Skip to main content

A Xunta e o Goberno central avanzan na coordinación da axuda a Ucraína

A Xunta solicitou de novo ao Goberno central información fluída e en tempo real sobre os refuxiados que chegan a Galicia -número dos que chegan cada día, identidade e lugar onde se aloxan- para poder prestarlle os servizos que o Goberno galego, concellos e ONGD están en disposición de ofrecer aos ucraínos que chegan á comunidade.

O Goberno galego tamén trasladou a necesidade de que o Executivo estatal aclare canto antes que recursos económicos extraordinarios ten previsto habilitar para poñer a disposición das comunidades autónomas e as entidades locais co obxectivo de ofrecer unha correcta atención aos desprazados, así como promover a súa inclusión social e facilitarlles o acceso ao emprego.
A próxima reunión de COTEGA está prevista para o mes de abril unha vez, segundo trasladou o Goberno central, se aprobe o 29 de marzo o plan de resposta ás consecuencias da guerra en Ucraína.

Pola súa parte, a Xunta está a traballar no plan de acollida aos alumnos para proceder á de escolarización inmediata dos nenos en idade escolar e xa conta cun protocolo de atención aos refuxiados para poder prestarlles a atención que precisan ademais das 432 camas hospitalarias que xa puxera a disposición das persoas desprazadas que precisen atención sanitaria.
R.