Skip to main content

Tarsy Carballas, nombrada presidenta del Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

La Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia nombra a María Tarsy Carballas Fernández nueva presidenta del Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia. Esta investigadora, natural de la localidad luguesa de Taboada, es doctora en Farmacia, licenciada en Ciencias por la Universidad de Santiago de Compostela, autora de 150 publicaciones y dirigió 7 tesis doctorales.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Innovación e Industria vén de facer público o nomeamento da nova presidenta do Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia. O cargo recaeu na investigadora María Tarsy Carballas Fernández, natural da localidade luguesa de Taboada. A profesora é doutora en Farmacia e licenciada en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela e, na actualidade, traballa como profesora de investigación do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), organismo ao que accedeu no ano 1965. No seu currículo destaca o seu cargo como académica numeraria da Academia de Farmacia de Galicia e doutora “Ad Honorem” vinculada ao CSIC. A investigadora dirixiu tamén o Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia do CSIC.

Como investigadora principal, María Tarsy Carballas participou en 18 proxectos de investigación financiados por distintos organismos e dirixiu sete tesis doutorais e once memorias de licenciatura. É autora tamén de 150 publicacións: 12 libros científicos, 6 traducións de libros científicos, 10 capítulos de libros, 67 artículos publicados en revistas internacionais incluídas no Science Citation Index, 52 artigos publicados en revistas españolas e extranxeiras e tres artigos de divulgación. Ademáis, posúe máis de 50 documentos científico-técnicos non publicados e 87 comunicacións en Congresos. Ademáis, imparte cursos de postgrao nas tres universidades galegas, así como numerosos cursos de verán e de especialización de diversas institucións nacionais.

María Tarsy Carballas desenvolve o seu traballo investigador no campo da Edafoloxía (Ciencia do Solo) e, neste eido, é pioneira no estudo da xénese, clasificación e cartografía dos solos da zona temperado-húmida do Estado español, na caracterización e dinámica da materia orgánica dos solos, bioquímica do solo, reciclaxe de materiais orgánicos residuais como fertilizantes orgánicos, efectos dos incendios forestais sobre as propiedades do solo, efectos dos retardantes de lapa sobre o sistema solo-pranta e recuperación de solos afectados por incendios.

Na actualidade, traballa na predición do risco de incendios mediante ferramentas informáticas, dinámica do nitróxeno e do carbono en sistemas agroforestais, calidade do solo e sostenibilidade dos ecosistemas mediante técnicas de conservación e recuperación de solos degradados e secuestro de carbono no solo para disminuír a emisión de CO2 á atmósfera e mitigar o cambio climático global. A investigadora introduciu en España novas técnicas de estudo das substancias húmidas, de bioquímica do solo e de restauración de solos queimados. Nesta liña, creou o Grupo de Excelencia de Bioquímica do Solo en 1980 e dirixiuno até o ano 2004.

O Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia é un órgano creado ao amparo da Lei 12/1993 do 6 de agosto que tén como funcións principais as de propor obxectivos para a súa incorporación ao Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, propor á Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Cicetga) a incorporación ao plan daqueles programas que considere importantes e a de emitir un informe sobre o anteproxecto de plan.

Este órgano asesor está composto por 19 membros: a presidenta recén nomeada, María Tarsy Carballas, un secretario, cargo que recaerá nun subdirector xeral da Dirección Xeral de I+D+i e os vogais, que se distribúen do seguinte xeito: os tres reitores das universidades galegas –ou persoa en quen deleguen–; tres representantes da Administración autonómica –o Director Xeral de I+D+i, o Secretario Xeral da Consellería de Innovación e Industria e o Director Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia– e seis representantes das organizacións empresariais e sindicais –tres propostos polas organizacións sindicais que teñan a consideración de máis representativas dentro do ámbito territorial da comunidade autónoma (Fernando Sabio Maroño, Juan Carlos Fernández Fernández e Félix María Sarmiento Escalona) e os outros tres representantes das organizacións empresariais de maior implantación en Galicia (Eduardo Giménez Domínguez, Miguel Castrillón Fagil e José Ramón Pais Curto) –. Completan o cadro de vogais catro representantes de recoñecido prestixio no ámbito da I+D+i propostos pola Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia, dos que dous procederán do ámbito empresarial e dous do académico (Javier Riera Nieves, José Luis Fernández Carnero, Laura Tato Fontaíña e José Luis Labandeira García).

R.