Skip to main content

Al igual que en Cataluña, se estudia imponer un gravamen a los pisos vacíos en Galicia

El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, ha confirmado que la Consellería de Vivenda estudia la posibilidad de implantar un gravamen a los pisos vacíos, si bien indicó que esta es una propuesta más de las muchas que analiza este departamento para facilitar el acceso a la vivienda.

En un acto junto al ministro de Trabajo, Jesús Caldera, y en respuesta a preguntas sobre si la Xunta estudia esta posibilidad que también se impulsa en Cataluña, el jefe del Ejecutivo gallego indicó que esta es una idea que se estudia por la Consellería. Por tanto, señaló, la idea se encuentra en fase de «consideración, como permanentemente están otras iniciativas», dado el compromiso del Gobierno gallego en políticas para incentivar la promoción de la vivienda pública. La Consellería, concluyó, está revisando esta propuesta, como otras muchas», concluyó.

Durante su reunión con el ministro de Trabajo, el presidente de la Xunta anunció la firma del primer Plan Integral de Empleo de Galicia que permitirá crear 10.000 nuevas oportunidades de empleo en 2007, que se suman a las 9.200 generadas en 2006. Además, el presidente del Ejecutivo gallego considera que el Plan de Empleo permitió crear un tercio de los nuevos puestos de trabajo del año pasado.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunciou que o 5 de febreiro asina coas axentes económicos e sociais o Acordo polo Emprego de Galicia, tal e como comprometera na súa investidura. O presidente manifestou a súa convicción de que este acordo permitirá crear un “horizonte” de “estabilidade, confianza e futuro” para seguir avanzando na creación de emprego e actividade na comunidade.

Así o destacou o xefe do Executivo autonómico durante a presentación dos datos da evolución do mercado laboral de Galicia en 2006 ofrecida conxuntamente co ministro de Traballo, Jesús Caldera, con quen mantivo previamente unha reunión no Pazo de Raxoi.

Ante os xornalistas, Emilio Pérez Touriño destacou que en febreiro se asinará coas organizacións empresariais e sindicais o Acordo polo Emprego que comprometeu ao inicio da lexislatura e que é o froito do proceso de concertación e diálogo aberto trala sinatura da Declaración Institucional polo Diálogo Social en Galicia en novembro de 2005.

Tras a sinatura desa declaración, lembrou o presidente, constituíronse seis mesas de diálogo que teñen desenvolvido un “traballo extraordinario”, pois, ademais de consolidar un “marco de diálogo estable” tamén deron resultados concretos: nove acordos que supoñen “un cambio radical” nas políticas de emprego.

Así, o presidente explicou que tres deles marcan liñas de actuación para os próximos anos, como son os de Obxectivos de emprego; o Plano Estratéxico contra a Sinistralidade e o Acordo marco para a negociación colectiva, un acordo logrado por “vez primeira” en Galicia.

Ademais, sinalou Touriño, os outros cinco crean ou modifican os instrumentos para reducir o desemprego,. Acadar máis emprego e de máis calidade e incrementar a competitividade da nosa economía. Son os que atinxen ao Instituto Galego de Saúde Laboral, o novo modelo de servizo público de emprego, o modelo de formación, a lei do consello galego de relacións laborais e o acordo sobre responsabilidade social corporativa.

O presidente atribuíu aos esforzos dos axentes económicos e sociais e ao clima de concertación e diálogo os bos datos colleitados pola economía e o mercado laboral galegos. Así, Emilio Pérez Touriño incidiu en que todos os indicadores -tanto a enquisa de poboación activa como a afiliación á seguridade social ou os datos de paro rexistrado do Ministerio de Traballo- confirman o “forte dinamismo” e a evolución “expansiva” da nosa economía.

Nesa liña, lembrou que no 2006 se crearon en Galicia 34.000 novos postos de traballo, superando as previsións do propio Goberno galego, e acadouse un nivel de ocupación cercano aos 1,2 millóns de ocupados, “descoñecido” desde hai máis de dez anos. Todo isto permitiu elevar a taxa de actividade ata o 54,1% e reducir o volume do paro ata un nivel do 7,3%, un 0,9% máis baixo que a media estatal e o nivel máis baixo desde 1982.

Tal e como salientou Pérez Touriño, en dous anos logrouse reducir a taxa de paro á metade, de algo máis do 18% ata o 9% actual. Ademais, a contratación indefinida creceu un 36% e o número de afiliados á seguridade social acadou a cifra de 41.000 cotizantes novos. Uns datos “moi importantes” que, como explicou o presidente, permitiron acadar avances significativos no “obxectivo prioritario” do Goberno galego de reducir o desemprego das mulleres e dos mozos, os colectivos con máis dificultades de colocación.

Esta positiva evolución da economía tivo o seu reflexo tamén na evolución da sinistralidade laboral. Así, segundo revelou o presidente, os accidentes laborais mortais se reduciron nun 22,7% (de 101 falecidos en 2005 a 78 en 2006) mentres que o índice de sinistralidade laboral global caeu un 2,6%. Pérez Touriño fixo fincapé en que as campañas específicas neste eido desenvolvidas pola Consellería de Traballo permitiron que a pesca, a construción e o sector servizos experimentaran reducións por enriba da media, do 4,9, o 3 e o 6,7%, respectivamente.

Na súa intervención, o máximo mandatario autonómico sostivo que no “inicio” destes bos resultados do mercado laboral está a aprobación e posta en marcha do I Plan Integral de Emprego de Galicia, rubricado a finais de 2005 e que inxectará ata 2009 un total de 192 millóns de euros cofinanciados co Ministerio de Traballo.

Pérez Touriño significou que no primeiro ano de aplicación deste plan se crearon oportunidades de emprego para 9.200 persoas, ás que se suman as 800 persoas que entraron en formación. Isto supón un terzo do emprego creado en Galicia no ano pasado. Para o vindeiro ano, o presidente avanzou que a previsión é crear outras 10.000 oportunidades de emprego ao abeiro do plan.

Pola súa banda, o ministro de Traballo salientou que a “moi positiva evolución” do emprego en Galicia durante o pasado ano permiten poñer a comunidade “como exemplo de cómo se poden facer ben as cousas”. Así, lembrou que desde que José Luis Rodríguez Zapatero asumiu a Presidencia do Goberno, Galicia foi a autonomía que máis reduciu o paro en España, un 40%, unha evolución que se acrecentou desde a segunda metade de 2005.

Jesús Caldera atribuíu estes datos ao bo funcionamento do Plan Integral de Emprego asinado en 2005, así como á reforma do mercado laboral impulsada polo Goberno central, que permitiu que nos últimos seis meses 55.649 persoas asinaran un emprego indefinido.

Finalmente, Caldera animou aos empresarios a apostar por esta fórmula de contratación dado que aporta máis produtividade, máis calidade e máis competitividade ás empresas.

Tras a súa reunión do Pazo de Raxoi, o presidente e o ministro participaron nun almorzo de traballo con representantes empresariais e sindicais da Comunidade galega, acto no que, entre outros, estiveron presentes o conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, e o delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras.

R.