Skip to main content

Agricultura, muller e gobernanza son claves para un rural sustentable, sinala a MAP galega do proxecto Sherpa

A implicación da USC neste programa a prol do deseño das mellores políticas a prol do medio rural en Europa materialízase na coordinación da plataforma multiactor de Galicia, un dos dous foros de debate articulados en España ao abeiro do programa Sherpa, que contabiliza un total de 41 plataformas deste tipo en diferentes localizacións do territorio continental.

Logo de preto de catro anos de traballo e trala elaboración de diversos informes, que recollen e estruturan, xa en forma de recomendacións ou como ideas a desenvolver, as achegas de interese recompiladas polos grupos de traballo (MPA) nos seus respectivos territorios. As contribucións feitas desde Galicia, do mesmo xeito que as dos demais equipos de traballo, foron obxecto de análise na sesión final do programa Sherpa celebrada hai uns días no Comité Europeo das Rexións, en Bruxelas

O profesor do Departamento de Economía Aplicada na a USC na Facultade de Económicas de Santiago Edelmiro López Iglesias, e as docentes e investigadoras na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) do Campus Terra integradas nos grupos Ecoagrasoc e Laboratorio do Territorio (LaboraTE) Mar Pérez Fra, Ana Isabel García Arias, Beatriz Guimarei e María Amparo Ferreira Golpe, formaron parte da delegación da USC que tomou parte na conferencia final do proxecto Sherpa.

O obxectivo último do proxecto Sherpa e a revitalización e a sutentabilidade do medio rural, sinala a profesora Pérez Fra, ao tempo que precisa que os foros de diálogo abertos permitiron afondar de xeito imparcial, desde diferentes puntos de vista e respectando a idiosincrasia e as singularidades de cada rexión, algunhas das principais problemáticas apuntadas desde a Comisión Europea.
R.