Presentados os resultados do proxecto Smart Lean Platform 4.0 for people para a dixitalización da industria galega

A directora destacou a contribución deste proxecto á transformación dixital da industria galega mediante o desenvolvemento dunha plataforma que integra ferramentas de lean manufacturing (dirixidas a reducir os tempos dentro do sistema de produción e de resposta a provedores e clientes) e tecnoloxías facilitadoras esenciais, como o internet das cousas, a intelixencia artificial e a realidade aumentadas, para axudarlles ás persoas na toma de decisións. Na visita á planta de TI Automotive, despois da presentación dos resultados por parte dos socios no proxecto, puideron comprobaron a implantación desta plataforma nun entorno real.
LP4P está liderado pola consultoría tecnolóxica Inovalab Digital e nel participan como socias as empresas Meifus Industrial, Xoia Software Development e TI Group Automotive Systems. Así mesmo, conta ca colaboración do hub de innovación dixital Dihgigal, e os centros tecnolóxicos Gradiant e Citic. O orzamento total do proxecto ascende a preto dun millón de euros para o período 2021-2023 e conta cunha axuda de máis de 540.000 euros da Xunta de Galicia, cofinanciado a través dos fondos Feder.
A plataforma desenvolta permite captar datos en planta mediante sensorización; almacenalos, analizalos e explotalos a través da intelixencia artificial e visualizalos en tempo real e contextualizados, contribuíndo así á formación, apoio a operacións, soporte remoto, mantemento preditivo e preventivo, xemelgo dixital interactivo de control de máquinas e monitorización.
Deste xeito, este proxecto impulsa a competitividade da industria galega en sectores estratéxicos como a automoción e contribúen a avanzar cara a unha economía máis dixital e resiliente, baseada no coñecemento e na innovación. Precisamente, o obxectivo da liña de axudas Conecta Hubs é apoiar proxectos de I+D+i colaborativos desenvolvidos por agrupacións de empresas que contribúan a impulsar un tecido empresarial máis dixitalizado, innovador e sustentable, mellorando así a súa competitividade.
A transformación dixital do tecido produtivo galego, especialmente das pemes, é unha prioridade da política de I+D+i da Xunta de Galicia que impulsa os hubs de innovación dixital como un instrumento que facilita o acceso da industria a tecnoloxías emerxentes. Así mesmo, na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) 2021-2027 a dixitalización aparece como unha das tres prioridades transversais, xunto á sustentabilidade e o enfoque cara ás persoas.
R.