Skip to main content

Pérez Touriño y Núñez Feijoo acercan posturas sobre la reforma del Estatuto de Galicia. El presidente de la Xunta y el líder de la oposición buscarán una fórmula propia para resolver el debate en torno al término nación

El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, y el líder del PPdeG, Núñez Feijoo, se reunieron en la residencia oficial de Monte Pío para perfilar algunos detalles de la reforma del Estatuto de Galicia que se encuentra encima de la mesa. El titular del Ejecutivo se ha mostrado satisfecho con el encuentro. «La valoración inicial es positiva, por el modo, la forma y el talante».

En su resumen de sus tres horas de encuentro, Touriño ha destacado que la cuestión identitaria ha acaparado la mayor parte del tiempo. Ambos han consensuado su «voluntad de que Galicia no pierda su estatus o posición frente a otras nacionalidades históricas» y en este sentido han planteado la necesidad de buscar fórmulas propias: «no vamos a copiar ningún estatuto», ha afirmado el presidente de la Xunta.

También se han producido avances en el calendario. Ambos líderes han acordado agilizar el trabajo de la ponencia parlamentaria sobre el Estatuto para conseguir en enero un «acuerdo político básico» sobre el texto. «Si no fuese posible -ha explicado Touriño- nos hemos comprometido a excluir este asunto de la contienda electoral» de las próximas elecciones municipales. En ese horizonte de enero tanto el socialista como el popular confían en convocar una reunión a tres bandas, PSOE, BNG y PP, para «tratar de acercar posturas y dirimir un acuerdo final».

Pérez Touriño ha entregado a Núñez Feijóo su propuesta de financiación que recoge aspectos como la suficiencia financiera, que se cree un fondo por la dispersión y por la emigración una comisión mixta entre Estado y Comunidad, de forma que el Estatuto sea una «garantía» de que se resolverán los «déficits» en infraestructuras de Galicia. El presidente, además, ha dicho que estudiará la pretensión del líder popular de que el texto recoja una cantidad concreta a invertir por el Estado en Galicia, en lugar del 8% inicialmente pactado entre PSOE y BNG porque, a su juicio, multiplicado este porcentaje por diez años la cantidad es la misma. Touriño no tiene «ninguna duda» de que el acuerdo satisfará a sus socios nacionalistas porque, como ha dicho, hay una disposición a la búsqueda del diálogo y el consenso.

También han pactado que en materia de lengua se mantenga el consenso que hubo para la aprobación de la ley de normalización lingüística, si bien no han precisado explícitamente si supondrá que se desista del deber de conocer el gallego, aunque el líder popular lo sugirió. Preguntado por si el acuerdo supondrá que se desiste de incluir el deber de conocer el gallego, el Presidente ha indicado que no se ha hablado de la fórmula, porque ha sido la primera reunión. Mientras, Núñez Feijoo ha dicho que está «muy clara» una sentencia del Constitucional que se pronuncia en contra, e indicó que el presidente ha aceptado que no se debe romper el consenso alcanzado hace 20 años.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e o responsable do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, acordaron que o Estatuto de Autonomía de Galicia recolla unha fórmula identitaria coa que Galicia non perda estatus en relación ás demais nacionalidades históricas. Tras a xuntanza mantida na residencia oficial de Monte Pío, que se prolongou aproximadamente durante tres horas, o titular da Xunta e Núñez Feijóo manifestaron a súa vontade de chegar a un acordo para a reforma do Estatuto no mes de xaneiro. Así mesmo, durante o encontro, tamén se avanzou no eido económico e de financiamento e en garantir os investimentos do Estado en Galicia, así como no tema da lingua, “buscando diálogo e consenso entre todas as forzas políticas” galegas.

Tras a xuntanza, Emilio Pérez Touriño valorou positivamente o encontro co líder do PPdeG salientando que se acadou o compromiso “de buscar unha fórmula propia” que garanta o estatus identitario de Galicia, unha fórmula que, ao mesmo tempo exprese “con claridade que Galicia non perde posición, non perde papel nin estatus” en relación ás demais nacionalidades históricas.

O presidente da Xunta considerou “de maior interese” que na reunión de hoxe ambos os dous dirixentes “estiveramos de acordo” en que no preámbulo do Estatuto de Autonomía se manteña a Galicia “no mesmo estatus en canto á súa caracterización identitaria que temos actualmente as nacionalidades históricas”. “Hai un compromiso para conseguir que o preámbulo do Estatuto de Autonomía siga garantindo a Galicia viaxar en primeira clase”, “para que Galicia non perda pé en relación coas actuais nacionalidades históricas”, remarcou o mandatario autonómico.

