Skip to main content

Galicia reorienta el gasto de los fondos europeos: se invertirán 1.030 millones en la sociedad del conocimiento

El conselleiro de Economía y Hacienda de la Xunta de Galicia, José Ramón Fernández, se ha mostrado convencido de que la Comisión Europea (CE) ve «positivamente» la «profunda reorientación» hecha por su Gobierno de las prioridades de inversión de los fondos comunitarios para Galicia en el periodo 2007-2013. El conselleoro se reunió con la comisaria de Política Regional, Danuta Hübner, con la que analizó el borrador del programa operativo del Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) para dicho periodo, así como la nueva estrategia definida por la Xunta.

En rueda de prensa, Fernández explicó que esa reorientación respaldada por la CE «pone el acento» en la sociedad del conocimiento (I+D+i), en la innovación empresarial y en el impulso emprendedor de éstas, con el objetivo de que en 2013 «Galicia tenga un nivel de desarrollo que la sitúe ya fuera del grupo de regiones menos desarrolladas» de la UE. Para los dos primeros objetivos, así como para «la creación de empleo de calidad», la Xunta destinará el 40% de los fondos FEDER, lo que supondrá alrededor de 1.030 millones de euros.

Según afirmó el conselleiro, es preciso «plantear la incorporación a la sociedad del conocimiento como un reto y un desafío necesario, en el que tiene que estar implicada toda la sociedad» para que Galicia pueda competir y tener profesionales con alto nivel de formación. El conselleiro afirmó que la convergencia de Galicia con las regiones más ricas de la UE se logrará «apoyándose en la sociedad del conocimiento, la innovación y las nuevas iniciativas empresariales». Asimismo, apuntó a la protección del medioambiente y el desarrollo de las infraestructuras como otros elementos fundamentales para alcanzar la convergencia con zonas más avanzadas.

La comisaria Hübner trasladó al conselleiro que «el cambio de prioridades (presentado por la Xunta) satisface los deseos de la CE».

Otro asunto analizado fue la iniciativa de creación de una agrupación europea de cooperación transfronteriza, acordada el pasado mes de noviembre entre Galicia y el norte de Portugal, calificada por Hübner de «pionera y la primera con carácter transfronterizo en la UE». Sobre este asunto, el conselleiro anunció que la comisaria fue invitada a tomar parte el próximo mes de julio en Vigo en el seminario monográfico «Agrupaciones de interés transfronterizo». Fernández expuso también el interés de la Xunta en tomar parte en una nueva iniciativa de la CE en proyecto, «Las regiones por el cambio económico», que fomentará el intercambio de experiencias y buenas prácticas en las políticas de desarrollo regional. En cada uno de los programas que integrarán la iniciativa deberá haber veinte regiones comunitarias, recordó.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Economía e Facenda de la Xunta de Galicia:

A Xunta de Galicia realizará no período 2007-2013 unha forte aposta pola sociedade do coñecemento cunha fonda reorientación dos fondos que recibirá da Unión Europea. En concreto, o Goberno galego primará o investimento en capital tecnolóxico e innovación fronte á tradicional dedicación ao gasto en infraestruturas. A nova orientación na utilización dos recursos comunitarios permitirá reforzar as prioridades orzamentarias postas en marcha pola Xunta no exercicio 2006 e coinciden coas directrices da UE para acadar unha economía competitiva e baseada no coñecemento, capaz dun crecemento económico sostido con máis e mellores postos de traballo e unha maior cohesión social. O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, mantivo en Bruxelas unha reunión coa comisaria de Política Rexional, Danuta Hübner, á que explicou polo miúdo as prioridades do Programa Operativo de Galicia –que se encontra en avanzado estado de elaboración- no que se recollen os programas de investimento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) para o período 2007-2013.

Segundo expuxo o conselleiro, Galicia dedicará máis fondos á educación e a I+D+i –en definitiva, a coñecemento- que a infraestruturas, co obxectivo de impulsar unha economía competitiva que permita avanzar na converxencia coas rexións máis desenvolvidas da Unión Europea. Ademais, o Goberno galego prevé impulsar o uso intensivo dos recursos do Fondo Tecnolóxico previsto para España e do cal Galicia –con 360 millóns de euros- recibirá máis do 25% do total destinado ás rexións Obxectivo Converxencia. No seu conxunto, a comunidade dedicará preto do 40% dos fondos procedentes do Feder á mellora do capital tecnolóxico e do capital humano nunha estratexia coincidente coas prioridades marcadas pola Comisión Europea para o próximo período. Tamén en liña con dita orientación, o programa elaborado polo Goberno galego establece unha importante participación dos aspectos relacionados co medio ambiente e o desenvolvemento sostible –case o 19%-, así como os vinculados ás enerxías renovables e o reequilibrio.

O conselleiro de Economía tamén abordou coa Comisaria europea unha iniciativa na que Galicia, xunto con Portugal, é pioneira no ámbito da Unión Europea. Trátase do acordo de constitución da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal que, tal e como recoñeceu Danuta Hübner, é unha das primeiras iniciativas neste terreo no seo da Unión. A AECT é unha fórmula con personalidade xurídica regulada dende mediados do pasado ano pola UE como instrumento para facilitar e fomentar a cooperación transfronteiriza. O fin último desta novidosa fórmula é o de reforzar a cohesión económica e social dos territorios fronteirizos no seo da UE.

A Xunta de Galicia e a Comisión de Coordenación e Desenvolvemento do norte de Portugal teñen presentado dende finais do pasado ano o convenio e os estatutos para a constitución da súa Agrupación ante os Gobernos dos seus respectivos Estados. Na proposta recóllese que a futura sede da Agrupación estaría situada en Vigo. Con esta iniciativa, a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal pretende unha mellor execución dos programas e proxectos de cooperación territorial cofinanciados pola UE, así como ampliar as posibilidades do colaboración máis aló dos fondos comunitarios.

En particular, a AECT Galicia-Norte de Portugal poderá executar programas e proxectos de cooperación territorial cofinanciados con cargo aos recursos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), do Fondo Social Europeo (FSE). A agrupación luso-galaica permitirá avanzar na cooperación dun área que abrangue máis de 50.000 quilómetros cadrados (o 9% da península Ibérica) e unha poboación de preto de 6,5 millóns de persoas (o 12%) . A Eurorrexión que conforman Galicia e o norte de Portugal está incluída dende o pasado mes de outubro no ámbito dos territorios que a Comisión Europea considera que poden recibir financiamento comunitario con cargo ao Feder.

R.