Skip to main content

Vigo acoge el Seminario Avanzado de Asociacionismo de Mujeres en el sector de la pesca y la acuicultura

El Seminario Avanzado de Asociacionismo de Mujeres en el sector de la pesca y la acuicultura incluído en el programa NAUTA se celebra en Vigo entre el 5 y el 15 de junio con la presencia de representantes de Administraciones, instituciones y organizaciones pesqueras de Santo Tomás y Príncipe, Guinea Ecuatorial, Cabo Verde, Guinea Bissau, Angola y Mozambique.

Este seminario fue inaugurado por la directora xeral de Cooperación Exterior de la Xunta de Galicia, Fabiola Sotelo, el director general de Cooperación con África, Asia y Europa Oriental de la Agencia Española de Cooperación Internacional, Ricardo Martínez, y el director del Centro Tecnológico del Mar, Manuel Varela.

El papel de la mujer y el necesario enfoque de género en la lucha contra la pobreza fueron destacados en su intervención por Fabiola Sotelo que también aseguró que los proyectos dirigidos y gestionados por mujeres son, con gran diferencia, los que aglutinan mayores garantías de éxito. En esa línea, la directora xeral de Cooperación de la Xunta de Galicia animó a los asistentes a implementar en sus países de origen políticas que mejoren el papel de la mujer en el sector de la pesca fomentando el asociacionismo que Galicia ya explota en materia pesquera.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, destacou en Vigo o “papel da muller” e o “necesario enfoque de xénero na loita contra a pobreza”. Sotelo asegurou que “os proxectos dirixidos e xestionados por mulleres son, con moita diferenza, os que máis garantía teñen de éxito na loita contra a pobreza” e salientou que “a pesca non é unha excepción”.

Fabiola Sotelo fixo estas declaracións na inauguración do Seminario Avanzado de Asociacionismo de Mulleres no sector da pesca e da acuicultura promovido pola Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI), pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia e organizado polo Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) e que se desenvolve na cidade olívica ata o 15 de xuño coa participación de 18 representantes de Administracións, institucións e organizacións pesqueiras de Santo Tomé e Príncipe, Guinea Ecuatorial, Cabo Verde, Guinea Bissau, Angola e Mozambique. Neste acto tamén participaron o director xeral de Cooperación con África, Asia e Europa Oriental da AECI, Ricardo Martínez Vázquez, e o director do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), Manuel Varela.

Na súa intervención, Fabiola Sotelo animou aos asistentes a este curso a implementar nos seus países de orixe “políticas que melloren o papel da muller no sector da pesca”. “En Galicia, dixo, o enfoque de xénero neste sector se ten abordado fomentando o asociacionismo e a agrupación de mulleres. É unha experiencia exitosa que cremos que pode ser aplicable nos vosos países”.

Sotelo subliñou que “a cooperación galega en materia pesqueira está recoñecida a nivel mundial pola súa calidade formativa e pola implicación do sector” e puxo de manifesto a valía dos técnicos formados en cooperación pesqueira que participan neste seminario no que tamén participan universidades, empresas, confrarías, institutos de investigación e asociacións.

Así mesmo, renovou o compromiso da Xunta de Galicia na loita contra a pobreza, explicando que en 2006 a Dirección Xeral de Cooperación Exterior destinara o 11,44% do seu orzamento de cooperación internacional a proxectos do ámbito da pesca en 12 países de América Latina e África. En total, unha partida de 766.000 euros, que en 2007 se incrementará un 21% e incorporará novos países de actuación. Neste sentido, informou aos asistentes que “a maioría dos novos países de actuación están en África Subsahariana, varios deles nos vosos”.

Este seminario avanzado foi deseñado para fomentar o asociacionismo das mulleres nos sectores da pesca e da acuicultura en África. O programa está organizado dende un enfoque multidisciplinar, de xeito que se achegue unha visión completa sobre os principais factores a ter en conta no desenvolvemento do asociacionismo nestes dous sectores produtivos. Así mesmo, téñense en conta o punto de partida de cada un destes países africanos en canto ao papel desenvolvido pola muller. O cadro de formadores está integrado por especialistas procedentes da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, do mundo universitario e empresarial.

Como actividade complementaria á formación teórica se realizan visitas guiadas, obradoiros prácticos e mesas redondas de debate e consulta. Así, terán ocasión de visitar a Axencia de Desenvolvemento Local de Galicia, o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) e diversas instalacións de cultivo de ostra, unha lonxa, unha confraría de pescadores e asociacións de redeiras.

O seminario permite aos participantes establecer relacións institucionais e persoais que poden contribuír no futuro a mellorar a cooperación na rexión para favorecer a aplicación de estratexias de desenvolvemento social vinculadas á pesca e a acuicultura.

Esta actividade enmárcase no programa NAUTA, posto en marcha pola AECI para a cooperación ao desenvolvemento sostible no sector pesqueiro en África. Nel participan tamén os Ministerios de Traballo e Asuntos Sociais, de Agricultura Pesca e Alimentación, de Educación e Ciencia, de Economía e Facenda, ademais das Comunidades Autónomas de Galicia, Andalucía e Canarias.

Participan neste seminario un total de 18 persoas, entre membros de organizacións de mulleres, universidades e administracións de pesca destes seis países africanos. A maioría dos asistentes, o 61%, son mulleres.

R.