Skip to main content

Presentado el Plan Estratégico Gallego para la Sociedad de la Información (PEGSI-2007-2010)

Galicia invertirá más de 800 millones de euros en el primer Plan Estratégico Gallego para la Sociedad de la Información (PEGSI-2007-2010), que pretende reducir la «brecha digital» que separa la Comunidad autónoma de las sociedades más avanzadas. El conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, ha presentado este «primer diagnóstico» de la situación en que se encuentra Galicia en la Sociedad de la Información y las estrategias para la implicación general de las Tecnologías de la Información y la Comunicación (TIC) en los ámbitos productivos, sociales y de los servicios públicos para mejorar la calidad de vida de los ciudadanos, la cohesión social y garantizar el crecimiento sostenible de la economía. La iniciativa busca, además, garantizar la presencia de la identidad cultural gallega en la Sociedad de la Información.

Blanco explicó que el PEGSI tiene carácter «orientativo, no prescriptivo» y pretende servir de «marco fluido y dinámico» hasta el 2010, que se complementará con los planes directores sectoriales, con los operativos anuales, los presupuestos y las políticas europeas en este ámbito de actuación.

También informó de que el plan está orientado a la creación de contenidos propios, «partiendo de la idea de una Galicia productora y no meramente consumidora», lo que promoverá tanto la consolidación de una industria gallega de las TIC, como el fortalecimiento de los elementos identitarios de la cultura del país.

En el avance del plan se destaca que el PIB per cápita gallego era en 2005 el 81 % del estatal y la renta disponible de los hogares, el 87 %; la inversión en I+D+i es del 0,86 % del PIB, cuando la media estatal es del 1,07 % y en la UE, del 2 %.

El reto de eliminar estas diferencias es «factible», según el avance del Plan, pues los pasos dados en el pasado reciente ya se reflejan en indicadores, como la tasa de creación de empleo en actividades informáticas, del 11,93 %, casi el doble que la española; y un índice de producción industrial del 8,2, el más alto de España.

La actividad empresarial de la S.I. supone 8.000 puestos de trabajo en Galicia, el 0,7 % de la población ocupada, en convergencia con España, que está en el 1,1 %, lo que supondría la creación de 4.000 puestos cualificados de trabajo adicionales.

La directora general resaltó la importancia de que el plan lleve acompañada su financiación, pues, en caso contrario, sería una mera declaración de intenciones y explicó que para 2007 ya están previstos 122 millones de euros, que se incrementarán en un 12 % anual, para alcanzar en 2010 los 653 millones, a los que se sumaría un 21 % más, procedente de proyectos y fondos europeos.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:

O primeiro Plano Estratéxico Galego para a Sociedade da Información (PEGSI) nace para promover todos os avances técnicos e culturais que coloquen a Galiza como un país totalmente inserido na Sociedade da Información. Así o dixo o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco, durante a presentación da diagnose sobre a Sociedade da Información en Galiza e o avance das liñas estratéxicas do Plano Estratéxico Galego 2007-2010, un plano que contará cun investimento público superior aos 800 millóns de euros, dos que o Goberno Galego asumirá máis de 600 millóns, e que recolle até 100 iniciativas en todos os ámbitos de actuación.

Segundo explicou o conselleiro nacionalista, o Plano asume a responsabilidade de actuar pola vía da implicación xeral das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) nos ámbitos produtivos, sociais e dos servizos públicos para contribuír ao desenvolvemento sustentable do país, compatibilizando o crecemento económico coa creación de emprego de calidade, xerando un maior benestar, igualdade e cohesión social do territorio e da cidadanía. A aposta polo crecemento e o emprego basearase no potenciación das TIC, por unha banda como medio para construír unha economía galega competitiva e, por outra, como vehículo que garanta a presenza da identidade cultural galega na Sociedade da Información, conformando unha oferta de servizos e contidos nas plataformas converxentes que impulsen os niveis de uso. Fernando Blanco salientou o carácter determinante do Plano á hora de identificar e por en valor liderados efectivos en Galiza no tocante á Sociedade da Información para definir, desenvolver e consolidar actividades innovadoras de carácter participativo no desenvolvemento tecnolóxico.

O PEGSI conta con oito estratexias operativas, tres delas transversais (as denominadas infraestruturas para a Sociedade da Información; interoperabilidade, seguridade e coñecemento aberto; e contidos e servizos), catro verticais (desenvolvemento do sector empresarial da Sociedade da Información; aplicación das TIC polo tecido empresarial; servizos públicos de calidade; e inclusión e sostibilidade), e unha estratexia instrumental, que será a empregada na xestión das políticas públicas da Sociedade da Información.