O presidente galego insistiu a este respecto que a Comunidade Autónoma galega debe buscar “unha fórmula propia” porque Galicia, dixo, non vai “copiar” ningún estatuto de ningunha nacionalidade histórica. “O compromiso é buscar unha fórmula propia e axeitada en relación a Galicia, ás nosas circunstancias e que garanta en todo caso, que non perdemos estatus nin posición en relación con ningunha comunidade histórica”, concluíu Pérez Touriño en relación a este aspecto.

En materia de financiamento e en relación cos investimentos do Estado en Galicia, o presidente da Xunta presentoulle a Alberto Núñez Feijóo unha proposta detallada nesta materia. Ambos os dous dirixentes coincidiron en acadar a máxima autonomía financeira para Galicia, o que, segundo explicou Pérez Touriño, significa que o Estado “ten que recoñecer a necesidade de gasto por envellecemento ou a poboación que temos no exterior”.

De aí que a proposta presentada polo titular do Goberno galego a Alberto Núñez Feijóo recolla “elementos substanciais” en canto a suficiencia financeira, que faga posible a creación dun Fondo para a Dispersión e un Fondo para a atención aos residentes no exterior, así como o incremento do Fondo de Compensación Interterritorial, multiplicándoo por tres.

Creación da Axencia Tributaria e Comisión Mixta de Asuntos Económicos
Xunto a isto, Pérez Touriño propón a creación da Axencia Tributaria Galega e unha Comisión Mixta de Asuntos Económicos Galicia-Estado, que segundo explicou o máximo mandatario galego “coñecerá e avaliará os investimentos do Estado previstos para a Comunidade”. Nesta liña, o titular da Xunta considerou preciso que a Administración Xeral do Estado se comprometa a publicar “anualmente a liquidación e execución dos diferentes programas para Galicia”.

Deste xeito, Pérez Touriño plantexa dous tipos de relacións co Estado : as multilaterais, a través do Consello de Política Fiscal e Financeira; e as bilaterais, a través desta Comisión Mixta de Asuntos Económicos Galicia-Estado.

O xefe do Executivo remarcou que acadou con Núñez Feijóo “fórmulas e modos para poder chegar a acordo en canto ao financiamento da Comunidade Autónoma e aos investimentos do Estado en Galicia. Co obxectivo de que “o Estatuto sexa unha garantía para resolver o déficit de infraestruturas que ten a nosa comunidade, recollendo un compromiso de investimento do Estado”.

Respecto a isto último, Pérez Touriño manifestou a súa disposición a dialogar para ver se a fórmula que debe garantir os investimentos do Estado en Galicia debe ser cuantitativa ou en porcentaxe aínda que, segundo subliñou, “ao final as contas para Galicia saen parecidas”.

En canto ao tema da lingua, Pérez Touriño explicou que na reunión se chegou ao acordo de “traballar dentro do consenso que establece a Lei de Normalización Lingüística e Plan de Normalización”. “En Galicia tense acadado un consenso histórico a partir da Lei de Normalización”, indicou Pérez Touriño engadindo que desexan que o Estatuto “non rompa ese consenso que hai establecido na sociedade galega en canto a lingua”.

Por último, na xuntanza en Monte Pío, Pérez Touriño e Núñez Feijóo tamén acordaron “axilizar o traballo da ponencia estatutaria” co obxectivo último de que no mes de xaneiro se poida producir un acordo político “básico” de reforma estatutaria. “Comprometémonos a axilizar os traballos da ponencia e comprometémonos a situar o mes de xaneiro como mes de referencia, como mes límite en que debemos ser capaces de producir ese acordo de reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia”, afirmou o presidente galego.

De igual xeito, Pérez Touriño remarcou que na reunión tamén se acordou que, de non ser posible chegar a un acordo nesta data, se excluiría o debate estatutario “da confrontación electoral das próximas eleccións municipais”. “Comprometémonos a que, se non fora posible [chegar a un acordo en xaneiro] non imos levar a reforma estatutaria á contenda electoral, en ningún caso”, aseverou o titular da Xunta.

Así mesmo, anunciou que no mes de decembro ou no propio xaneiro convocará unha xuntanza cos responsables das tres formación políticas galegas “para tratar de achegar as posicións e pechar ou dirimir o acordo final”.

O máximo mandatario autonómico valorou positivamente a entrevista con Alberto Núñez Feijóo posto que, ao seu xuízo, “hai vontade de acordo”. Pérez Touriño cualificou o encontro de “cordial e positivo” e remarcou que permitiu “sentar bases importantes nos temas fundamentais: o preámbulo, o financiamento de Galicia e o compromiso do Estado coa Comunidade Galega, a lingua e a vontade de traballar buscando consenso e diálogo entre todas as forzas políticas”.
R.