Skip to main content

Los afectados por las riadas percibirán ayudas por un importe de 10 millones de euros

El consello de la Xunta ha aprobado ayudas por un importe de 10 millones de euros para los damnificados por las inundaciones provocadas por el temporal que ha azotado Galicia en las últimas semanas. Así lo aseguró el presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, en rueda de prensa, tras la reunión semanal del Gobierno gallego.

Estas ayudas, correspondientes a la aportación autonómica, están destinadas, entre otros aspectos, a la reposición de infraestructuras locales afectadas, a la reparación y a la rehabilitación de viviendas dañadas, ayudas a las personas físicas y ayudas a los comerciantes que han visto afectados sus negocios.

El presidente gallego informó, además, de que ya ha iniciado los trámites con el Gobierno central para que el Consejo de Ministros apruebe «mañana o el próximo viernes» una línea de ayudas complementaria. Pérez Touriño señaló que el decreto aprobado por la Xunta es una modificación del aprobado hace una semana, y que establecía las ayudas para la localidad coruñesa de Cee por las inundaciones padecidas por este municipio a principios de mes, para hacerlo extensivo al resto de localidades afectadas, así como a los mariscadores.

Sobre este punto, el titular de la Xunta explicó que la Consellería de Pesca ha presentado un borrador con las cuatro zonas marisqueras más afectadas por las inundaciones, aunque no descartó que en el decreto de desarrollo que publique la propia Consellería, estas ayudas se hagan extensivas a otros puntos afectados.

Las ayudas dirigidas a los mariscadores, destacó, no sólo irán destinadas a la regeneración de los bancos marisqueros afectados, sino que también garantizarán los «ingresos habituales del año» de este colectivo.

Pérez Touriño señaló que el Gobierno gallego aún no dispone de todos los datos de personas y bienes afectados, ya que, según dijo, «estamos trabajando en tiempo real y cada momento se pueden producir variaciones».

De todos modos, el presidente gallego indicó que hay unas «cincuenta o sesenta viviendas con daños estructurales», aunque mostró su convicción de que será «relativamente fácil» realizar las reparaciones oportunas.

Sobre las comparaciones con el desastre ambiental producido por el petrolero Prestige por miembros del Partido Popular, Pérez Touriño aseguró que «sólo desde la maldad se puede comparar esto con el Prestige. Es descabellado desde todo punto de vista. Hay que tener muy mala conciencia y ganas de desgastar a un Gobierno para hacer este tipo de comparaciones», concluyó.

Según Pérez Touriño, la única situación comparable con lo sucedido este año es lo que ocurrió en el año 2000, cuando según el presidente gallego, hasta (Manuel) Fraga, titular autonómico por entonces, dijo: «hace 127 años que Galicia no recuerda un temporal semejante».

En cualquier caso, el titular de la Xunta animó al líder del PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, a dar explicaciones de por qué el Ejecutivo gallego presidido por Manuel Fraga se enfrentó a la situación del año 2000 concediendo «créditos» y en cambio el actual Gobierno afrontado la situación con «ayudas directas».

Nota remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Consello da Xunta aprobou o decreto de medidas urxentes para a reparación dos danos causados polo temporal no mes de outubro en Galicia. O presidente do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, sinalou que a previsión inicial de gasto por parte da Xunta se sitúa arredor dos 10 millóns de euros e salientou que neste decreto se abre unha liña de axudas para compensar os danos ocasionados nas explotacións marisqueiras. Asemade, anunciou que obtivo o “firme compromiso” por parte do Goberno central –a través dos contactos coa Vicepresidencia primeira- de que no Consello de Ministros de mañá, ou da vindeira semana, se aprobará un acordo para habilitar “axudas extraordinarias” en relación aos efectos do temporal en Galicia.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o xefe do Executivo galego sinalou que o decreto hoxe aprobado extende a súa cobertura a través de diferentes liñas: axudas por danos persoais; cobertura de danos en vivendas e enxoval doméstico; reposición de infraestruturas e equipamentos privados danados; axudas para explotacións agrícolas, gandeiras e marisqueiras; para establecementos comerciais e turísticos; e axudas ás entidades locais.

