Declarada de Interese Turístico Nacional a Festa da Filloa de Lestedo, coa que Galicia suma 10 festividades con este recoñecemento
A Xunta de Galicia vén de recibir a resolución da Secretaría de Estado de Turismo pola que se concede a declaración de Interese Turístico Nacional á Festa da Filloa de Lestedo, en Boqueixón. Con este recoñecemento, Galicia suma xa 10 festividades con este recoñecemento.
Turismo de Galicia emitiu un dos informes favorables que forman parte do expediente para a declaración agora conseguida. Valórase, entre outras cuestións que a festividade, declarada en 2008 como desta de interese turístico de Galicia, goza dunha notoria popularidade e conta con importante arraigo e participación cidadá. Ademais, tense en conta que se celebra ao redor dunha manifestación gastronómica durante o Entroido, o que lle confire gran relevancia para a economía e se consolida como atractivo turístico.
A declaración como Festa de Interese Turístico Nacional publicarase proximamente no Boletín Oficial do Estado (BOE). A Festa da Filloa de Lestedo súmase así ás outras nove que xa contan con este recoñecemento: a Romaría de Nosa Señora da Barca (Muxía), as Carrilanas de Esteiro (Muros), as festas do San Froilán (Lugo), a Feira do Bonito (Burela), a Festa da Historia (Ribadavia), o Entroido de Verín. Tamén a Festa do Marisco do Grove, as Festas de San Roque (Vilagarcía de Arousa) e a Festa da Reconquista (Vigo).

R.