Skip to main content

El Gobierno gallego ofrecerá una ubicación alternativa a Cabo Touriñán para Pescanova

El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, ha anunciado que en breve habrá un acuerdo para ubicar una piscifactoría de Pescanova en una zona alternativa a cabo Touriñán, y ha insistido en que su Gobierno apuesta por que haya instalaciones de acuicultura en espacios «viables y razonables». El presidente gallego ha realizado esta afirmación en el pleno del Parlamento, en respuesta a una pregunta del líder del PPdeG, Alberto Núñéz Feijóo, quien ha acusado al presidente de, o bien de carecer de modelo económico, o de adoptar el de «subdesarrollo insostenible», en relación a la oposición de la Xunta a que se emplace una gran piscifactoría en esta zona, incluida en la Red Natura.

El titular de la Xunta ha indicado a los populares que han llegado a ser «un peligro para este país» en la «fase final» de su gestión, porque «querían liquidar los ríos y las costas», señaló en referencia a que varios de los proyectos aprobados por el PP en vísperas de dejar el Gobierno eran de parques de tecnología alimentaria o centrales hidroeléctricas. El presidente, ha achacado a los populares que les «sobra prepotencia y maltrato al país», y ha afirmado que los fondos europeos de la pesca que estarán vigentes hasta 2013 vinculan la concesión de ayudas al respeto al medio ambiente. Además, ha informado de que desde el mes de enero se mantienen contactos con la empresa y, «bien pronto, este Gobierno facilitará, y llegaremos a un acuerdo, para que haya acuicultura» en espacios «viables y razonables».

Para concluir su intervención, el presidente de la Xunta desplegó en el hemiciclo dos grandes fotografías del cabo Touriñán salvaje y sin construcciones, y del de Vilano, donde hay una instalación de acuicultura, y ha citado el primero de ellos como la zona que «queremos preservar» y el segundo, como una herencia del PP.

Nota do Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunciou no Parlamento que “ben pronto” se chegará a acordos coas empresas de acuicultura para que poidan implantar as súas plantas “en espazos viables e razoables” e fóra de espazos protexidos como Cabo Touriñán. O máximo mandatario galego censurou que o anterior Executivo do PP aprobara o Plan de Parques de Tecnoloxía Alimentaria no derradeiro consello que celebrou, “con nocturnidade e aleivosía” e permitindo que 9 das 21 plantas previstas se instalasen en territorios protexidos incluídos na Rede Natura 2000 e nos lugares de interese comunitario, incumprindo a normativa europea.

Así o aseverou o presidente en resposta a una pregunta parlamentaria realizada polo portavoz do PP, Alberto Núñez Feijóo, a quen lle dixo que o éxito da acuicultura galega “é o resultado dun país e da capacidade dun sector e da actividade do propio país”. O presidente remarcou a aposta firme do seu Goberno pola acuicultura, como o demostran as partidas dedicadas a este sector, que acadarán este ano os 61,4 millóns de euros, un 123% máis do destinado en 2005 (27,2 millóns) ou en 2004 (17,2 millóns).

“Neste momento este Goberno lle dedica á acuicultura unha dotación de 60 millóns de euros, un 123% máis de esforzo”, remarcou o máximo mandatario galego, quen explicou que non só se están a facer transferencias e apoio directo ao sector, senón a potenciar ademais o “eixe fundamental” da investigación. A este respecto, informou de que a Consellería de Pesca está a impulsar a investigación no eido do mexillón en dúas liñas: a destoxificación do mexillón “dun xeito máis rápido” e a predición dos episodios tóxicos que permita unha mellor planificación do cultivo. E lembrou que se ven de aprobar unha orde, dotada con 800.000 euros, para que os mexilloeiros e mariscadores afectados pola paralización temporal de actividade debido á toxina poidan beneficiarse de axudas europeas.

