Skip to main content

O III Programa Muller e Ciencia 2022-2025 persegue que o sistema galego da ciencia, tecnoloxía e innovación incorpore a igualdade de oportunidades

Así, a secretaria xeral da Igualdade avogou pola “creación de novas cátedras, polo impulso do liderado femenino no eido da investigación” ou pola eliminación das barreiras que por razóns de conciliación ou coidado estaban a afectar ás mulleres nestes sectores. O obxectivo é, segundo dixo, “priorizar as necesidades das mulleres co gallo de avanzar no respecto á diversidade e de reter o talento femenino como motor de desenvolvemento tecnolóxico, económico, social e sostible de Galicia”.

Na súa intervención, Sandra Vázquez referiuse ao Programa Emega de emprendemento feminino que apoia a “posta en marcha, a mellora e a activación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres”. Así mesmo, estas achegas que se poden solicitar actualmente -deica o 7 de agosto- tamén contemplan, segundo recordou, medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida personal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos.

Así mesmo, a secretaria xeral referiuse á futura Lei de igualdade, que se atopa en tramitación parlamentaria, destacando que regulará aspectos como o benestar laboral, a discriminación múltiple ou os dereitos das mulleres do rural e do mar.
R.