Skip to main content

Los Reyes de España cierran su visita institucional de tres días a Galicia con la entrega de despachos en la Escuela Naval Militar de Marín

Los Reyes de España, don Juan Carlos y doña Sofía, realizaron una visita institucional de tres días a Galicia que comenzaron en A Coruña inaugurando una exposición en la Fundación Caixa Galicia. Después de almorzar se desplazaron a Ferrol donde tuvieron lugar una serie de actos institucionales en el Ayuntamiento, para luego desplazarse a Ribeira donde asistieron a una feria tradicional. Don Juan Carlos y doña Sofía visitaron en helicóptero la zona de A Costa da Morte afectada por el hundimiento del Prestige y también se acercaron a Padrón para participar en un acto de la Fundación Camilo José Cela.

Los Reyes abandonaron la provincia de A Coruña para desplazarse a Ourense donde visitaron la empresa Coren y, posteriormente, a Pontevedra para inaugurar el Centro Social de Caixanova.

Este viaje de los Reyes a Galicia terminó con la entrega de despachos en la Escuela Naval Militar de Marín, coincidiendo con la celebración de la festividad del Carmen. Los monarcas estuvieron acompañados por el presidente de la Xunta de Galicia en todas sus actividades.

Notas de prensa remitidas por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:


PÉREZ TOURIÑO DECLARA A “VONTADE INEQUÍVOCA DE PROMOVER O DESENVOLVEMENTO DAS ZONAS MÁIS DESFAVORECIDAS” DA COMUNIDADE

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, enxalzou diante das SSMM os Reis a gran labor realizada polos empresarios galegos na creación dunha “nova Galicia” a través do fomento do emprego e da xeración de riqueza e benestar. Touriño cualificounos como “actores principais do relanzamento económico que protagoniza Galicia”, xa que son os responsables da creación de novas oportunidades de futuro “representando a vangarda da nosa economía”. O presidente da Xunta realzou esta valoración no decurso dun xantar que ofreceu en San Clodio, Leiro, na honra das SSMM os Reis. O presidente galego asegurou que os “tres vértices do triángulo de compromiso” do seu Goberno cos galegos susténtanse no crecemento económico, o aproveitamento sostible dos recursos naturais e o reequilibrio territorial.

Emilio Pérez Touriño mostrou o seu compromiso e apoio a todas as iniciativas empresariais afirmando que “vivimos nun novo tempo que esixe novas solucións; que os empresarios galegos poden aportar e que a Xunta de Galicia apoia a través das súas políticas”. Para conseguir este propósito o titular do executivo galego confirmou a súa disposición favorable para colaborar coas diversas institucións e os axentes económicos e desta maneira poder “construír unha perspectiva compartida de desenvolvemento”.

Desde a Xunta asumiuse o desafío de “lograr unha transformación do noso modelo económico” a través dunha “economía máis dinámica e moderna, emprendedora e competitiva”, sinalou Touriño. Todo isto non sería posible sen o “fomento de políticas de I+D+i, do capital humano, e das políticas de educación e formación continua e a dinamización da iniciativa privada”.

O presidente da Xunta aproveitou a visita dos Reis para expresar a súa vontade á hora de promover o desenvolvemento das zonas da comunidade galega máis desfavorecidas e rematar coa “fenda de renda e benestar que separa os diversos territorios” coa finalidade de “impedir a Galicia das dúas velocidades”.

Touriño salientou diante das SSMM os Reis a necesidade de potenciar as “actividades tradicionais máis dinámicas” nas que se demostra a “nosa calidade e o recoñecido bo facer”. Dentro destas actividades atópanse o turismo termal e o sector vitivinícola, que adquiren unha especial relevancia dentro da comarca do Ribeiro, en Ourense.

Do termalismo, o presidente destacou as súas “propiedades salutíferas, coñecidas xa polos máis antigos poboadores” e a boa calidade das augas galegas, apoiadas por “unha longa historia do termalismo en Galicia, coa provincia de Ourense á cabeza”. O termalismo ofrece ós turistas unha gran “riqueza mineiromedicinal” contribuíndo á “dinamización da nosa economía”. Tamén salientou que parte do éxito deste sector débese ós “investimentos dos nosos empresarios”.

Para rematar a súa intervención o presidente da Xunta enxalzou a boa calidade dos caldos galegos, e en concreto da Denominación de Orixe do Ribeiro, “fonte de emprego e de riqueza”, un viño galego que é “tradición, cultura e sentimento”. Tan só con esta denominación de orixe conséguense ingresos para preto de 6.000 familias “a través de actividades de colleiteiros e adegas”, o que permite manter “un importante tecido social e económico nunha zona privilexiada”.

Visita a Ferrol

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, manifestou ante os Reis de España que a comarca de Ferrolterra “debe converterse no espazo preferente onde cristalice o afán polo desenvolvemento industrial de Galicia”. O titular do Goberno galego fixo esta aseveración no Concello de Ferrol, na súa intervención de benvida ás Súas Maxestades, na que constitúe a primeira xornada da súa visita oficial a Galicia.

