberá que pedir cita previa online en citaprevia.cofourense.com ou de xeito presencial nas farmacias que participen nesta iniciativa. O conselleiro engadiu que hai xa ofrecementos doutros colectivos profesionais que confía que saian adiante, para poder colaborar e complementar, deste xeito, o traballo dos profesionais sanitarios, sumando todos esforzos na mesma dirección.

Cribados nos centros sociosanitarios e nos campus universitarios

Durante a rolda de prensa, o titular de Sanidade anunciou que, dende a vindeira semana, vaise facer un cribado aos 15.500 profesionais dos centros sociosanitarios galegos. Este cribado vaise realizar mediante automostra de saliva e analizarase por medio da técnica pooling que permite analizar varias mostras á vez, o que multiplica a rapidez na obtención dos resultados que estarían dispoñibles no mesmo día.

En canto aos cribados entre os universitarios que vai realizar a Consellería de Sanidade durante os vindeiros días, xa comezaron a realizarse nas residencias universitarias de Santiago onde estase a rexistrar unha alta adherencia dos estudiantes. Mais do 80% dos chamados acudiron a realizarse as probas, aínda que todavía é pronto para establecer algún tipo de conclusión. Durante a próxima semana, as probas iranse estendendo progresivamente a os sete campus universitarios galegos.

Levantamento de medidas especiais en Ortigueira

No referido ás medidas adoptadas hoxe durante a xuntanza do subcomité clínico que analiza a evolución da covid-19 en Galicia, resolveuse levantar as medidas restritivas especiais, correspondentes a nivel dous, no concello de Ortigueira. Esta decisión vén avalada pola boa progresión da situación epidemiolóxica no concello, que pasa así a rexirse polas mesmas medidas que o resto de Galicia.

Os facultativos Sergio Vázquez e Tato Vázquez Lima, que participaron na xuntanza, reiteraron a necesidade de evitar xuntanzas con amigos e familiares que non sexan estrictamente imprescindibles. Apelaron, así mesmo, á responsabilidade no uso da máscara tamén en espazos cerrados e subliñaron que ás dúas vindeiras semanas poden ser críticas na evolución da pandemia.
R.