Skip to main content

Colocada la primera piedra de la nueva autovía de O Salnés. Supone una inversión de 54 millones de euros y estará finalizada en 2008

El presidente de la Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, asegura que la autovía del Salnés mejorará la seguridad vial, la calidad, y la capacidad de la antigua vía. Pérez Touriño realizó estas declaraciones durante el acto de la colocación de la primera piedra de la nueva infraestructura que, según fuentes de la Consellería de Política Territorial, estará terminada en febrero de 2008, y supondrá una inversión de 54,77 millones de euros.

Las obras consisten en el desdoblamiento de la actual vía del Salnés VG-4.1, una actuación que la Xunta considera necesaria para aumentar la seguridad vial en la zona y que, además, viene determinada por el incremento del tráfico que se registra en la carretera actual.

En cuanto a las características de la nueva vía, desde la Consellería de Política Territorial informaron de que el desdoblamiento se acometerá a lo largo de los diecisiete kilómetros que van desde la conexión con la PO-531, y con el enlace con la AP-9 hasta Sanxenxo. La Consellería destaca en un comunicado que este tramo presenta a día de hoy una intensidad media de vehículos que supera las 15.000 unidades, y que el cálculo para el año 2030 es de 28.500 vehículos, cuando los criterios técnicos establecen el límite aproximado para convertir una carretera en autovía en 10.000 vehículos día. La autovía contará con dos carriles en cada sentido, aunque en algunos casos serán tres, y con una mediana de tres metros de ancho. La construcción, explotación y financiación correrá a cargo de la sociedad concesionaria AUSAL (Autopista del Salnés, sociedad concesionaria de la Xunta de Galicia S.A.), formada por la UTE Sociedad Anónima de Obras y Servicios (COPASA), Puentes y Calzadas Empresa Constructora S.A. y Caixanova.

El titular de la Xunta ha explicado que el presupuesto destinado a obras públicas está centrado fundamentalmente en garantizar una mejor conservación de las infraestructuras existentes, y por consiguiente, su seguridad vial. Pérez Touriño ha destacado la próxima entrada del Plan de Seguridad Vial, que coordinará todas las acciones encaminadas a conseguir mayores cotas de seguridad vial, ya que, según ha indicado, «no nos podemos permitir la sangría de accidentes» que se registran en las carreteras gallegas.

El presidente autonómico ha señalado la necesidad de apostar por el gran área del sur de Galicia, que incluiría la comarca del Salnés, Pontevedra, y el área metropolitana de Vigo. El jefe del Ejecutivo ha apuntado que ya está en tramitación la licitación de las obras de la variante de Villagarcía, y la conexión de la VRG-4.3 Cambados-Villagarcía, con el acceso al puerto de esta última.

Además, Touriño ha anunciado que se están redactando el estudio informativo y el estudio de impacto ambiental del corredor alternativo a la actual PO-531 Pontevedra-Villagarcía, y ha recordado que para la concreción del sistema básico de transportes del sur de Galicia, en un horizonte razonable como 2010, se construirá la autovía paralela a la AP-9 entre Pontevedra y Vigo. El titular de la Xunta ha convocado a los alcaldes a un pacto por el territorio, ya que según dijo, éste es el valor estratégico más relevante que tienen los gallegos para crear empleo y generar riqueza.

Comunicados del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, convocou a todos os alcaldes a acadar un “gran pacto polo territorio” como mellor forma de xerar riqueza. “Temos que convencernos día a día, todos e cada un dos axentes deste país, sociais, económicos e institucionais, de que o territorio é o valor estratéxico máis relevante que temos para crear emprego e para crear riqueza”, sinalou o titular do Goberno galego, durante o acto de colocación da primeira pedra da Autovía do Salnés.

Na súa intervención, Emilio Pérez Touriño explicou que un territorio ben ordenado e unha paisaxe “coidada e preservada” son a garantía de maior emprego, de mellor nivel de vida e de mellor benestar que ten este país. Por iso, como presidente da Xunta, avogou por facer unha aposta “pola excelencia e a calidade”. Neste sentido, argumentou que o Goberno galego ten “un norte claro, que é o norte dos países desenvolvidos”, e asegurou que “Galicia non ten outro reto que selo plenamente”.

