Skip to main content

Firmado el Plan de Fomento de las Exportaciones Gallegas (Foexga) que supone una inversión de casi 5 millones de euros

El conselleiro de Industria, Fernando X. Blanco, ha firmado un convenio con los presidentes de las nueve Cámaras de Comercio de Galicia para la ejecución del Plan de Fomento de las Exportaciones Gallegas (FOEXGA), que cuenta en 2006 con un presupuesto de 4.681.250 euros. El convenio pretende lograr una mayor diversificación de las exportaciones, tanto sectorial como geográfica, mediante la incorporación de nuevos mercados y productos a los procesos de internacionalización de las firmas gallegas.

El departamento que dirige Blanco aporta al plan el 40% de su presupuesto, un total de 1.899.875 euros, y los órganos camerales proporcionan cerca del 30%, según ha informado la Xunta en un comunicado. Con este presupuesto, el FOEXGA 2006 financia este año alrededor de 206 actuaciones, de las que 51 son misiones comerciales directas al extranjero que se contemplan como acciones de prospección de mercados y establecimiento de contactos empresariales. También se realizan 39 visitas a ferias internacionales y las empresas gallegas con vocación exportadora pueden participar directamente en 17.

Asimismo y para distinguir a las pequeñas y medianas compañías que destaquen por sus iniciativas y esfuerzos, se establece un premio a la internacionalización. Una comisión técnica, formada por personal de las Cámaras y representantes de la Consellería de Industria, se encarga de controlar las acciones realizadas dentro del Plan y de las nuevas programaciones y variaciones que se produzcan durante el ejercicio.

Las exportaciones gallegas en enero de 2006 crecieron un 43,68% en relación al mismo mes del año anterior, y los países que más volumen de exportaciones gallegas registraron son Francia (31,7%); Reino Unido (18,9%) y Portugal (14,1%).

Comunicado de prensa de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia sobre Foexga 2006:

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, asinou un convenio cos presidentes das nove cámaras de comercio de Galiza para a realización do Plan de Fomento das Exportacións Galegas –FOEXGA 2006–. O FOEXGA conta no presente ano cun orzamento de 4.681.250 euros, que se destinará a incentivar e estimular o comercio exterior galego. A Consellaría de Innovación e Industria achega ao plan o 40% do seu orzamento, un total de 1.899.875 euros; as cámaras e as empresas proporcionan respectivamente preto do 30%.

O convenio asinado polo conselleiro de Innovación e Industria e as Cámaras de Comercio persegue procurar unha maior diversificación, tanto sectorial coma xeográfica, das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das firmas galegas. Son obxectivos do FOEXGA, tamén, o aumento da base de empresas exportadoras, favorecendo a saída ao exterior de empresas noveles con potencial exportador; regularizar e consolidar a presenza das empresas galegas nos mercados internacionais; facilitar formación e información cualificada en materia de comercio exterior como factor estimulante da internacionalización das firmas galegas e difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade.

Os orzamentos do FOEXGA 2006 servirán para financiar este ano ao redor de 206 actuacións, das cales 51 serán misións comerciais directas ao estranxeiro, que se contemplan como accións de prospección de mercados e establecemento de contactos empresariais.

Realizaranse, asemade, 39 visitas a feiras internacionais e as empresas galegas con vocación exportadora poderán participar directamente en 17. Selecciónanse aquelas feiras no exterior que presentan un interese especial para os produtos galegos e organízase a asistencia ás mesmas mediante visitas de exportadores ou participacións agrupadas de empresas. Ademais de servir como plataformas para dar a coñecer os produtos galegos, as feiras internacionais constitúen un escenario axeitado para pór en contacto empresarios con distribuidores, coñecer a evolución do sector e determinar a dimensión da competencia.

Accións financiadas polo FOEXGA son tamén as misións comerciais inversas, encontros empresariais, accións de turismo ou o establecemento de 23 bolseiros promotores en países do exterior, entre outras. Para distinguir aquelas pequenas e medianas empresas galegas que destacan polas iniciativas, actitudes e esforzos realizados nas súas estratexias de expansión internacional, establécese un premio á internacionalización que servirá de estímulo e incentivo ao empresariado galego na súa proxección internacional.

Unha comisión técnica, formada por persoal das cámaras e representantes da Consellaría de Innovación e Industria, encárgase tanto do control e seguimento das accións realizadas dentro do Plan como das novas programacións e variacións que se produzan durante o exercicio. Esta mesma comisión encargarase da avaliación do FOEXGA como mecanismo efectivo para favorecer a internacionalización de empresas.

As exportacións galegas no primeiro mes do presente ano medraron un 43,68% en relación ao mesmo mes do ano anterior. Os países que máis volume de exportacións galegas rexistran son Francia (31,7%, O Reino Unido (18,9%) e Portugal (14,1%).


R.