Skip to main content

Los fondos de la Unión Europea supondrán una financiación para Galicia de 3.400 millones de euros entre 2007 y 2013

El ministro económico y el presidente gallego abordaron durante su reunión en Santiago de Compostela la cantidad de dinero que recibirá Galicia de los fondos comunitarios para el periodo 2007-2013 y que, según Pérez Touriño, superará los 3.400 millones de euros, el 80% de lo logrado en el periodo anterior, que se destinarán a la formación, la innovación, el desarrollo tecnológico o la creación de empleo. En opinión de Solbes, Galicia sale «bien y mal parada» en esta situación, lo primero porque sigue siendo región Objetivo 1 y la «caída» de los fondos «es pequeña», y lo segundo porque le gustaría que la comunidad no necesitara estos recursos por su nivel de riqueza. Para Pérez Touriño, la meta del Gobierno gallego es que la autonomía se sitúe en los próximos años entre las regiones más avanzadas de España y Europa para «aportar más y recibir menos».

El ministro de Economía, Pedro Solbes, ha asegurado que la situación financiera de Galicia es en estos momentos «excelente» y reiteró que el próximo año recibirá un 8% de la inversión del Estado para infraestructuras, que variará en función del plazo de ejecución las obras públicas. El vicepresidente segundo del Gobierno y titular de Economía compareció en rueda de prensa conjunta en el compostelano Pazo de Raxoi con el presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, tras mantener un encuentro en el que abordaron las perspectivas económicas de la comunidad. Pérez Touriño coincidió con el optimismo de Solbes acerca del escenario de confianza y estabilidad que vive Galicia en cuanto al crecimiento futuro y la mejora de los ingresos de la población.

El ministro recordó el compromiso adquirido por el jefe del Ejecutivo, José Luis Rodríguez Zapatero, acerca de que en 2007 el porcentaje de la inversión total del Estado para infraestructuras que se destinará a Galicia estará en torno al 8%, y agregó que, como la inversión ha de territorializarse, habrá que ver «cómo encaja en la coherencia global del sistema».

Según el titular de Economía, para determinar el porcentaje que se destinará a Galicia hay que analizar el nivel del PIB per capita, la población de la comunidad y sus necesidades, por lo que agregó que no sabe si la cifra «será esta o parecida». «Posiblemente la realidad varíe en función de las obras públicas porque las grandes obras públicas traen consigo variaciones en cuanto a gastos, de acuerdo con el periodo en el que se llevan a cabo», explicó.

Además, Solbes confió en que se cumplan los plazos de las actuaciones ferroviarias de alta velocidad en Galicia, mientras que Pérez Touriño opinó que lo importante es la financiación y después que funcionen los plazos.

El ministro aludió al aumento del techo de gasto no financiero de los Presupuestos Generales para 2007 hasta los 142.925 millones de euros, el 6,7% más que el fijado para este ejercicio, con el objetivo de hacer frente a «ambiciosas propuestas de gasto en infraestructuras», entre las que se incluye Galicia, comunidad con la que el Estado está en «sintonía total» para lograrlo, apuntó. También subrayó que la situación económica actual es «enormemente positiva», pese a que algunos intentan «presentar el tema con grandes nubarrones», al conseguir un crecimiento del 3,5%, un porcentaje superior a la media europea.

Nota de prensa del Gabinete de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, anunciou que a contía que recibirá a comunidade galega con cargo aos fondos estruturais europeos destinados á converxencia “superará os 3.400 millóns de euros”. O xefe do Executivo galego fixo este anuncio tras manter unha reunión dunha hora no Pazo de Raxoi co ministro de Economía e Facenda e vicepresidente segundo do Goberno, Pedro Solbes. No transcurso da xuntanza ambos mandatarios intercambiaron impresións sobre as perspectivas económicas de Galicia no contexto europeo e tamén analizaron a situación económica actual da comunidade.

Tras agradecer o “interese persoal e a dispoñibilidade do equipo económico” do ministro para abordar todos os temas que atinxen á nosa comunidade, o presidente galego salientou que “imos ter unha marxe financeira e unha contribución europea moi importante”. Destacou que, tal e como anunciara con anterioridade, os fondos estruturais destinados á converxencia que recibirá Galicia non suporán menos do 80% do período anterior, “a pesar da ampliación” da Unión Europea. De feito, superarán os 3.400 millóns de euros.

