Skip to main content

Constituída la mesa permanente de diálogo entre el Consorcio Audiovisual de Galicia y colectivos de actores

Tres asociaciones de actores y el Consorcio Audiovisual de Galicia constituyen la mesa permanente de diálogo cuyo principal objetivo es garantizar la participación de estas organizaciones en la elaboración y seguimiento del Plan de Formación, con el fin de garantizar que responde a las necesidades y carencias de los profesionales gallegos del sector audiovisual.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O 21 de decembro de 2006 constituíuse a Mesa permanente de diálogo do Consorcio Audiovisual de Galicia con distintos colectivos actorais, como AISGE (Artistas Intérpretes Sociedad de Gestión) representada por Isabel Blanco e Yolanda Pereira, AADTEG (Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia) coa participación de Cándido Pazó e Marcos Lorenzo) e APRADOGA (Asociación de profesionais da rama artística da dobraxe de Galicia) en cuxo nome acudiron Ana Lemos e Charo Pena.

Esta mesa forma parte dunha serie de accións que teñen como obxectivo garantir a participación das organizacións máis representativas na elaboración e seguimento do Plan de Formación do Consorcio Audiovisual de Galicia, para asegurar que este responde ás necesidades e carencias dos profesionais galegos do sector audiovisual.

A Mesa de Diálogo cos colectivos actorais canalizará o intercambio de información, opinións e puntos de vista entre a Administración e as distintas asociacións sobre o cumprimento dos acordos alcanzados, e os seus efectos. Realizará tamén a análise e avaliación e seguimento dos mesmos; e así mesmo organizará, coordinará e canalizará as súas propias ideas e propostas.

Esta iniciativa pretende ser moito máis que un foro permanente de diálogo, xa que supón o primeiro paso cara á implicación das asociacións e outras entidades para tomar, axilizar e materializar os acordos alcanzados.

A mesa terá entre outros obxectivos os seguintes:
a. Identificación e avaliación da situación actual dos actores en Galicia.
b. Realización das funcións de observatorio do sector audiovisual galego.
c. Análise e avaliación dos actuais programas de formación do propio Consorcio Audiovisual de Galicia e demais entidades da mesa para o deseño das correspondentes medidas correctoras.
d. Deseño de novas actividades de formación e promoción.

Plan de Formación Actoral 2007

Froito do diálogo coas asociacións de profesionais do sector audiovisual naceu o Plan de Formación do Consorcio Audiovisual de Galicia, que somete a súa oferta de cursos á análise e avaliación da propia Mesa, para a organización das próximas edicións. Deste xeito, para o ano 2007 están previstas as seguintes accións formativas dentro do Plan de Formación Actoral:

i. Curso de Interpretación para Actores, en colaboración con AISGE
ii. Curso de Voz específico para actores, titora: MARTA PINILLOS, en colaboración con AISGE
iii. Curso de Dobraxe (120 h), titor: LUIS IGLESIA, en colaboración con AISGE.
iv. Obradoiro de Dobraxe e Lingua (70 h), en colaboración con APRADOGA.
v. Congreso de tradución para a dobraxe en Galicia, País Vasco e Cataluña, organizado por Xoán Montero Domínguez, Universidade de Vigo.
vi. Obradoiro de tres semanas con Roger Gual: como se fai unha longametraxe, en colaboración con Escuela de Cine (25/30 alumnos de distintos perfiles).
vii. Obradoiro de realización de curtametraxes con Nacho Vigalongo (nominado ao Oscar á mellor curtametraxe) e Borja Cobeaga (25/30 alumnos de distintos perfiles).
viii. Xornadas de casting para actores, en colaboración con distintas asociacións de actores, para axudar aos participantes a mellorar na preparación de material e dos procesos de selección.
ix. Obradoiro de Prácticas Escénicas, con dúas seccións de traballo: Aula de dobraxe e Aula de Interpretación. Cada aula contaría cun titor-responsable que facilitaría ao profesional ou alumno os medios necesarios para a súa práctica, ensaio ou aprendizaxe, ademais de asesoramento. As aulas estarían abertas un día á semana.
x. Monográficos de Inglés Audiovisual en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Escola Oficial de Idiomas de Santiago. Serán dous cursos de 30 h, que se celebrarán a partir de xaneiro.

Catálogo 2007, promoción dos actores e actrices galegos

O CATÁLOGO 2007 é unha ferramenta de recompilación dos datos curriculares, fotográficos e videográficos dos actores e actrices de Galicia, que funcionará como instrumento de procura de recursos actorais da nosa comunidade, ao servizo, non só dos propios actores e actrices, para a súa promoción e proxección profesional, senón tamén para facilitar o traballo das produtoras audiovisuais, empresas de casting, axencias de publicidade e compañías teatrais, na obtención dos perfís que requiran.

Os principais obxectivos que se perseguen con este instrumento son:

-Incrementar a proxección profesional e a posta en valor dos recursos actorais da nosa comunidade,
-estimular a vertebración dos sectores da escena e do audiovisual de Galicia,
-ampliar o coñecemento e uso do CATÁLOGO no sector cultural galego e nos mercados españois e internacionais.

R.