Pérez Touriño lembrou que é preciso cumprir os obxectivos marcados na Axenda de Lisboa e realizar “unha aposta indeclinable polo desenvolvemento sostible”. O titular do Goberno galego animou a todos os alcaldes a traballar dunha forma dialogada e concertada na ordenación do territorio.

O máximo mandatario galego sinalou que Galicia vai contar cun Plan Integral de Protección do Litoral “porque necesita un territorio ben ordenado que nos garanta un crecemento urbanístico mellor e de máis calidade, e máis posibilidades para atraer un gran turismo de alto valor e uns servizos que fagan que as nosas rías medren, que as nosas costas crezan en calidade de vida e benestar”. “Nesta aposta –asegurou- estou seguro de que traballaremos todos na mesma dirección”.

O presidente da Xunta tamén se referiu á necesidade de ter unhas rías saneadas e cun sistema de depuración axeitado. Nesta liña, salientou que non cre que sexa “un problema serio de financiamento”, senón que existen, polo contrario, “grandes oportunidades para unha Galicia que está crecendo, onde estamos marchando nunha senda de confianza e onde é fundamental ese pacto polo territorio ao que lles convoco e que lles pido”.

No transcurso da súa intervención no acto de colocación da primeira pedra da Autovía do Salnés, o xefe do Executivo galego remarcou a “aposta decidida” do Goberno que preside para acadar unha maior seguridade viaria nas estradas galegas. Emilio Pérez Touriño salientou que é necesario tomar conciencia do problema porque, dixo, “non nos podemos permitir a sangría de accidentes” que se rexistran nas estradas galegas.

Neste sentido, lembrou que este ano a Xunta vai pór en marcha o Plan de Seguridade Viaria, que coordinará todas as actuacións encamiñadas a conseguir “maiores cotas de seguridade viaria”. “Este país necesita enfrontar o seu futuro con esperanza de mellorar”, sinalou o presidente, incidindo na necesidade de reducir “drasticamente a mortalidade das nosas estradas”. Así pois, lembrou que o orzamento destinado a obras públicas está centrado fundamentalmente en garantir unha mellor conservación das infraestruturas existentes e, por conseguinte, a súa seguridade viaria.

Referíndose concretamente á Autovía do Salnés, Emilio Pérez Touriño lembrou que esta nova infraestrutura vai permitir a un mesmo tempo mellorar a seguridade viaria e a calidade e capacidade da vía. Facendo fincapé neste último aspecto, o presidente da Xunta avogou por construír infraestruturas en todo o territorio galego que permitan acabar cos problemas de conxestión de tráficos, lembrando que xa están en marcha actuacións que van permitir, nas zonas de costa, artellar un sistema de comunicación viaria en condicións. Así mesmo, incidiu en que isto é preciso complementalo cunha política integral de transporte, unha política nas grandes áreas urbanas e nos grandes espazos comarcais que permitan deseñar unha política de transporte que favoreza a mobilidade e o transporte colectivo.

Na súa intervención, Emilio Pérez Touriño avogou por “apostar pola gran área do sur de Galicia”, que abranguería a comarca do Salnés, pasando por Pontevedra, ata a gran área metropolitana de Vigo. Así, o presidente galego lembrou que xa se está a tramitar a licitación das obras da variante de Vilagarcía e a conexión da VRG-4.3 Cambados-Vilagarcía co acceso ao porto de Vilagarcía. Así mesmo, anunciou que se está redactando o estudo informativo e o estudo de impacto ambiental do corredor alternativo á actual estrada PO 531 Pontevedra-Vilagarcía.

Pérez Touriño sinalou que para completar “o sistema básico de transportes” na grande área do sur de Galicia “nun horizonte razoable, como o horizonte do 2010” construirase a autovía paralela á Autoestrada do Atlántico, que ofrecerá unha alternativa á peaxe entre Vigo e Pontevedra.

