Skip to main content

Acordada la ubicación en Porto do Son de la planta acuícola de la empresa noruega Stol Sea Farm

Touriño ha anunciado un acuerdo con la empresa noruega Stolt Sea Farm para que instale en Porto do Son la planta acuícola que inicialmente tenía previsto instalar en las inmediaciones del enclave natural de Corrubedo. Pérez Touriño ha realizado este anuncio después de mantener una reunión con el director gerente de la empresa, Pablo García, en la que también participó la conselleira de Pesca, Carmen Gallego.

La empresa, que en un principio tenía previsto instalar la piscifactoría en Corrubedo, le ha transmitido al titular de la Xunta su decisión final de construir la planta en ese lugar, atendiendo a la propuesta realizada por la Consellería de Pesca. A pesar de que las instalaciones promovidas por Stolt Sea Farm en Corrubedo no se encuentran dentro de la Red Natura, Pérez Touriño había mostrado el compromiso del Gobierno gallego de proteger el espacio, ya que lo considera como una zona de alto valor paisajístico. De este modo, y tras varias negociaciones, en las que también participaron las consellerías de Medio Ambiente y Política Territorial, la firma acordó aceptar la propuesta, tal y como ha confirmado hoy el gerente de la empresa al presidente gallego.

Una vez alcanzado este acuerdo, la Xunta desarrollará una figura de protección para Corrubedo, de manera que esta zona quede excluida do plan sectorial aprobado por el anterior Gobierno del PP. La revisión del Plan de Parques de Tecnología Alimentaria en la costa gallega tiene como objetivo «conjugar los espacios dedicados a la acuicultura con el respeto al medio ambiente, además de dotar al plan de una mayor seguridad jurídica».

Por este motivo, la Xunta está analizando cada uno de los proyectos de forma individualizada para impedir las agresiones a los espacios naturales protegidos o de interés. Así, en los pasados meses impidió la construcción de una planta de similares características en el cabo Touriñán (Muxía).

El presidente de la Xunta le manifestó al director gerente de la empresa noruega el apoyo del Gobierno gallego al «potente plan de expansión que a empresa ten previsto realizar en Galicia, con el que invertirá cien millones de euros en los próximos cinco años».

Stolt Sea Farm prevé realizar una nueva instalación de acuicultura en Arou (Camariñas), la ampliación de las instalaciones ya existentes en Quilmes (Carnota) y una nueva planta multifunción en Costa Galloufa (Porto do Son), en la que desarrollará de forma industrial, por vez primera en Galicia, el cultivo del lenguado.
Con estas inversiones la empresa pretende duplicar su capacidad productiva actual y crear nuevos puestos de trabajo.

Nota de prensa remitira por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, e a conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, acordaron nunha xuntanza co director xerente da empresa Stolt Sea Farm, Pablo García, que a planta acuícola proxectada pola firma en Corrubedo, incluída no Plan de Parques de Tecnoloxía Alimentaria, se emprace finalmente no concello de Porto do Son.

A empresa, que nun principio tiña previsto instalar a piscifactoría en Corrubedo, transmitiulle ao máximo mandatario do Executivo galego a súa decisión final de construír a planta neste novo emprazamento, atendendo á proposta realizada pola Consellería de Pesca. De feito, o departamento dirixido por Carmen Gallego mantivo diversas xuntanzas coa compañía nos últimos días dentro do marco de revisión e modificación do Plan Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria, que están levando a cabo as consellerías de Pesca, Política Territorial e Medio Ambiente.

A pesares de que as instalacións promovidas por Stolt Sea Farm en Corrubedo non se atopan nun espazo incluído dentro Rede Natura, o Goberno galego considera que se trata dunha zona de alto valor paisaxístico, motivo polo cal propuxo á compañía un emprazamento alternativo no municipio de Porto do Son. Deste xeito, e tras varias negociacións, a firma acordou aceptar esta proposta, tal e como confirmou hoxe o xerente da empresa ao presidente do Goberno galego. Despois deste acordo coa empresa, a Xunta desenvolverá unha figura de protección para Corrubedo, de maneira que esta zona quede excluída do plan sectorial.

A revisión do Plan de Parques de Tecnoloxía Alimentaria na costa galega, aprobado polo anterior Goberno, ten como obxectivo “conxugar os espazos dedicados á acuicultura co respecto ao medio ambiente, ademais de dotar ao plan dunha maior seguridade xurídica”. Trátase, polo tanto, de harmonizar e compatibilizar o desenvolvemento da actividade acuícola coa conservación e a protección da natureza. Por este motivo, ao igual que sucede coa planta de Stolt Sea Farm, a Xunta está a realizar unha análise individualizada de cada un dos proxectos incluídos no plan para valorar o seu grado de afección ao medio.

O presidente da Xunta manifestoulle ao director xerente da empresa Stolt Sea Farm, Pablo García, o apoio do Goberno galego ao “potente plan de expansión que a empresa ten previsto realizar en Galicia, co que investirá 100 millóns de euros nos próximos cinco anos”. Stolt Sea Farm prevé realizar unha nova instalación de acuicultura en Arou (Camariñas), a ampliación das instalacións xa existentes en Quilmes (Carnota) e unha nova planta multifunción en Costa Galloufa (Porto do Son) onde desenvolverá de xeito industrial, por vez primeira en Galicia, o cultivo do linguado. Con estes investimentos a empresa prevé duplicar a súa capacidade produtiva actual e crear novos postos de traballo.

R.