Skip to main content

O Comité Educativo avalía a situación na comunidade escolar a piques de iniciar a vacinación dos menores de 12 anos e as vacacións de Nadal

Do mesmo xeito, reiteraron o agradecemento ao conxunto da comunidade educativa -especialmente ao alumnado e ao profesorado- pola súa responsabilidade diaria no cumprimento dos protocolos.

A análise pormenorizada dos datos dos grupos sociais vinculados a centros educativos revela que o 80% dos 1881 casos activos a día de hoxe se concentra nos menores de 12 anos, fronte á mínima incidencia no grupo de entre 12 e 19 anos, que é o grupo de poboación con menor afección da sociedade. Isto confirma que os protocolos están funcionando e que a vacina é o principal elemento diferencial entre ambos.

Así pois, confírmase que a evidencia de contraste está entre os grupos de vacinados e non vacinados, xa que nos non vacinados -Infantil e Primaria- é onde se concentra a meirande parte dos casos pese a que non houbo cambios no protocolo respecto ao ano pasado. Pola contra, en Secundaria rexístrase a incidencia máis baixa do conxunto da poboación.

A Xunta tamén informou ao Comité Educativo da planificación da administración das arredor de 60.000 doses que está previsto que Galicia reciba a vindeira semana, coa previsión de comezar a vacinar desde o mércores 15 a este grupo de idade.
R.