Por último, o mandatario galego informou de que, tal e como abordou cos alcaldes do Salnés nunha xuntanza mantida o pasado mes de marzo, vaise pór en marcha o proxecto de saneamento e abastecemento de augas. Emilio Pérez Touriño tamén se amosou confiado en que a ampliación da depuradora de Cambados estea en funcionamento este verán.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, iniciou hoxe as obras de construción da futura Autovía do Salnés, que estarán rematadas en febreiro de 2008 e suporán un investimento global de 54,77 millóns de euros.

As obras consisten no desdobramento da actual vía do Salnés VG-4.1, unha actuación que a Xunta considera necesaria para incrementar a seguridade viaria na zona e que, ademais, ven determinada polo incremento do tráfico que se rexistra na estrada actual.

Neste senso, a Autovía do Salnés responderá a un dobre obxectivo, xa que, por unha banda, trátase de proxectar unha vía máis segura que a actual vía rápida e, por outra, que teña a capacidade suficiente para absorber o tráfico existente na actualidade e o que se xere no futuro.

As obras de desdobramento acometeranse ao longo de 17 quilómetros que van dende a conexión coa PO-531 e co enlace da AP-9 ata Sanxenxo, un treito que a día de hoxe en algúns dos seus puntos está a rexistrar unha IMD (Intensidade Media Diaria de Tráfico) que supera os 15.000 vehículos/día. Ademais, estímase que no momento da súa apertura ao tráfico, circulen pola Autovía uns 18.000 vehículos/día, mentres que as previsións para o ano 2030 apuntan a que se superarán os 28.500 vehículos/día.

Cabe salientar que os criterios técnicos aconsellan que o límite aproximado a partires do cal hai que pensar en converter en autovía unha estrada sitúase nos 10.000 vehículos/día. Precisamente, son estes criterios técnicos os que xustifican o desdobramento da actual vía do Salnés ata Sanxenxo no citado treito, posto que a IMD do treito que vai de Sanxenxo ata A Lanzada está actualmente por debaixo dos 8.000 vehículos/día.

No que atinxe ás características da autovía, esta contará cun tronco de dúas calzadas de 7,5 metros cada unha (catro carrís de 3,75 metros), separadas por unha mediana de 3 metros; aínda que existirán zonas onde as calzadas se amplíen a 11,25 metros con tres carrís de 3,75 metros cada unha. Así mesmo, disporá dunha beirarrúa exterior de 2,5 metros e doutro interior de 1 metro.

A Autovía contará con seis enlaces (con PO-531/AP-9, Mosteiro, Meis, Ribadumia, Meaño e Sanxenxo) que facilitarán o acceso á mesma dende os principais núcleos de poboación da zona. Así mesmo, para salvar a orografía e os distintos obstáculos a atopar, construiranse 3 viadutos (do Rego de Fofán, do Rego de Fondón e de Picón).

Doutra banda, a continuidade das vías que actualmente se interceptan coa vía rápida quedarán aseguradas mediante 16 pasos superiores e 22 pasos inferiores. Tamén disporá de 24 pasos para fauna e de máis de 4.000 m2 de pantallas acústicas antirruído.

Para a construción da autovía escavaranse preto de un millón de metros cúbicos de terra e serán estendidas 130.000 toneladas de aglomerado.

Ademais de beneficiar aos 35.000 habitantes dos concellos polos que atravesa, de Barro, Meis, Ribadumia, Meaño e Sanxenxo, -que poderán disfrutar dunha vía totalmente gratuíta e reducir os seus tempos de viaxe-, esta actuación mellorará de xeito notable a conexión desta zona de gran potencial turístico co resto de Galicia.

A construción, explotación e financiamento da obra será asumida pola sociedade concesionaria AUSAL(Autoestrada do Salnés, Sociedade Concesionaria da Xunta de Galicia S.A.) formada pola UTE Sociedad Anónima de Obras y Servicios (COPASA), Puentes y Calzadas Empresa Constructora S.A., e Caixa Nova).

A partires da súa posta en servizo, a Xunta de Galicia aboará á concesionaria un canon de demanda vinculado ao número de vehículos que circulen pola autovía, de forma que os usuarios non aboarán peaxe pola súa utilización. Ademais, establécense uns indicadores de calidade do servizo e do estado da infraestrutura de xeito que o seu grao de cumprimento repercutirá directamente nas achegas en concepto de canon de demanda que reciba a concesionaria.

R.