Tras recibilos na Coruña xunto coa presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, e visitar a sede da Fundación Caixa Galicia, Emilio Pérez Touriño acompañounos á cidade de Ferrol, onde en primeiro lugar fixeron unha visita oficial ao Concello ferrolán. Alí sumouse á comitiva de benvida a ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación, Elena Espinosa.

O presidente da Xunta subliñou o “feito significativo” de que a visita dos Reis a Ferrol, posto que se trata dunha cidade “historicamente ligada á Coroa, dende que en 1726 a reorganización da Mariña de Guerra dividise o litoral peninsular en tres departamentos”, polo que Ferrol se converteu na capital do Departamento do Norte.

Pérez Touriño fixo un repaso polas “vicisitudes históricas” que atravesou Ferrol, nas que ao seu xuízo demostrou “ser unha cidade de carácter, integrada por xentes de temple”. Recordou así a paralización da construción naval en Ferrol en 1805, tras a destrución da flota de Trafalgar, así como a reactivación económica que se rexistrou baixo o reinado de Isabel II. Posteriormente, o presidente referiuse ao deterioro económico de finais dos setenta do século pasado, derivada “da crise que se cebou nos estaleiros e nos programas de reestruturación industrial”.

“Ferrol nunca se rendeu á adversidade”, dixo o presidente galego, “e moito menos agora, cando o horizonte se presenta despexado”, e conta coa “solidariedade de toda Galicia e de toda España”. Touriño destacou que a comarca ferrolá “debe converterse no espazo preferente onde cristalice o afán polo desenvolvemento industrial de Galicia, un obxectivo que conta xa co respaldo das distintas administracións públicas”.

O presidente da Xunta enumerou ante os Reis de España as accións encamiñadas polo Goberno galego co fin de reactivar o crecemento e recompoñer o tecido industrial da comarca, todas elas integradas en plans de dinamización económica como o Plan Ferrol, o Plan Integral de Desenvolvemento e o Plan de Dinamización Turística da Ría.

Así pois, Pérez Touriño subliñou a importancia da construción do porto exterior de Caneliñas, a instalación da central de ciclo combinado das Pontes e o mantemento da central de carbón que garante tráfico e actividade portuaria.

Por outra banda, o titular do Goberno galego explicou que a acción da Xunta está baseada na busca dun desenvolvemento económico que non confronte coa protección dos recursos naturais galegos. Neste punto, precisou que un dos obxectivos é o saneamento integral da ría de Ferrol, “un excelente exemplo da riqueza patrimonial que alberga a nosa costa”, apuntou.

No apartado industrial, o presidente autonómico fixo fincapé na creación da Axencia Galega de Desenvolvemento Industrial, que terá a súa sede en Ferrol, e que será “o órgano encargado de establecer a estratexia e planificar o desenvolvemento industrial de Galicia”. Asemade, recordou a “decidida aposta” do Goberno galego por crear solo industrial na comarca. Por iso serán construídos catro polígonos, que ocuparán en conxunto unha superficie de 6 millóns de metros cadrados.

Por último, Emilio Pérez Touriño gabou dúas iniciativas que se están a levar adiante en Ferrol no campo do urbanismo: a rehabilitación do barrio da Magdalena, “que deberá poñerse en valor como un dos grandes atractivos da cidade”, dixo; e a proposta para que os edificios e cuarteis legados pola Ilustración a Ferrol sexan declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

O presidente pechou a súa intervención manifestando a súa seguridade en que entre todos Ferrol vai “gañar a batalla” da “dura loita para conquistar o seu futuro” na que está mergullada.

Despois da recepción oficial no Concello de Ferrol, Don Juan Carlos e Dona Sofía, acompañados por Emilio Pérez Touriño, trasladáronse ata o Teatro Jofre. Alí os esperaba o conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu. A comitiva autonómica acompañou ás SSMM ao interior do Teatro, onde tiveron a oportunidade de comprobar as obras de reforma que se desenvolveron, así como de presenciar unha actuación do Real Coro Toxos e Froles.

Xa pola tarde, as SSMM ofreceron unha recepción á sociedade civil ferrolá no antigo Palacio de Capitanía Xeral da Zona Marítima do Cantábrico, onde a súa chegada foron recibidos de novo polo presidente galego, xunto coa ministra de Agricultura, o alcalde de Ferrol, Juan Juncal, o almirante xefe do Arsenal Militar de Ferrol, Francisco Cañete Muñoz.

Este foi o derradeiro compromiso da primeira parte da visita oficial dos Reis a Galicia. A súa axenda na Comunidade Autónoma proseguirá mañá, cando visitan os municipios de Ribeira, Leiro e Pontevedra.


R.