Pérez Touriño manifestou o seu agrado por esta noticia e subliñou que os obxectivos que persegue o seu Executivo para traballar pola converxencia son “absolutamente concordantes” cos propostos polo Goberno central: formación, avance tecnolóxico e creación de emprego. “Estamos traballando na dirección correcta”, salientou.

Así pois, indicou que o Goberno galego traballará para cumprir os obxectivos que se ten proposto, e neste sentido vai desenvolver o marco estratéxico de Galicia, que será presentado no mes de xullo, para finalmente poder aprobalo no segundo semestre deste ano.

Pola súa banda, Pedro Solbes amosou a súa satisfacción por ter esta oportunidade para intercambiar opinións co presidente da Xunta, ao que coñece dende hai moitos anos, polo que “falar con Emilio Pérez Touriño sempre é un pracer”, destacou.

O ministro de Economía explicou que no transcurso do encontro falaron sobre a situación económica actual de España, que cualificou como “enormemente positiva”, posto que está rexistrando un crecemento de “arredor do 3,5%, por enriba da media europea”. Tras recoñecer que a preocupación que para o Goberno central supón a inflación e a busca de maior produtividade das empresas españolas, salientou a importancia que para o futuro inmediato teñen os Orzamentos Xerais do Estado, para os que o Executivo central xa aprobou “o teito orzamentario”. Solbes anunciou que aumentarán nun 6,7% o gasto para 2007, coa intención de “facer fronte ás nosas ambicións”.

“Debe permitirnos facer fronte a ambiciosas propostas de gasto en infraestruturas, incluído Galicia, onde hai xa compromisos moi claros por parte do presidente do Goberno”, explicou Solbes, quen recordou que José Luis Rodríguez Zapatero dixo “de forma moi clara que está garantido no próximo presuposto” un 8% dos orzamentos do Estado no apartado de infraestruturas para a comunidade galega.

Sobre as perspectivas financeiras no contexto da Unión Europea, Pedro Solbes opinou que Galicia “sal ben e mal parada”. Ben, porque segue a ser considerada rexión obxectivo número 1, e como tal segue a recibir fondos estruturais europeos. “Mal porque quixéramos que non fose así, por ter aumentado o nivel de riqueza”, repuxo. Non obstante, manifestou a súa esperanza en que “no próximo round” Galicia se teña aproximado á media de riqueza.

Non obstante, destacou que “a situación financeira de Galicia neste momento é excelente”, o que permite “albergar as mellores esperanzas respecto ao crecemento futuro, a mellora dos ingresos da poboación a medio prazo e tamén manter unhas contas saneadas na comunidade galega, o que sen dúbida é tamén unha boa garantía para poder seguir traballando na boa dirección no futuro”.

O presidente galego, tras ser preguntado polos xornalistas, aproveitou a súa comparecencia para felicitar a Cataluña “porque dispón dun novo Estatuto, un instrumento novo que abre unha nova etapa no autogoberno e no encaixe de Cataluña en España”.

Emilio Pérez Touriño reiterou a súa opinión de que o Estatut “é bo para España, para Cataluña e para Galicia”. “Non me cabe máis que felicitar á cidadanía e aos seus dirixentes por un apoio tan contundente ao si”, destacou. “É evidente que a participación desexable sempre ten que ser maior, pero o importante é que Cataluña conta cun novo Estatuto e se abre unha nova etapa na que o importante é que o Estatuto se faga de todos, se desenvolva co concurso de todos“, aclarou.

Respecto ao aniversario das eleccións autonómicas galegas, Pérez Touriño salientou que “Galicia, sen dúbida, abriu este ano un período de estabilidade, de confianza e de ilusión”. “As miñas palabras teñen que ser de agradecemento a toda a sociedade galega, aos galegos e ás galegas”, incidiu.

O presidente da Xunta argumentou que “nos apoiaron, estiveron preto, e deron confianza a este Goberno”. “Síntome apoiado pola inmensa maioría deste pobo”, dixo, para despois engadir que “esa forza da democracia, esa forza cívica é o que nos permitiu chegar ata aquí” e consegue aportar “moita forza para que a autonomía medre e para que poidamos ir, día a día, cumprindo os compromisos electorais”. “Polo tanto, é un día para o recoñecemento da sociedade madura, que ama o traballo e ama a liberdade e que veu traballando en liberdade e con forza para mellorar e para avanzar co apoio leal e sincero do Goberno de España, que agradezo”, dixo. “Estou seguro de que vamos seguir nesta mesma liña os anos que quedan por diante”, concluíu.


R.