O presidente censurou a “herdanza recibida” co Plan de Parques de Tecnoloxía Alimentaria, un plan aprobado “in extremis” polo anterior Executivo, ao que lle recriminou que agardase ao último consello de goberno para darlle o visto bo logo de 16 anos de maioría absoluta e sen contar con informes imprescindibles para levar a cabo as actuacións, como o da Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente.

“É máis, señor Feijóo. Vostede sabe ben, porque de vostede dependía a Consellería correspondente, advertiron deficiencias na proposta do plan e tiveron que corrixir a toda velocidade. E tiveron que convalidar o plan no derradeiro Consello da Xunta, o 22 de xullo. Foi un plan aprobado con nocturnidade e aleivosía. Un plan lesivo para os intereses xerais da comunidade. Vostedes, celeridade cero, eficacia cero. ¿Saben o que lles sobra? Prepotencia e maltrato ao país”, recriminou.

A ese respecto, lembroulle que o plan do PP identificada 21 instalacións posibles, nove das cales se asentaban en terreos protexidos, tanto na Rede Natura 2000 ou en lugares de interese comunitario, o que supón un incumprimento das directivas comunitarias ou do propio Fondo Europeo de Pesca 2007-2013, que vinculará a concesión de axudas ao uso respectuoso do medio.

En canto ao proxecto de Pescanova para establecer unha planta acuícola en Touriñán, o xefe do Executivo manifestou que dende xaneiro houbo “reunións de traballo eficaces e válidas” coa empresa. Así, anunciou que “ben pronto chegaremos a un acordo para que haxa acuicultura, haxa implantacións, en espazos viables e razoables”, de xeito que se eviten actuacións como a realizada en Cabo Vilán.

O presidente concluíu a súa intervención lembrando que, fronte ás prácticas do anterior goberno, o Executivo que dirixe está “comprometido co territorio, co país, coa creación de emprego”, polo que aposta por un modelo de crecemento que está garantindo que a comunidade galega “está crecendo agora máis do que creceu anteriormente, e creando máis emprego do que crearon vostedes en 16 anos.

“Esta é a diferenza, un modelo que o que trae ao país é estrago, emigración, chapapote e desastre medioambiental. E nós, polo contrario, estamos na aposta por un desenvolvemento sostible e eficaz das nosas costas”, rematou.


Comportamiento de Pescanova en la Bolsa

Las acciones de Pescanova lideraban los incrementos de la bolsa española, al anotarse un crecimiento del 6,15%, y «rebotar» tras las recientes caídas sufridas ayudadas por las ultimas informaciones sobre la fiebre aviar difundidas, según explicaron los analistas. Los títulos de la compañía especializada en pesca y comercialización de pescados, mariscos y productos ultracongelados, avanzaban hasta los 23,47 euros desde los 26 euros en los que cerraron.

Pescanova había caído en Bolsa un 17,15% desde el pasado 5 de mayo, al firmar en negativo once de las últimas doce sesiones y bajar en las ocho jornadas bursátiles previas. Hace dos semanas sus acciones cotizaban a 26,69 euros y llegaron a caer hasta los 22,11 euros.

Además, en el «rebote» que experimentan sus títulos ha colaborado el hecho de que la Organización Mundial de la Salud (OMS) pidiese a sus 192 países miembros que no bajen la guardia en la vigilancia de nuevos contagios de la gripe aviar tanto en aves como en humanos, porque está convencida de que seguirán apareciendo nuevos casos. El pasado febrero informaciones sobre la investigación de dos posibles casos de fiebre aviar en España y la aparición de varios casos en Europa provocaron que Pescanova experimentase pronunciados incrementos en bolsa. Los expertos han recordado que las acciones de Pescanova suelen verse afectadas en su cotización por este tipo de noticias, así como el repunte que experimentó ante las crisis ocasionadas por el mal de las vacas locas y tras el hundimiento del «Prestige» frente a las costas gallegas, ya que los inversores valoraron entonces el futuro de sus reservas de pescado en el norte de España y que sus caladeros se encontrasen fuera de la zona afectada por la nueva marea negra.
R.