Todas estas axudas terán carácter complementario e serán compatibles coas que habilite o Goberno central e os seguros privados. Como explicou o presidente, o decreto non establece a contía das axudas, senón que serán as ordes promulgadas polas consellerías implicadas as que desenvolvan este aspecto e o procedemento para acollerse a elas.

Pérez Touriño significou que este decreto habilita axudas para cubrir os danos derivados das posibles afeccións a bancos marisqueiros en dous sentidos: a rexeneración da produción marisqueira e o mantemento do nivel de ingresos dos mariscadores habitual nesta época do ano.

Se ben as axudas cubrirán todas as praias que poidan verse afectados polo temporal, o xefe do Executivo indicou que o informe presentado pola Consellería de Pesca esta mañá salienta que ata o de agora son catro as praias con maior impacto. Estas son as de Padrón e A Seca en Combarro; a da Torre, en Rianxo e a de Raposiños na Pobra do Caramiñal. O presidente destacou que Pesca efectúa xa dende o mes de agosto un “seguimento exhaustivo” en relación aos cambios na turbidez e na salinidade da auga, e adiantou que en 15 días poderá ofrecerse unha “avaliación exacta” das consecuencias das intensas choivas deste mes neste medio.

O presidente lamentou que o PP criticase ao Goberno galego por non recorrer a un decreto promulgado cando a catástrofe do Prestige para aprobar axudas para os mariscadores. Pérez Touriño explicou que isto era imposible debido a que o decreto mencionado está vinculado “exlcusivamente” con supostos de contaminación mariña e, neste caso, non se dá “en ningún caso”. “Hai un maior aporte de auga que afecta á salinidade das augas, pero nada que ver coa contaminación mariña prevista nese decreto”, rebatiu.

“Só dende a mala fe se pode comparar ou homologar isto co Prestige. Édescabellado dende todo punto de vista. Hai que ter moitas ganas de erosionar a un Goberno e de danar para poder establecer esa comparación. Creo que é evidente o que é un temporal e os seus posibles efectos. Hai que ter ganas de lavar a mala conciencia ou ter moita mala cocinencia enriba dun para poder establecer este tipo de imputacións”, censurou o presidente.

A este respecto, lembrou que nunha situación meteorolóxica semellante, no ano 2000, o entón presidente da Xunta, Manuel Fraga, declarou que en 127 anos Galicia non afrontara nunca unha situación similar, se ben foi agora cando Meteogalicia certificou que se bateron os récords históricos nas estacións meteorolóxicas da comunidade. Así, revelou que na de Lourizán (Pontevedra) e a de Ferrol se triplicaron os valores promedios dos últimos 30 anos, mentres que en Santiago se rexistrou un incremento do 104%. Datos cos que desbotou as críticas por falta de previsión. “Pode ser que alguén puidera prever récords históricos, pero é o que hai”, ironizou

Pérez Touriño emprazou aos presentes a comparar as actuacións dun e doutro Goberno en situacións semellantes. “É a primeira vez en que, de verdade, se aproba comprometerse como Goberno con axudas aos afectados e coa reparación real dos afectados. Daquela, créditos, liñas de préstamo. Iso é o que facía o anterior Goberno. Diso é do que tería que dar explicacións o señor Núñez Feijóo e non estar dicindo o que está a dicir, que cada día procura atopar un Prestige, non sabe cómo facer para atopar un Prestige en Galicia”, manifestou o máximo mandatario galego, quen remarcou que en cada sitio que visitou os propios cidadáns lle trasladaron que era a primeira vez que un presidente da Xunta acudía nunha situación semellante.

