A cidade portuguesa de Braga convértese en epicentro da reflexión sobre a relación entre Galicia e os países lusófonos
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na apertura oficial do XIV Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), que arranca hoxe na cidade portuguesa de Braga co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. O obxectivo deste encontro, que se desenvolverá na Universidade do Minho ata o sábado 20, é crear un espazo para a reflexión sobre a relación entre Galicia e os estudos galegos e a denominada lusofonía, que abrangue o conxunto de países que teñen como lingua oficial o portugués.
Durante o acto, o representante autonómico salientou “o importante papel que este congreso xoga na internacionalización da nosa lingua, en xeral, e na divulgación dos estudos galegos no ámbito da lusofonía e como foco de interese para os estudos lusófonos”.
Catro días de programación
Baixo o título Horizontes dos Estudos Galegos e /na Lusofonía, esta nova edición do congreso da AIEG parte do tradicional vínculo entre Galicia e os países lusófonos para promover o debate, a crítica e novas propostas sobre as relacións no espazo cultural, académico e institucional.
Farao a través de relatorios, paneis, mesas e sesións plenarias nas que participarán especialistas das tres universidades galegas, pero tamén do ámbito nacional e internacional, que discutirán sobre os campos lingüístico, literario, histórico, económico, antropolóxico, filosófico, sociolóxico e artístico.
No marco do congreso tamén terán cabida as actividades culturais, como excursións ou exposicións, especialmente dirixidas á mocidade investigadora; ou a presentación de produtos académicos e proxectos, como o Proxecto Nós, impulsado polo Goberno galego para incorporar a lingua propia de Galicia á vangarda da Intelixencia Artificial.
O broche de ouro a catro días de congreso porao a reedición da gala aRi[t]mar 2023, que chegará por primeira vez a territorio luso este sábado 20 ás 21.30 h no Espaço Vita de Braga. No evento, que celebra cada ano o mellor da música e da poesía galega e portuguesa, volverán soar as cancións gañadoras da edición do pasado ano -o Lisístrata de Fillas de Cassandra- e o Maçãzinha, de Retimbrar en colaboración con Uxía Senlle- e os poemas máis votados -Mamá fala en linguaxes de documentos predeterminados, da ourensá Arancha Nogueira e Se de repente perto fosse um verbo, da barcelense Maria Isabel Fidalgo.

R.