Galicia apoia no Comité Europeo das Rexións a mellora do tratamento de augas residuais urbanas e solicita un apoio financeiro suficiente e sostible

O Pacto Verde industrial e as materias primas fundamentais
Debido á inestabilidade do contexto internacional e á necesidade de xerar unha industria autosuficiente para a produción de elementos clave na transición verde e dixital, a Comisión publicou o Paquete de materias primas críticas co obxectivo de reforzar as fases da cadea de subministro, diversificar as importacións, mellorar as capacidades da UE para controlar o subministro e garantir a súa libre circulación no mercado único asegurando un alto nivel de protección ambiental.
O Comité das Rexións apoia este paquete pero salienta que se deben ter en conta as rexións menos desenvolvidas para a instalación de proxectos. Nese senso, o director xeral comentou que para Galicia é fundamental “aproveitar as sinerxías das iniciativas do Pacto Verde Europeo e impulsar nas rexións e cidades a mellora e reconversión das cualificacións profesionais”. Así, Gamallo explicou a aposta en Galicia pola política industrial e a transición xusta a través da creación do Fondo de Transición Xusta de Galicia e sendo unha das rexións fundadoras da Alianza de Rexións con industrias da Automoción.
Comité Europeo das Rexións
O Comité Europeo das Rexións é a asemblea consultiva na que están representados os entes locais e rexionais da Unión Europea. A sesión plenaria do CdR reúnese seis veces ao ano. En representación da Comunidade Autónoma de Galicia, o membro titular é o propio
R.