Skip to main content

Sanidade publica o protocolo de prevención da covid nos cemiterios ante a festividade de Todos os Santos e Defuntos

Ademais, cumpriranse as medidas de agrupacións de persoas establecidas polas autoridades sanitarias para o global de Galicia e aquelas especificas nos ámbitos territoriais nos que a evolución da pandemia está a facer necesario instaurar medidas máis restritivas.

O protocolo lembra a normativa vixente en canto ao uso obrigatorio da máscara cirúrxica/hixiénica e sinala a importancia dunha adecuada hixiene de mans e respiratoria.

En canto ás medidas organizativas, ampliarase os horarios de apertura coa fin de espaciar as visitas e evitar as aglomeracións, establecerase un máximo de 4 persoas por grupo de visitas do mesmo grupo familiar/personas que viven xuntas; e a duración das visitas non deberá superar os 30 minutos.

Ademais, organizarase a circulación de persoas dentro do cemiterio establecendo circuítos diferenciados de entrada e saída do mesmo.

O protocolo tamén establece medidas de limpeza e desinfección de superficies, aseos, etc, e medidas de información, mediante o emprego de cartelería situada en lugares estratéxicos (entrada dos recintos, lugares de maior tránsito, aseos, etc.).
R.