Skip to main content

Los políticos gallegos debaten una Ley de Transparencia y Buenas Prácticas para controlar su actividad pública

El Parlamento gallego ha admitido a trámite el proyecto de Ley de Transparencia y Buenas Prácticas en la administración, que pretende ejercer un mayor control sobre las actuaciones públicas y que, en opinión del conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez, hará más difícil que se produzcan «episodios» como el de la Diputación de Lugo. Méndez intervino en el pleno del Parlamento para defender este texto legislativo, que ha suscitado reproches entre Gobierno y oposición en torno la reciente detención de nueve personas por supuestas anomalías en contrataciones públicas de la Diputación lucense, gobernada por el PP.

El conselleiro ha explicado que esta norma, que sigue ahora su curso parlamentario, afectará a todos los departamentos de la Xunta, incluidos medio centenar de organismos públicos o fundaciones y, aunque no regula a las administraciones locales, ha expresado la voluntad del Gobierno gallego de someterlas a este mismo control en la próxima reforma de la Ley de Régimen Local.

José Luis Méndez ha admitido que la norma puede ser mejorable durante su debate parlamentario, aunque opina que «marca un hito» en la evolución del control de los organismos democráticos en España.

Comunicado de Prensa de la Consellería de Presidencia de la Xunta de Galicia:

A Xunta pretende que na próxima reforma da Lei de réxime local de Galicia se inclúan e adapten, coas súas especificidades, os preceptos recollidos na Lei de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega para a súa aplicación nas administracións locais. Así o adiantou o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu no Parlamento, onde afirmou así mesmo que o Goberno agarda poder presentar a devandita reforma no segundo período de sesións deste ano.

O conselleirou afirmou que a Lei de transparencia vai “máis alá das leis de carácter sectorial, que poden atender a intereses específicos e desenvolver o abano competencial de Galicia”, xa que se trata dun anteproxecto de lei que pretende “entrar no núcleo duro da vida política” e “regulamentar o comportamento ético dos gobernantes”.

“É unha lei, por tanto, de autolimitación voluntaria da capacidade de obrar do Executivo, que se inxire na tradición de reducir o espacio da arbitrariedade e polo tanto de someter progresivamente máis parcelas da vida pública ao control público, á censura, ao escrutinio, e en definitiva, a regulamento”, dixo.

“Con esta lexislación non será posible que ocorran episodios como os que temos visto en Lugo ou Marbella”, afirmou o titular de Presidencia, quen asegurou que a Lei de transparencia “vai estender a capacidade da cidadanía para coñecer onde vai a parar ata o último euro, para coñecer que empresas son favorecidas, que entidades ou particulares, e, sobre todo, por que criterios”.

O titular de Presidencia destacou que a Lei de transparencia aumentará a información á que poidan acceder os cidadáns que, segundo dixo, poderán así participar no proceso de elaboración e desenvolvemento das normativas da administración galega e coñecer en detalle a programación de actuacións do Goberno. “Van ter a información precisa sobre todas as actuacións que en materia de contratación, convenios, subvencións ou concesións faga a Xunta”, subliñou, o que redundará na transparencia dos mercados, na eficiencia de custos da propia administración pública e no desenvolvemento da competitividade do noso país, segundo asegurou.

O conselleiro expuxo que, a medio de esta lei, promulgaranse uns principios éticos aos que deberán someter a súa conducta os representantes que dirixan a administración. Sobre o papel que xogarán os órganos reguladores, sinalou que se plantexa por primeira vez no ordenamento xurídico galego que comparezan diante do Parlamento os candidatos a dirixir esas institucións para someterse ao escrutinio da cámara previo o seu nomeamento.

Méndez Romeu informou de que a Lei de transparencia afectará á totalidade da Xunta, non só as distintas consellerías, senón tamén ao medio centenar de organismos autónomos coma poden ser fundacións, institutos, sociedades públicas, etc. e calquera outra que teña personalidade xurídica e dependa dos orzamentos da Xunta. Destacou tamén que o Goberno está a deseñar unha política de transparencia “absoluta” nas retribucións de todo tipo que perciben os directivos da administración, políticos ou designados, e invitou a comparar a situación anterior coa actual, na que se poden consultar na páxina web institucional da Xunta as retribucións de todos os cargos nomeados libremente na Consellería de Presidencia: “poderase comparar o que é unha información axeitada para os cidadáns co que era unha información para especialistas, e non sempre asequible”, declarou.

Así mesmo, lembrou que con este proxecto reforzarase a igualación cos cidadáns mediante a renuncia dos tratamentos honoríficos e, polo tanto, de certas prerrogativas “máis propias dun réxime nobiliario e estamental que dunha sociedade democrática”.

R.