Finalmente, o presidente explicou que a razón de que o Helimer non estivese operativo entre as 9,00 horas do día 24 e as 12,00 horas do día 25 foi debido a que se lle estaba a efectuar unha reparación. Non obstante, indicou que o Goberno galego pediu, e logrou, que nese tempo o Ministerio de Fomento trasladase o helicóptero que ten base no Cantábrico a Galicia, ademais de solicitarlle ao Exército a mobilización doutro aparello, cuxo uso non chegou a ser necesario.

Ao abeiro do decreto aprobado polo Consello da Xunta, establécense diferentes liñas de axudas encamiñadas a cubrir danos persoais, danos causados en vivendas e enxoval doméstico, reparación de infraestruturas e equipamentos privados danados, danos en explotacións agrícola, gandeiras e marisqueiras, compensación de danos sufridos en establecementos comerciais e turísticos e axudas a entidades locais. Así, estableceranse axudas concretas desde as Consellerías de Presidencia; Economía; Política Territorial; Innovación e Industria; Medio Rural; Pesca; Medio Ambiente e Vivenda.

Estas axudas prevense para cubrir situacións xeradas por lesións que causasen a hospitalización de feridos ou de ser o caso incapacidade absoluta permanente por mor das consecuencias das enchentes. Pagaranse entre 60 e 103 euros por día para cubrir gastos de hospitalización.

Paralelamente, serán obxecto de axuda os danos causados na vivenda que constitúa a residencia permanente e habitual dos seus moradores, na parte non comprendida nas axudas que puidesen aprobar outras administracións públicas. Cubrirase ata o 100 por cento do valor de reparación ou reposición do inmoble danada, sen que, en ningún caso, o importe da dita axuda poida superar o límite do 100 por cento do prezo de venda dunha vivenda de promoción autonómica de prezo xeral na mesma localidade.

Así mesmo, serán obxecto os danos causados no resto das vivendas, ata acadar o 40 por cento do valor de reparación ou reposición do inmoble danado, sen que en ningún caso o importe da dita axuda poida superar o 40 por cento do prezo de venda dunha vivenda de protección autonómica na mesma localidade. As vivendas deberán dedicarse, polo menos, á vivenda ocasional. O texto do decreto sinala que se entende tamén por vivenda, para acollerse a estas axudas, as construcións anexas e instalacións complementarias e elementos comúns de comunidades de propietarios.

Serán igualmente obxecto de axudas os danos sufridos no enxoval doméstico de primeira necesidade. O importe da axuda será do 100 por cento ou do 40 por cento dos gastos de reparación ou reposición dependendo de que o enxoval sexa o da vivenda habitual e permanente ou o da vivenda ocasional, respectivamente.

Os beneficiarios destas axudas serán os propietarios, usufrutuarios ou arrendatarios dos bens referidos que sufragaran os gastos necesarios de reparación ou reposición.

Tamén se establecerán axudas para a reparación dos danos causados polas inundacións en infraestruturas de titularidade privada tales como camiños forestais e captacións de auga.

Paralelamente, o decreto recolle que serán obxecto de axudas os danos causados por mor das enchentes nas explotacións agrícolas, gandeiras e marisqueiras que non fosen cubertas polas medidas que puidesen adoptar outras administracións ou por calquera fórmula de aseguramento, público ou privado.

Así mesmo, cubriranse danos directos provocados nos establecementos comerciais, mercantís, industriais ou turísticos como consecuencia das enchentes, nas súas edificacións, instalacións, maquinaria e nas mercadorías neles depositadas, así como nos vehículos comerciais ou industriais afectos a estas actividades.

Finalmente, serán obxecto de axudas ou de actuación directa sobre os bens afectados os danos provocados en infraestruturas locais non previstos nas axudas que para o efecto puidesen aprobar outras administracións, así como os gastos extraordinarios en que incorresen como consecuencia directa das fortes choivas.
R.