Skip to main content

Representante do Partido Popular de 28 concellos lucenses visitaron ASPNAIS

Voceiros nas respectivas corporacions acudiron o da Deputación Provincial; os dos concellos de Antas de Ulla, Becerreá, Castroverde, Lugo, Trabada, Sarria, Xermade, e Voceira de Viveiro.

En Aspnais foron atendidos polo Presidente, José Reigosa, co equipo técnico da entidade, que foron explicando o funcionamento dos diversos servizos, deténdose especialmente nos talleres de carpintería onde contemplaron a confección de platos de polbo, e no de cerámica, onde se confeccionan todo tipo de obxectos artísticos en diversos materiais, especialmente útiles para celebracións familiares ou agasallos institucionais.

Os visitantes quedaron gratamente sorprendidos, tanto polas instalacións que a entidade posúe, como polo traballo que se realiza nos talleres, que garante a integración destes usuarios no mundo laboral e o conseguinte empoderamento de todos os que forman parte deste proxecto tan especial. A Presidenta do Partido Popular na provincia e todos os participantes, agradeceron a Aspnais que lles abrise as portas das súas instalacións para obter directa información da realidade deste colectivo, e mesmo pola posibilidade de que os visitantes contactasen cos usuarios procedentes dos seus concellos.

Nas fotografías, os visitantes na entrada no edificio de Aspnais, e no taller de carpintería.
R.