Skip to main content

El Igape pone en marcha un nuevo modelo público-privado para impulsar el Plan Estratégico del Sector de la Automoción

El Igape pone en marcha un nuevo modelo público-privado para impulsar el Plan Estratégico del Sector de la Automoción. Compartirá la financiación y diversos programas de actuación a través de un convenio que también servirá de proyecto piloto para detectar buenas prácticas empresariales aplicables a otros sectores productivos de Galicia.

Nota de prensa remitida por la Consellería de Economía de la Xunta:

Situar ao sector da automoción de Galicia nunha posición de liderado europeo en competitividade é o principal obxectivo da iniciativa de coordinación público-privada que asinarán en datas próximas o Igape e a Fundación Ceaga, entidade que agrupa ao sector de automoción galego. Dito acordo servirá para dar un novo impulso a un campo de actividade económica fundamental na economía galega e supón un salto cualitativo de gran envergadura polo seu potencial para actuar como exemplo para outros sectores produtivos estratéxicos para Galicia. O conselleiro de Economía e presidente do Igape, José Ramón Fernández Antonio, adiantou hoxe as características deste convenio que supón a plasmación dun novo enfoque na política de apoio aos sectores produtivos e actuará tamén de proxecto piloto para detectar as boas prácticas no ámbito da cooperación empresarial. “Trátase dun instrumento de longo percorrido que terá tamén proxección máis aló do sector de automoción”, indicou o conselleiro. O obxecto do convenio, segundo explicou Fernández Antonio, é o desenvolvemento conxunto do Plan estratéxico do sector da automoción 2007-2011 (PESA), que se impulsará mediante ese acordo de cooperación público privada. O Plan elaborado por Ceaga e consensuado co propio Igape, prevé incrementar a facturación e valor engadido do sector nun 20% durante o período (4% anual); mellorar a produtividade sectorial nun 15%; e extender as bóas prácticas nun enfoque de transversalidade. Deste xeito, o sector reforzará a súa produtividade e competitividade nuns momentos nos que esta actividade industrial está sometida a tensións e dificultades en todo o mundo.

O conselleiro de Economía e Facenda destacou que a aplicación e desenvolvemento do PESA se fará no marco desta colaboración, que se establece con vocación de trasversalidade, para detectar e trasladar as boas prácticas, os froitos do partenariado público-privado, a outros sectores de actividade. Ademáis, engadiu, é o primeiro paso dunha nova estratexia de apoio aos clústers e agrupacións empresariais enmarcada nas prioridades de política económica recollidas no Marco de Converxencia Económica de Galicia 2007-2013 (Mecega) e aliñadas cos obxectivos da Axenda de Lisboa e coas orientacións da Unión Europea nesta materia. Neste sentido, Fernández Antonio anunciou que o Igape está a traballar nun programa para apoio aos clústers e agrupacións empresariais innovadoras que desenvolvan plans estratéxicos de carácter cooperativo dirixidos a impulsar a innovación nos procesos de produción, xestión e comercialización

O PESA contempla o desenvolvemento coordinado de proxectos en materia de coordinación estratéxica do sector, de coordinación comercial, de imaxe e comunicación, de cadea de subministros, de recursos humanos e de infraestruturas. O convenio xa aprobado polo consello de dirección do Igape contempla unha achega pública de 1,66 millóns de euros en 2007, o 50% do financiamento para as actuacións previstas na primeira anualidade.

O acordo será prorrogable ata 5 anos, de acordo coa avaliación, mediante os indicadores consensuados dos obxectivos previstos. O obxectivo é conseguir e manter de xeito sostido o liderado en competitividade sectorial, para contribuir de xeito efectivo ao progreso e calidade de vida de Galicia.

A Fundación Ceaga aglutina na actualidade ás 76 empresas máis importantes do sector de automoción, incluida PSA Citroën. Xunto co Igape, a Fundación Ceaga considera que o PESA é un plan vivo que deberá adaptarse e dar resposta tamén aos novos retos que poidan presentarse durante os próximos anos nun entorno cambiante. Por esta razón, o Plan deberá estar suxeito a constantes revisións, melloras e actualizacións aliñadas sempre cos obxectivos globais.

Outro exemplo significativo da colaboración do Igape co Clúster de automoción de Galicia e o CTAG é o regulado regulada por un convenio subscrito o ano pasado que inclúe apoio financeiro para a construcción de prototipo demostrador Cluster Car, e a cooperación nas accións de promoción do sector galego de automoción no estranxeiro, para facilitar a súa internacionalización e a captación de novos investimentos.

A modo de exemplo, no pasado mes de outubro este acordo posibilitou que varias empresas galegas do sector da automoción, así como o CTAG e CEAGA, estiveran presentes na Feira Internacional de Empresas Suministradoras da Industria do Automóbil, a IZB, que se celebrou en Wolfsburg (Alemaña). O Clúster Car de CEAGA, prototipo demostrador desenvolvido co apoio do Igape, foi o elemento central da presenza galega na IZB, e serao tamén nos próximos eventos internacionais previstos, de acordo co convenio correspondente.

O Igape apoia tamén ao sector de automoción cun programa de formación de capital humano ou especialización laboral aprobado o ano pasado e que se está a desenvolver. O programa impulsado por Ceaga ten como obxectivo especializar persoal destinado a desenvolver tarefas comerciais, no ambito da automoción, a nivel internacionacional. No programa participan 19 empresas nas que se están a formar os 25 especialistas.
R.