Segundo explicou o titular de Innovación e Industria, o Plano ten un carácter orientativo, non prescriptivo, que servirá de marco fluído e dinámico de aquí ao ano 2010 e que se complementará cos planos directores sectoriais, cos operativos anuais, cos orzamentos e coas políticas europeas neste ámbito de actuación. Blanco salientou ademais que o PEGSI está orientado cara á creación de contidos propios –partindo da idea dunha Galiza produtora e non meramente consumidora–, como axente trator da Sociedade da Información e do Coñecemento, xa que isto promove tanto a consolidación dunha industria galega das TIC, como o fortalecemento dos elementos identitarios da cultura do país.

O conselleiro nacionalista avanzou que ao longo dos meses de novembro e decembro presentarase o Plano na Comisión Interdepartamental da Sociedade da Información, someterase a unha xornada de validación en tres mesas de traballo integradas por case 70 profesionais para posteriormente integrar as achegas que se consideren oportunas e seres aprobado finalmente na Comisión Interdepartamental da Sociedade da Información. O obxectivo é que a tramitación do PEGSI no Consello do Goberno Galego comece en decembro.

O conselleiro de Innovación e Industria tamén presentou as principais conclusións da primeira diagnose completa sobre a Sociedade da Información realizada en Galiza, un traballo que serve como punto de partida do Plano Estratéxico Galego para a Sociedade da Información e que constitúe xa o xermolo do futuro Observatorio Galego da Sociedade da Información na web //www.sociedadedainformacion.eu//.

A diagnose permite compoñer unha visión de conxunto do estado de implantación das TIC en Galiza, o que permite ao Goberno Galego dispor por primeira vez dunha ferramenta que posibilita avaliar o desenvolvemento da sociedade galega da información e do coñecemento, identificando aquelas áreas que deben ser reforzadas para reducir a fenda dixital e favorecer a converxencia cos indicadores europeos. O estudo, realizado durante seis meses de traballo intensivo, baseouse nunha metodoloxía mixta na que se complementan 145 fontes documentais, 70 consultas presenciais, 5 prospeccións estatísticas globais e máis de 3.000 enquisas.

Desta diagnose despréndense que a fenda dixital galega está fortemente condicionada pola taxa de envellecemento da poboación. Este feito acentúase ao considerar que o diferencial de Galiza con respecto ao Estado na franxa superior aos 45 anos é dun 7%, xa que este é o grupo poboacional que amosa un menor grao de uso de internet. De igual xeito, os restantes parámetros que condicionan a introdución das TIC, como son a taxa de ingresos ou o lugar de residencia, inflúen negativamente nos índices de uso do PC ou da Rede, dada a menor taxa de ingresos familiares ou a maior dispersión poboacional en relación aos datos estatais. Por esta razón, Fernando Blanco anunciou que é nestes segmentos onde ten unha maior incidencia as propostas do PEGSI.

Do estudo tamén se desprende que, en contra do que puidera agardarse, as causas que dificultan o uso de Internet na poboación non son as ligadas ás infraestruturas ou o custe do equipamento, que se sitúan non 7% e no 11% respectivamente. Ao contrario, a principal barreira en Galiza para o acceso a Internet é no 56% dos casos, a falta de interese que ofrece nos contidos, seguido pola falta de formación e información, cun 28%. En consecuencia, o Plano fai especial fincapé no desenvolvemento de contidos e servizos próximos á cidadanía galega.

Por outra banda, o principal factor que está a condicionar a introdución das TIC no eido empresarial refírese á súa propia estrutura, caracterizada por unha elevada presenza de MicroPEMES (menos de 9 empregados e cun volume de negocio por baixo dos dous millóns de euros anuais). Xa que o nivel de introdución das TIC aumenta de forma directamente proporcional ao seu tamaño, e xa que o 95% das empresas galegas son MicroPEMES, era previsible que o desenvolvemento da Sociedade da Información e do Coñecemento nas empresas galegas fora menor, como así se constata na diagnose.

Por último, posto que o desenvolvemento da Sociedade da Información está directamente vinculada á introdución das TIC, era necesaria unha diagnose precisa deste metasector, dado o seu papel como fornecedor dos recursos e servizos tecnolóxicos do conxunto da sociedade e da economía galegas. Como dato máis destacado, obsérvase no estudo que entre un 70% e un 80% das actividades das empresas galegas do sector prodúcese con clientes de Galiza e apenas un 4% no ámbito internacional. Por tanto, segundo salientou Fernando Blanco, faise evidente a necesidade de promover a súa consolidación e potenciar a súa internacionalización. Neste sentido, o Plano Estratéxico en relación ao metasector TIC fai especial fincapé no desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e Comunicación galegas buscando reforzar a súa presenza tanto no mercado estatal como no internacional.

R.