Skip to main content

Se perfila el futuro de la Ciudad de la Cultura de Galicia

Durante su visita a las obras de construcción de la Ciudad de la Cultura en Monte Gaiás, en Santiago de Compostela, el presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, y la conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo han avanzado que se pretende convertir este lugar en uno de diez mejores recintos culturales del mundo, al nivel de otros emblemáticos como el Guggenheim de Bilbao, la Biblioteca de Alejandría, la Tate Gallery de Londres o el Centro Pompidou de París. «La ciudad de la cultura será un motivo de atracción cultural internacional capaz de hacer que miles de ciudadanos puedan venir cada año a conocer, a disfrutar, a utilizar y a hacer este proyecto cultural», ha afirmado el presidente del Ejecutivo gallego.
El Gobierno gallego ha adelantado también las tres áreas temáticas en las que se distribuirá el recinto y que podrán ser visitadas por los más de 800.000 visitantes anuales que el Ejecutivo estima que podrían visitar estas instalaciones desde su apertura en 2009: el centro de documentación, constituido por los edificios que albergarán el Arquivo Nacional y la Biblioteca; la Unidad de Creación, que tendrá un centro-taller y un centro de arte internacional repartido en dos edificios cuya ejecución aún no ha comenzado; y por último la Unidad de Patrimonio, en la que se ubicarán el centro de conservación del patrimonio y el museo de la historia de Galicia.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, asegurou que a “relevancia singular e excepcional” do proxecto arquitectónico e o carácter diferencial do proxecto cultural que a sustenta permitirán situar a Cidade da Cultura de Galicia entre as 10 grandes infraestruturas culturais internacionais.

Así o destacou o máximo mandatario galego na vista realizada ás obras de construción da Cidade da Cultura, visita na que, en compañía da conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, adiantou os grandes eixes do proxecto deseñado polo Goberno que preside para facer desta Cidade “un emblema cultural” ao nivel de centros tan prestixiosos como o Guggenheim de Bilbao, a Biblioteca de Alexandría, a Tate Gallery de Londres ou o Centro Pompidou de París. Un proxecto, sinalou o presidente, que será explicado polo miúdo pola conselleira no pleno do Parlamento galego, tal e como comprometeu o Goberno autonómico.

Segundo expresou o presidente, coa formulación do proxecto cultural da Cidade Galicia aspira a que esta infraestrutura se sitúe entre as dez máis importantes a nivel internacional. “A definición que presentamos deste proxecto sen dúbida permitirá que Galicia poida dar ese salto. Isto quere dicir que a Cidade da Cultura será un motivo de atracción cultural e de presenza cultural internacional capaz de facer que miles de cidadáns poidan vir cada ano a coñecer, a disfrutar, a utilizar e facer seu este proxecto cultural”, salientou Emilio Pérez Touriño, quen adiantou que o Goberno galego prevé que sexan máis de 800.000 os visitantes anuais que se reciban no monte Gaiás.

Para o presidente, a “forza de atracción” da Cidade da Cultura debe permitir que ésta se converta no “nodo vertebrador” da cultura de Galicia, no “nodo expositor e difusor” a nivel internacional da capacidade de creación do país, así como nun espazo de intercambio entre os espazos culturais que conforman o mundo contemporáneo.

“A Cidade da Cultura será sen dúbida un icono visual da Galicia do século XXI. Un icono visual de gran potencia, de gran atractivo. Estamos seguros que vai dinamizar a nosa capacidade cultural, os servizos ligados á cultura e a proxectar unha esfera capaz de crear actividade, riqueza e emprego e ser un motor da Galicia do século XXI”, subliñou o presidente, quen reafirmou o carácter de “proxecto de país” que ten o complexo do Gaiás. “Estamos diante dun proxecto de indubidable trascendencia, que marcará un antes e un despois entre a Galicia do pasado e a Galicia nova, diferente, do século XXI”.

Para o xefe do Executivo galego, a conclusión da Cidade da Cultura, permitirá dotar a Galicia dunha “potentísima infraestrutura” capaz de ser un centro de atracción e de referencia internacional cando no horizonte de 2009 abra as súas portas.

Para acadalo, o presidente adiantou as tres unidades temáticas estratéxicas que vertebrarán o proxecto cultural da Cidade da Cultura: o Centro de Documentación, constituído polos edificios que albergarán o Arquivo Nacional e a Biblioteca; a Unidade de Creación, composta polo Centro Obradoiro e o Centro de Arte Internacional que, como dixo, acollerá un dos edificios que quedan por facer; e a Unidade de Patrimonio, no que se ubicarán o Centro de Conservación do Patrimonio e o Museo de Historia de Galicia.

Pola súa banda, a conselleira de Cultura detallou os usos que se lles dará aos diferentes edificios que conforman o complexo da Cidade da Cultura. Segundo precisou, trátase de tres unidades temáticas “diferentes e conformadas”. Cada unha delas ocupa dous edificios.

Así, a primeira unidade estará conformada pola Biblioteca e polo Arquivo Nacional de Galicia. “Van ser dous edificios –indicou Bugallo- cabeceira do servizo nacional bibliográfico de Galicia. O lugar onde exista o catálogo único de todas as bibliotecas de Galicia, o lugar onde se poida transferir todo o coñecemento relativo a ese enorme legado bibliográfico e documental que conforma a nosa propia cultura”, proseguiu.

Por outra banda, unha segunda unidade estará composta polo denominado Centro de Ciencias de Conservación do Patrimonio e polo Museo de Historia de Galicia. O primeiro edificio eríxese como un “centro de investigación de referencia europea” no que se realizará “un traballo exhaustivo en tecnoloxía aplicada de conservación e restauración do patrimonio”, sinalou a titular de Cultura, quen engadiu que este centro prestará, ademais, servizos externos a empresas e administracións. Por outra banda, o Museo de Historia de Galicia concíbese como “unha tarxeta de presentación da Galicia actual”, explicada a través dun percorrido polo seu pasado. O museo servirá para poñer de releve, segundo destacou a conselleira, “a relevancia do noso patrimonio cultural”.

Finalmente, unha terceira unidade estará conformada polo Centro de Arte Internacional, que poñerá a cidade da cultura “no circuíto de arte internacional actual”. Tal e como explicaron o presidente da Xunta e a conselleira de Cultura, a fórmula empregada será a de albergar exposicións mediante unha serie de contratos moi reducidos con museos de prestixio internacional, o que permitirá ter unha vía de intercambio con outras culturas do mundo. Esta terceira unidade da Cidade da Cultura albergará, ademais, o Centro Obradoiro que se concibe como un “centro de recursos propios para as artes escénicas, visuais e musicais de Galicia”. Dáse así resposta a unha idea reclamada desde que se abriu o mecanismo de participación da sociedade na redefinición do proxecto da Cidade da Cultura. Este centro, segundo Bugallo, “permitirá, así como dicía o presidente da Xunta, unha proxección internacional da nosa cultura e un intercambio completo e continuo da nosa cultura coas culturas do mundo”.

Tamén o propio complexo albergará un museo dedicado aos nenos, un centro lúdico-educativo no cal se traballará “na educación en valores e na creación artística dirixida especialmente aos nenos de entre 3 e 12 anos”, concluíu a conselleira de Cultura.

R.