Skip to main content

Aprobado el proyecto de ley que regulará la creación de la Policía Autonómica en Galicia

El Consello de Xunta ha aprobado el proyecto de ley que supondrá la creación de la Policía de Galicia, cuyo despliegue no tiene fecha prevista todavía porque es preciso, tras su pase por el Parlamento autónomo, una negociación con el Gobierno central así como la formación de los agentes.

El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, informó de la aprobación de esta ley marco que establece las funciones estructura y régimen jurídico del cuerpo autonómico, que tendrá «todas las funciones y competencias» propias de una Policía, cuyos miembros serán funcionarios de carrera de la administración autonómica.

La Policía gallega asumirá la vigilancia de personas y dependencias de la Comunidad; el auxilio en accidentes y catástrofes, actuaciones de salvamento, policía administrativa; otras funciones de carácter medioambiental y control del tráfico, así como lucha contra delitos sexuales, menores o protección del patrimonio.

Nota remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta:

O xefe do executivo autonómico, Emilio Pérez Touriño, salientou, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, a importancia da aprobación do proxecto de Lei de Policía Autonómica de Galicia. Trátase, destacou o presidente, de dar cumprimento “á única competencia estatutaria do Estatuto de 1981 que estaba por desenvolver”. Segundo indicou o titular do executivo autonómico, o texto recolle a creación dun corpo civil armado, cunha estrutura xerarquizada, tal e como corresponde a este tipo de organismo, explicou. Este corpo de seguridade, que terá a súa propia identidade no que se refire aos aspectos simbólicos e organizativos, ten o obxectivo fundamental de garantir a liberdade, o exercicio da cidadanía galega e a seguridade cidadá.

Créase así, argumentou Touriño, un corpo homologable plenamente “con calquera outro corpo de policía dun pais democrático, moderno e avanzado”. Neste sentido, sinalou que o obxectivo é a posta en marcha dunha policía “integral e completa”, cun amplo listado de funcións que corresponden ao ámbito da seguridade cidadá, no senso más amplo. Así, apuntou a que deberá ter competencias na protección de persoas e bens, mantemento do orde público e vixilancia dos espazos públicos, entre outros. Así como nunha serie de funcións relacionadas co ámbito de policía administrativa e xudicial.

Neste eido o texto recolle que no que se refire á seguridade cidadá, exercerá a vixilancia e protección de persoas, órganos e dependencias da comunidade autónoma; e prestará auxilio en accidentes e catástrofes, así coma nas actuacións en materia de salvamento. No ámbito de policía administrativa, velará polo cumprimento das leis aprobadas polo Parlamento e das normas emanadas dos demais órganos de Galicia, mediante inspección e denuncia, e utilizará a coacción co fin da execución forzosa destas disposicións.

Ademais, inspeccionará as actividades sometidas á ordenación denunciando as actividades ilícitas, para o que prestará especial atención á normativa sobre ambiente, sanidade, incendios, pesca fluvial, urbanismo, protección de camiños, costas, transporte, contaminación acústica, patrimonio histórico e cultural, e materia de xogo e de espectáculos. Así mesmo, ocuparanse da vixilancia e control do tráfico nas vías interurbanas, de inspeccionar e controlar as empresas de seguridade privada, de asistir e orientar os cidadáns e de colaborar coas institucións públicas de protección e tutela de menores e da inmigración.

No ámbito de policía xudicial será competente no relacionado con delitos contra a liberdade sexual, menores e violencia no ámbito familiar; contra os dereitos dos traballadores; delitos relativos á ordenación do territorio, á protección do patrimonio histórico, e contra o ambiente; e delitos contra a seguridade do tráfico.

O presidente incidiu en que o texto aprobado é unha lei marco que crea o eido lexislativo a partires do cal o Goberno poderá determinar que grao de despregue necesita Galicia e que grao de asunción de competencias asumirá. Unha vez aprobado o documento no Parlamento de Galicia, o Goberno terá que traballar nas correspondentes negociacións das transferencias de recursos e competencias, así como no seu despregue territorial ou sectorial ao longo do tempo.

Emilio Pérez Touriño lembrou que actualmente o que hai en Galicia é unha unidade adscrita de policía que “cumpre basicamente tres funcións: protección de sedes, de menores e delitos contra a violencia de xénero”. Sobre os efectivos, o titular do Goberno autonómico precisou que nestes momentos hai 400 axentes da Unidade Adscrita e 9.000 funcionarios dos corpos policiais do Estado, unhas cifras –dixo- que haberá que estudar a medida que se vaian “negociando” as transferencias, xa que haberá que por sobre a mesa tanto partidas orzamentarias como recursos humanos.

O presidente asegurou que, desde o próximo, ano poderán empezar a formarse os futuros membros deste corpo autonómico. A formación será na Academia Galega de Seguridade Pública da Estrada, para a que está prevista unha partida orzamentaria co obxectivo de mellorar as súas instalacións de cara a acoller a futura policía.

Sobre o desenvolvemento deste corpo, o xefe do Executivo autonómico puxo o exemplo a creación dos Mozos de Escuadra, o caso máis desenvolvido, cuxo “despregue completo levou unha década”, explicou Touriño, quen asegurou que “é bo que leve un tempo, non hai presa por substituír nada de golpe”. Así, o presidente afirmou que “o importante é facer as cousas ben, sensatamente e de acordo aos ritmos que, lexitimamente o Goberno e a Xunta entendan que son necesarios”.

O Consello da Xunta aprobou tamén a Lei de Policías Locais, un texto que recolle a coordinación deste corpo para que os concellos que non teñen policía local o poidan ter. Trata de regular o ámbito estrico da policía dos concellos. Crea as escalas, establece a carreira profesional e tipifica todos os elementos que faltaban por regular dentro do ámbito deste corpo. O proxecto, salientou o presidente da Xunta, foi consensuado coa Fegamp, nun tema que “non era fácil”, porque tiña que ser válido para todos aos concellos. Tanto esta lei como a da policía autonómica serán enviadas de inmediato ao Parlamento de Galicia.
R.