Skip to main content

Presentada la Fundacíón Gallega para la Sociedad del Conocimiento integrada por la Xunta de Galicia, las tres universidades gallegas y varias empresas relevantes

La Fundación Galega para la Sociedad del Conocimiento que aglutina a la Xunta, las más relevantes empresas gallegas, cajas y Universidades, tendrá entre sus cometidos inmediatos la búsqueda de fórmulas de gestión y financiación pública-privada del proyecto de la Ciudad de la Cultura, así como la creación de «clusters» de empresas.

En el consejo rector de esta fundación figuran las empresas PSA Peugeot-Citroën, Inditex, Unión Fenosa, Coren, Pescanova, Fadesa y Finsa, además de las tres Universidades gallegas, el Banco Pastor, Caixa Galicia y Caixanova. En la reunión fundacional se nombraron los cargos del patronato presidido por el titular de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, y designándose como vicepresidentes al titular de Economía, Javier Riera, el rector de la Universidad de Santiago, Senén Barro y al presidente del Banco Pastor, José María Arias, mientras el representante del Igape Alvaro Alvarez es el secretario.

El patronato de la fundación ha encargado, además del nombramiento de un gerente, tres proyectos iniciales, el primero de ellos impulsar la creación de «clusters» de empresas, tras el «referente de éxito» en que se ha convertido el del automóvil y pretende fomentar las redes empresariales. El director del centro de Vigo de PSA-Citroen, Javier Riera, indicó que la fundación «nace en perfecta línea con lo último que hay por ahí», en referencia a instituciones similares de colaboración entre empresas, universidades y administraciones creadas en otras partes del mundo.

También se ha encargado a la Fundación el impulso de inversiones «de interés» en la comunidad, con la creación de sociedades de capital-riesgo que supongan un instrumento «útil» para diferentes sectores estratégicos en la economía gallega y que supongan la movilización de recursos financieros. Finalmente, en la reunión se ha solicitado a la fundación que se implique en la puesta en marcha de fórmulas de gestión y financiación «públicas y privadas» para garantizar la puesta en marcha de la Ciudad de la Cultura, un proyecto millonario que puso en marcha el anterior Gobierno del PP y que el actual del PSdeG-BNG ha reformulado.

El jefe del Ejecutivo gallego, Emilio Pérez Touriño, ha explicado los objetivos de la fundación constituída y que ha comenzado sus actividades entre las que figuran la creación y consolidación de redes de cooperación empresarial. Pérez Touriño ha informado de que la fundación nace con la vocación de ser una «plataforma de encuentro y un puente» entre la administración pública, las empresas y las universidades, para que esta cooperación «estable» suponga la puesta en marcha de proyectos compartidos, con el «liderazgo» de la Xunta.

Hasta ahora, ha dicho, no existía una plataforma de estas características, que calificó de «imprescindible» para que Galicia «avance y mejore» en la incorporación a la sociedad del conocimiento y las nuevas tecnologías. «Galicia necesita incorporarse a este desarrollo de la investigación», para una mayor competitividad, afirmó el presidente, que insistió en que todos los miembros de la Fundación defienden la convergencia de la Comunidad con las zonas más avanzadas de Europa y del mundo, señaló.

Por su parte, el conselleiro de Economía, José Ramón Fernández Antonio, destacó la entidad de las empresas que participan en la fundación y también indicó que se trata de potenciar la innovación en los procesos productivos de las empresas gallegas y el impulso a su presencia exterior, junto a la captación de proyectos para Galicia.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta:

O xefe do Executivo galego, Emilio Pérez Touriño, salientou que a Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento (FSC) nace co obxectivo primordial de acadar a converxencia de Galicia coas rexións e países máis avanzados, facendo unha aposta básica por incorporar Galicia ao desenvolvemento tecnolóxico e a I+D+i.

Así o destacou tras o acto de constitución da Fundación que tivo lugar no Pazo de Raxoi e a primeira reunión do seu padroado, que integra a un conxunto de empresas punteiras de Galicia, as tres universidades, as dúas caixas, o Banco Pastor e á propia Xunta de Galicia.

