Skip to main content

La Xunta se mantiene firme en la lucha contra la presión urbanística y asegura que pondrá fin a la primacía de los intereses privados

El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, ha advertido de que «no va a doblar el espinazo» ante la presión urbanística y ha asegurado que el Gobierno gallego será «firme» en la defensa del territorio y del país. En un almuerzo con medios de comunicación y acompañado de la conselleira de Política Territorial, María José Caride, el titular de la Xunta ha expresado su intención de mantener con «firmeza» la decisión de terminar con el «todo vale» en urbanismo y de poner fin a la «primacía» de los intereses privados sobre los colectivos. Además, Pérez Touriño ha abogado por finalizar la política de «hechos consumados», por la cual se obvia la norma con la esperanza de que no habrá más remedio que legalizar un hecho consumado. «Pero esto no es propio de un país avanzado y de una sociedad moderna», ha advertido.

Según el presidente gallego, por ese camino se degrada el territorio, ya que al incumplir la ley, dijo, se reducen las superficies verdes y la construcción de viviendas de protección oficial, señaló entre otros perjuicios. Como ejemplo ha citado la finca del Conde, en Vigo, en la que el municipio concedió permiso para construir un centro comercial, sobre el que el Tribunal Supremo ha dictado una sentencia de derribo. «¿Quién le devuelve a los vigueses la fincas no hechas y las viviendas no construidas?», se preguntó Pérez Touriño.

Para el titular de la Xunta la legalidad de los Planeamientos de Generales Ordenación Municipal (PGOM) «no es un debate de leguleyos», sino que se trata del modelo de país y de urbanismo que se quiera construir. «La herencia del PP es la del país lleno de agujeros, de desorden, de degradación de los mejores espacios del país», aseveró. Pérez Touriño afirmó que el PP debería explicar por qué se empeña en hacer prevalecer la agenda electoral, y aludió a la candidata de esa formación a la Alcaldía de Vigo, Corina Porro, como la «responsable» de llevar el tema del PGOM en la cita electoral.

El presidente gallego explicó que con estas medidas se pretende «garantizar» la seguridad jurídica, porque los ciudadanos y los empresarios no merecen que se les «engañe» con promesas que no se pueden cumplir. «Estamos desarrollando la ley vigente en directrices del territorio, por lo que no hay ningún terreno para la inseguridad jurídica», afirmó. «Apostamos por el urbanismo transparente para terminar con Gondomares ocultos», sentenció.

Por su parte, Caride ha apuntado que las Comunidades Autónomas gobernadas por «progresistas» apuestan por un urbanismo «responsable y sensato» y otras gobernadas por el PP «no se preocupan» por la protección del litoral ni del urbanismo. Según la conselleira, cuando el PP gobernó en la Xunta no cumplía con su función de ordenar el mercado, «y tenemos pruebas evidentes de ello», aseveró. «Cuando el sector público no ejerce su función tenemos lo que hay. La iniciativa privada se lleva las plusvalías y el sector público tiene que pagar los costes de proveer de abastecimiento de servicios a urbanizaciones que no los tenían», ha indicado.

La conselleira apeló a que no se confunda la responsabilidad de la función pública para «planificar» el urbanismo, con el papel de la iniciativa privada que debe «desarrollar» los planes aprobados por los responsables públicos. Caride recordó que las medidas diseñadas por el Gobierno gallego para proteger el litoral desarrollan la ley del Suelo vigente, algo que no hizo el gobierno anterior, y que afectan a menos del 1% del suelo urbanizable de toda Galicia y al 13 por ciento del suelo urbanizable de los municipios costeros, por lo que consideró que hay espacio suficiente para construir.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, asegurou que “redefinir e impulsar un urbanismo ao servizo do interese xeral e da calidade de vida da cidadanía” se mantén como un “compromiso inquebrantable” do Goberno galego”. Durante un almorzo con xornalistas no que estivo acompañado pola conselleira de Política Territorial, María José Caride, o máximo mandatario autonómico recalcou as últimas novas saídas á luz en relación co urbanismo “avalan a necesidade urxente de reorientar o rumbo” nesta materia.

A Lei de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e de protección do litoral permitirá que Galicia supere, en palabras do titular da Xunta, “unha das súas grandes eivas históricas, que é o crecemento difuso, a presión urbanística excesiva e a primacía dos intereses de grupos”, para, a partir de aí, “apostar por un urbanismo sostible, por un litoral protexido e por un equilibrio do territorio”. Trátase, insistiu, dun obxectivo colocado “no frontispicio das nosas prioridades”.

O xefe do Executivo autonómico expresou a súa confianza en que as novas coñecidas nas últimas semanas “contribúan a tomar conciencia e non ao contrario, a estimular a presión e a intimidación”. “Crear conciencia da situación, facer unha diagnose acertada e actuar en consecuencia forma parte da obriga dun país e estou seguro de que isto conecta co sentir maioritario da cidadanía, afirmou Pérez Touriño, quen engadiu que “o incumprimento sistemático da lei, o incumprimento sistemático de sentenzas xudiciais e casos supostos de corrupción personalizada non poden ser a liña de marcha deste país”.

