Skip to main content

Presentado el I Festival de Música de Compostela y sus Caminos: Via Stellae

Galicia acoge en el mes de julio de 2006 el I Festival de Música de Compostela y sus Caminos, Via Stellae, que reúne en 43 conciertos que se celebran en 20 localidades gallega a varios artistas internacionales procedentes de diversos países de Europa. Entre los principales objetivos de este encuentro cultural está convertirse en el gran festival de música clásica para Santiago y las ciudades y localidades por las que transcurre la ruta, así como en punto de atracción turística durante la época estival.

El festival dirigido por José Víctor Carou, socio fundador y presidente de la Asociación Galega de Lírica Teresa Berganza, fue presentado por el conselleiro de Innovación de la Xunta de Galicia.

Nota de prensa de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta:

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco Álvarez; o concelleiro delegado de Cultura e Auditorio de Galicia, Néstor Rego Candamil; o director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Rodríguez Eguíbar, e o director do proxecto, José Víctor Carou presentaron en Santiago ‘Via Stellae’, o I Festival de Música de Compostela e os seus Camiños. O Festival Via Stellae ten por obxectivo difundir a música clásica e fomentar a creación de novos públicos por toda Galiza, así como enriquecer e completar a programación musical da nosa comunidade.

En total, do 5 ao 25 de xullo, celebraranse en Galiza 43 concertos, 16 deles en Compostela e o resto en localidades situadas preto dalgún dos oito Camiños de Santiago, e elixíronse para eles tanto espazos nos que habitualmente se celebran espectáculos como edificios singulares, igrexas e recintos arquitectónicos. Este é un xeito máis de difundir o patrimonio que flanquea a Ruta Xacobea e de converter os Camiños en circuítos musicais e culturais. O formato dos concertos adaptarase, xa que logo, aos auditorios nos que se alberguen.

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco, sinalou na súa intervención que os intérpretes que participan neste evento son propostas e artistas que calquera pode atopar nas programacións dos máis prestixiosos teatros, auditorios e festivais do mundo e que gravan para as máis destacadas casas discográficas. O conselleiro tamén fixo fincapé na necesidade de que a difusión e popularización da música clásica vaia acompañada de medidas que democraticen o acceso ao público da mesma. Por iso, destacou que os prezos das entradas e abonos deste evento serán populares e que incluso haberá unha gran porcentaxe de concertos con entrada libre. As entradas dos concertos de pago poñeranse á venda a partir do 12 de xuño e poderán adquirirse na oficina de atención ao peregrino do Xacobeo situada na rúa do Vilar; do mesmo xeito, pódense adquirir as entradas por venda telefónica e por internet a través de Caixa Galicia.

O festival está dirixido por José Víctor Carou, socio fundador e presidente da Asociación Galega de Lírica Teresa Berganza. Carou ten experiencia na organización de máis de trescentos cincuenta concertos; é director artístico do Festival de Música da Cidade de Lugo e dirixiu catro convocatorias do Outono Lírico en Ferrol, Lugo e Pontevedra.

Nesta primeira edición, o festival estará centrado principalmente na Música barroca e, en menor medida, na Música antiga; por estar ambos os dous períodos vinculados á historia da capital de Galiza e da vía que conduce a ela. Por ser o 250 aniversario do nacemento de Mozart, farase, así mesmo, un achegamento ao período clásico. Do mesmo xeito, conmemórase o segundo centenario do pasamento do compositor Vicente Martín y Soler.

A programación do festival é variada nas épocas que abarca pero tamén nos estilos que ofrece. A música sinfónica, o concerto, a música de cámara, o oratorio, a lírica e a ópera son algúns dos estilos que estarán representados neste evento cultural que ten intención de se converter nun atractivo turístico de calidade para o país.

Ademais de contar coa presenza de músicos e intérpretes procedentes da meirande parte dos países de Europa, Vía Stellae conta incluso con programas preparados especialmente para o festival, como o da Orquestra Barroca de Venecia.

R.