Skip to main content

Primera visita institucional del presidente de la Xunta al ayuntamiento de Santiago. Touriño dice que el nuevo Estatuto reconocerá a Compostela como capital de Galicia

La nueva redacción del Estatuto de autonomía reconocerá expresamente que Santiago de Compostela es la capital de Galicia, lo que no figuraba en el texto vigente, según ha comprometido el presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño durante su primera visita oficial al Ayuntamiento de Santiago, donde ha sido recibido por el alcalde, el socialista Xosé Sánchez Bugallo, y ha participado en un acto al que asistieron los concejales de todos los grupos de la corporación.

Pérez Touriño, que ha calificado a Santiago como «símbolo de la identidad de nuestra comunidad», ha señalado que no le gusta anticipar decisiones que competen al Parlamento, pero ha indicado estar convencido «firmemente» de que el Estatuto que salga de la reforma debe «amparar» la capitalidad de Santiago. El presidente considera que es «bueno que nuestra máxima norma refleje en el máximo nivel jurídico» lo que es una realidad desde hace 25 años en que se aprobó el primer texto, «y es sentido así por todos los gallegos».

Preguntado por si cree que este asunto puede reabrir viejas disputas, ya que durante la elaboración del actual Estatuto se registró una fuerte oposición en A Coruña a que la capitalidad fuese Santiago, el jefe del Ejecutivo ha manifestado que confía en la «plena unanimidad» de las tres fuerzas con representación en el Parlamento. Por tanto, dijo, «no hablaría de heridas, sino de todo lo contrario: esto significará abrir una nueva etapa y un nuevo periodo de nuestra historia en la que Santiago figura como elemento de unión y vertebración y símbolo de identidad de la Comunidad».

Comunicado da Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, apostou porque o texto reformado do Estatuto de Autonomía recolla a condición de Santiago como capital autonómica. O xefe do Executivo considerou oportuno que o novo Estatuto galego recolla esta referencia pois así o sente a “maioría social do país” e os tres grupos con representación no Parlamento de Galicia.

Emilio Pérez Touriño fixo estas afirmacións no decurso da visita institucional realizada ao Concello de Santiago, a primeira desde que foi investido presidente da Xunta. Ante a Corporación municipal, o xefe do Executivo galego amosou o seu “orgullo, satisfacción e honra” por estar no Concello da capital de Galicia, á que definiu como símbolo da identidade da nosa terra, e referencia “da universalidade e europeidade” de Galicia.

Ante os edís composteláns, o máximo mandatario de Galicia expresou o seu desexo e a súa convicción de que o texto reformado do Estatuto de Autonomía de Galicia recollerá a condición de Santiago como capital e sede das institucións autonómicas. “Creo interpretar acertadamente que este é o sentir dos tres grupos parlamentarios e da maioría social do país”, sinalou Emilio Pérez Touriño, quen remarcou o papel “vital” que a cidade compostelá xoga na “articulación” política, social e cultural do país, así como a proxección e o prestixio internacional que lle reporta a Galicia .

Na súa intervención, e na comparecencia posterior ante os medios de comunicación, o presidente da Xunta sostivo que a cidade está no “punto máximo de prioridade e compromiso” do Goberno que preside, como o pon de manifesto o conxunto de actuacións en marcha na cidade e o apoio aos proxectos da cidade. Así, Emilio Pérez Touriño anunciou a súa intención de convocar o vindeiro mes de xullo o Consello da Capitalidade, coa vontade de nomear unha comisión que deberá presentar, á maior brevidade, un estudo para asinar un convenio que dea estabilidade ao Consello e resolva o marco financeiro deste organismo. A este respecto, Touriño lembrou que este ano a Xunta destinou 2,5 millóns de euros ao Consello, cifra que se incrementará en 2007, segundo avanzou o presidente.

Nese ámbito, o xefe do Executivo galego tamén avanzou a súa intención de convocar, a ser posible en xullo, o Real Patronato do Consorcio da cidade, se ben a data final dependerá das axendas da súa maxestade o Rei, Juan Carlos I, e do presidente do Goberno central, José Luis Rodríguez Zapatero.

Tamén salientou o presidente os proxectos ambientais en marcha na cidade. Así, destacou que este ano se iniciarán as obras da depuradora de Aríns, que se encargará do saneamento da conca do río homónimo, ao tempo que o Concello e a Consellería de Medio Ambiente están a perfilar o programa de saneamento das zonas rurais do municipio, que se acometerá ao longo dos vindeiros catro anos, segundo puntualizou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo.

O presidente tamén expresou o seu apoio pleno á demanda da cidade para dotarse dun xulgado e dun rexistro do mercantil. Emilio Pérez Touriño asegurou que o seu Goberno está a tomar todas as iniciativas co Ministerio de Xustiza, para acadar este obxectivo e, de feito, lembrou que o vindeiro 14 de xuño o conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, se reunirá co titular de Xustiza, Juan Fernando López Aguilar, para entregarlle o dossier que avala esta petición.

En relación aos proxectos infraestruturais, Emilio Pérez Touriño destacou que actualmente a Xunta de Galicia está a impulsar a mellora das comunicacións da cidade a través da posta en marcha das autovías a Noia e a Pontevea, ao tempo que o Goberno central traballa na autovía de conexión con Lugo. Asemade, salientou o “salto” de calidade dado recentemente na área urbana compostelá coa creación do Consorcio do Transporte, impulsado pola Consellería de Política Territorial, ao que definiu como “un paso moi importante para mellorar a accesibilidade e a mobilidade” na comarca.

A maiores, anunciou que proximamente Concello e Política Territorial asinarán un convenio para impulsar e mellorar o estado viario da cidade, convenio que terá un orzamento de 14 millóns de euros, dos que 10 serán achegados pola administración autonómica.

En canto á alta velocidade ferroviaria, o máximo mandatario de Galicia expresou o total compromiso do seu Goberno coa integración do AVE na cidade e con que esta conte cunha estación intermodal .

Finalmente, o xefe do Executivo galego manifestou o seu apoio á Cidade da Cultura, á que definiu como un “proxecto estratéxico” de grande “transcendencia” para Galicia. Por elo, incidiu en que o Goberno galego poderá presentar en abril do ano que vén un proxecto sobre os contidos precisos de cada edificio do complexo do monte Gaiás, así como do sistema de xestión e explotación máis axeitado.


R.