Skip to main content

O Goberno central confirma que só catro comunidades recibirán doses da partida extra de Pfizer e Galicia non está entre elas

O máximo responsable sanitario da Xunta puntualizou que este axuste debe facerse tendo en conta o que se lle administrou á Comunidade Autónoma que máis doses recibíu, “que non foi Galicia”.

Comesaña destacou, ademais, que en Galicia hai un enorme interese por vacinarse. Puxo como exemplo o proceso de autocita aberto esta fin de semana para a mocidade entre 16 e 21 anos, que chegou a ter picos de 50.000 solicitudes ao minuto e 1,6 millóns en dúas horas, tendo todas as citas completas en poucas horas.

Xunto a esta reclamación, o máximo responsable sanitario da Xunta, remarcou a necesidade de que se cre un regulamento de funcionamento do Consello Interterritorial, para que se poidan trasladar os documentos importantes xa que, a día de hoxe, non hai actas das xuntanzas, nin tan sequera documentos previos.
R.