Skip to main content

El relanzamiento de la imagen de la marca Galicia Calidade supone una inversión de 1,1 millones de euros

La Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia presentó la nueva imagen de la marca Galicia Calidade en cuyo relanzamiento se invertirá algo más de un millón de euros.

Fuentes de la Xunta de Galicia indicaron que más de diez empresas solicitaron en los últimos seis meses la licencia de utilización de esta marca. Introducir los productos gallegos en diversos mercados y lograr que los consumidores reconozcan el origen de dichos productos y estén dispuestos a pagar determinados precios por su adquisición son los principales objetivos de esta iniciativa.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:

A Consellaría de Innovación e Industria presentou a nova imaxe visual da marca Galicia Calidade, coa que se pretende acompañar á modernización e innovación que se está a producir na sociedade galega, segundo dixo no acto de presentación da nova imaxe da marca o titular de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco. O conselleiro nacionalista explicou que esta nova imaxe non é un feito illado senón que se insire nun plano estratéxico a desenvolver nos vindeiros tres anos e que permitirá dar un salto cualitativo e posibilitará unha auténtica consolidación e promoción da marca e dos produtos nela amparados.

Blanco anunciou que a evolución da imaxe visual da marca non ven por si soa senón que trae consigo unha campaña de promoción orzamentada en 1,1 millóns de euros coa fin de difundir a nova imaxe da marca, asociar a orixe galega dos produtos e servizos como elemento de calidade diferencial, acadar a máxima notoriedade de Galicia Calidade como marca de garantía do país, e que os consumidores e consumidoras procuren e merquen produtos coa marca. Para a consecución dos obxectivos fixados o conselleiro sinalou como fundamental o plano estratéxico de comunicación e promoción da marca que se vai desenvolver nos próximos tres anos.

Para o titular de Innovación e Industria Galicia Calidade ha de ser quen de facilitar, non só a entrada dos nosos produtos nos mercados tanto galegos como internacionais, senón tamén que os consumidores e consumidoras estean dispostos a pagar un prezo máis xusto polos produtos galegos que ostenten o distintivo da marca. Ao seu xuízo, con isto acadárase tamén que os sectores produtivos básicos do país teñan unha acaída promoción e poidan optar a unha fonte de recursos importante que axude a viabilizalos, tal e como a súa calidade intrínseca reclama.

Fernando Blanco salientou tamén que o proceso de renovación e relanzamento que se persegue para Galicia Calidade está xa en marcha tal e como demostran as solicitudes que nos últimos seis meses se recibiron, en concreto de parte de dez produtos doutras tantas empresas, que xa solicitaron a licenza de uso da marca.


R.