O presidente do Goberno autonómico remarcou que o éxito no cambio no rumbo do urbanismo dependerá “do protagonismo dos cidadáns” e de que estes asuman como propios os obxectivos de ordenación e protección do territorio. Nese sentido amosouse convencido de que a maioría dos galegos “quere comprometerse nesta dirección, quere un país ordenado, quere unha costa protexida, quere un urbanismo do que se sintan donos, quere ter a garantía plena de seguridade xurídica, quere os espazos verdes, quere os viais ben feitos, quere ter redes de abastecemento de augas e quere ter a cidade ben construída”. Ademais, o presidente da Xunta apelou tamén á complicidade das administracións locais para acadar estas metas e remarcou a vontade do Goberno de “comprometer e cooperar cos concellos”, a través do Instituto de Estudos do Territorio e da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Emilio Pérez Touriño expresou a “firmeza” da vontade da Xunta de aplicar “unha auténtica política territorial”, insistiu en que “rematou o todo vale e a primacía dos intereses particulares sobre os intereses colectivos” e advertiu que “non imos dobrar o espiñazo por moita presión de parte que se meta”. “Seremos firmes na defensa da legalidade, porque iso é xustamente ser firmes na defensa do interese xeral da cidadanía das cidades e do país”, apostilou.

O xefe do Goberno galego referiuse tamén á determinación de acabar “coa política de feitos consumados” que consiste en “violar a norma porque diante do feito consumado non haberá máis remedio que legalizar a aberración”. Nesa liña insistiu que na aplicación da lei non collen interpretacións e asegurou que cando se fala do territorio non se está a facer “un debate de legulellos”, senón que se discute que país queremos ter. Remarcou a necesidade urxente de escoller entre “o país herdado do PP, o dos buracos, o do desorde, o da dispersión elevada ao grado máximo, a presión urbanística, a degradación dos mellores espazos do país” ou todo o contrario.

Como exemplo paradigmático da situación actual, Pérez Touriño citou a recente sentenza do Tribunal Supremo que declara ilegal a Finca do Conde de Vigo, e, ante a solicitude do concello da cidade de que se legalice co novo Plan Xeral, preguntouse “quén asume a responsabilidade de devolverlle aos vigueses as vivendas non construídas, quen asume a responsabilidade dos parques usurpados, quen vai indemnizar por unha decisión a todas luces irregular e ilegal, segundo di o Tribunal”. Sobre este asunto, o presidente da Xunta acusou ao PP de desconfiar dos fiscais e de introducir os intereses electorais e partidarios no debate sobre o urbanismo.

Finalmente, o titular do Executivo autonómico subliñou a importancia de garantir seguridade xurídica aos cidadáns e aos empresarios, que “teñen dereito a saber con plenitude de garantía xurídica o que se pode facer e o que non, sen seren enganados con promesas incumpribles porque son ilegais”. Contra isto, o presidente da Xunta dixo que “o urbanismo ten que ser absolutamente transparente e as normas que defenden o interese xeral teñen que ser cumpridas”.

A conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, defendeu hoxe as políticas adoptadas en materia de ordenación do territorio e protección do territorio desde a necesidade de “actuar polo interese público e non só dos intereses privados”. “O urbanismo é unha función pública e do ben que o fagamos dependerá a calidade de vida dos cidadáns”, remarcou.

A responsable de Política Territorial da Xunta lembrou que o Goberno actual herdou “un país desordenado, froito da tradición de dispersión da poboación e do non uso do urbanismo como función pública”. Así, asegurou que, vencido xa o prazo de dous anos previsto, ningún dos 77 concellos costeiros de Galicia ten o seu planeamento adaptado á Lei do Solo do 2002 e que “ao abeiro de planeamentos urbanísticos obsoletos constrúen onde, coa lei vixente non o poderían facer”, o que demostra que os únicos criterios de ordenamento sexan os intereses privados.

Caride, quen insistiu en que temos “un litoral privilexiado e o estamos destrozando”, remarcou a necesidade de reaccionar con iniciativas como o proxecto de Lei do litoral, que establece “a paralización cautelar dos desenvolvementos urbanos” na franxa dos 500 metros desde a ribeira do mar, de competencia autonómica. Asegurou que esta medida “cambia a tradición en ordenación do territorio” pero só afecta “ao 13% do solo urbanizable dos concellos costeiros e a menos do 1% do solo urbanizable de Galicia”. En consecuencia desbotou que a norma vaia repercutir negativamente na economía do país, “máis o contrario, terá consecuencias positivas porque fará moito máis atractivos” os enclaves do noso litoral, dixo, e puxo como proba as experiencias previas de Asturias, Cataluña, Cantabria ou Andalucía.

Por outra banda, a conselleira referiuse á creación do Instituto de Estudos do Territorio, que axudará economicamente, pero tamén con asesoramento técnico e legal aos concellos para desenvolver os seus planeamentos urbanísticos. E finalmente citou a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, consensuada cos concellos, que exercerá un labor de control para velar polo cumprimento das normas, e evitar situacións “traumáticas”, como as que producen ordes de derrubamento de vivendas xa construídas e mesmo habitadas. Trátase, dixo, Caride, “de medidas de choque que tratan de non perpetuar un modelo que vai en contra do benestar social”, que se completarán con dous instrumentos, as directrices de ordenación do territorio e o plan de protección do litoral, previstos xa na Lei do Solo de 2002 e que, finalmente, verán a luz nos vindeiros meses.
R.