Segundo sinalou o presidente, a Fundación nace coa vocación fundamental de converterse nun “instrumento de cooperación, unha plataforma de encontro, unha ponte” entre a administración pública, as empresas punteiras do país e as tres universidades. O presidente apuntou que os membros fundadores das FSC parten da conciencia de que ata o de agora Galicia carecía dunha “plataforma estable” na que os tres elementos da “tripla hélice” -empresa, universidade e administración- puideran compartir información e pór en marcha proxectos compartidos.

“A Fundación é necesaria e imprescindible para que Galicia avance e mellore na incorporación á sociedade do coñecemento, á innovación e o desenvolvemento tecnolóxico. Sabemos ben que o futuro de Galicia defínese nese escenario, neses grandes obxectivos”, manifestou.

Nesta liña, o máximo mandatario autonómico sinalou que Galicia precisa sumarse “co seu perfil, co seu acento, coas súas oportunidades” ao desenvolvemento da I+D+i e á sociedade da información e do coñecemento, “que é onde se define a competitividade presente e futura das sociedades” e onde se están marcando “os escenarios de oportunidade para ese grande obxectivo nacional” compartido por todos membros da fundación: ”a converxencia de Galicia coas rexións, comunidades e países máis avanzados de Europa e do mundo”.

Para avanzar neste obxectivo, Pérez Touriño informou de que o Padroado da Fundación acordou esta mañá encargar ao Consello Reitor da FSC, ademais da presentación dos orzamentos da fundación e o nomeamento dun xerente, traballar en tres aspectos esenciais: impulsar a creación de clústers e fomentar a incorporación de novas tecnoloxías nas empresas; desenvolver un instrumento ou vehículo de investimento; e buscar fórmulas de xestión e financiamento da Cidade da Cultura.

Respecto do primeiro aspecto, Pérez Touriño indicou que o Padroado solicitou ao Consello Reitor que impulse a creación de clústers, de instrumentos de cooperación interempresarial, como primeiro “obxectivo fundamental” da FSC, tomando como exemplo a “exitosa” experiencia do clúster da automoción, ao que puxo como referente da creación de emprego e de xeración de I+D+i. “Trátase de fomentar as redes empresariais, a incorporación de novas tecnoloxías e de fomentar a cultura emprendedora e empresarial a través deste proxecto”, puntualizou.

En segundo lugar, o Padroado solicitou ao Consello Reitor que impulse a posta en marcha dun instrumento ou vehículo para fomentar e captar investimento en proxectos de interese preferente para a comunidade. Deste xeito, a FSC buscará a constitución dun instrumento inversor, mediante a fórmula de sociedade ou fondo de capital risco ou sociedade mercantil, que tome participación en proxectos de interese en sectores estratéxicos para o país, ao tempo que se coordinan os xa existentes.

En terceiro lugar, o Padroado solicitou ao Consello Reitor a busca de fórmulas de xestión e financiamento público-privado para garantir un funcionamento eficaz e sostible da Cidade da Cultura.

O presidente agradeceu especialmente aos 16 membros iniciais do Padroado a súa colaboración e compromiso para garantir “a máis rápida e eficaz incorporación do país á sociedade do coñecemento”.

A primeira reunión do Padroado contou coa participación dos representantes das empresas e institucións fundadoras. Ademais do presidente da Xunta, estiveron presentes José Ramón Fernández Antonio, conselleiro de Economía e Facenda; Senén Barro, reitor da Universidade de Santiago; José María Barja Pérez, reitor da Universidade da Coruña; Alberto Gago, reitor da Universidade de Vigo; José María Arias Mosquera, presidente Banco Pastor; Julio Fernández Gayoso, presidente de Caixanova; José Luis Méndez López, director xeral de Caixa Galicia; Javier Riera Nieves, director do Centro de Vigo PSA-Citroën; Manuel Jove, presidente de Fadesa; Manuel Gómez-Franqueira, conselleiro delegado de Coren; así como os representantes de Finsa, Unión Fenosa, Inditex e o Igape.

Nesta reunión designáronse os órganos de goberno da Fundación. O Padroado da Fundación estará presidido por Emilio Pérez Touriño e contará con catro vicepresidentes: o conselleiro de Economía, o reitor da USC, o presidente do Banco Pastor e o director de PSA-Citroën Vigo. O Consello Reitor estará constituído polo conselleiro de Economía e o director do Igape; as universidades da Coruña e Vigo; as dúas caixas e os representantes de Inditex; PSA; Unión Fenosa e Fadesa.
R.