Skip to main content

Aprobado el proyecto de Ley de Emergencias de Galicia: en tres años habrá un servicio integral para hacer frente a las situaciones de riesgo

El conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, ha asegurado que Galicia contará en tres años con un servicio profesional e integral y con cobertura plena para hacer frente a las emergencias, mientras que el PP calificó el proyecto de Ley aprobado hoy como un «churro».

Méndez Romeu, que defendió el proyecto ante el pleno del Parlamento, explicó que ese plazo comenzará a contar cuando entre en vigor la Ley de Emergencias que superó su primer trámite parlamentario, una vez que los grupos que apoyan el Gobierno -BNG y PSdeG- rechazaron una enmienda de devolución del PP.

El titular de Presidencia apuntó que este año se pondrá en marcha la Agencia Gallega de Emergencias, así como un plan director que en seis meses fijará las condiciones para desarrollar la Ley. Méndez Romeu afirmó que las líneas básicas que debe desarrollar la Ley para conseguir el objetivo básico de conseguir un servicio de emergencias profesional, homologable con otras Comunidades autónomas y con «cobertura plena» pasan por homogeneizar y ordenar las competencias de las distintas administraciones públicas. Según el conselleiro, esta ley «aclara» las competencias de los municipios de más de 20.000 habitantes y de las Diputaciones, ya que el modelo anterior, se caracterizaba por la «ausencia de modelo». En A Coruña, dijo, había una organización provincial; en Pontevedra y Ourense, comarcal, y en Lugo no existía ninguna organización. «Se trata de un sistema difícilmente gestionable, inviable y que no cubre el territorio», por lo que abogó por un sistema «homogéneo» que garantice la atención a todos los ciudadanos.

El responsable de Presidencia informó de que la media estatal de personas atendidas por cada profesional de las emergencias es de 2.441 personas, mientras que en Galicia son más de 3.600, y, en cuanto al gasto, explicó que la media estatal es de 21 euros, mientras que en Galicia es de 10 euros. Méndez expresó su deseo de que el proyecto de Ley sea mejorado en el trámite, y recordó que en 27 años es la primera norma de emergencias con rango de Ley que llega al Parlamento.

Por su parte, el viceportavoz del PP, Manuel Ruiz Rivas, defendió una enmienda de devolución al texto legislativo e invitó al Gobierno a que «rehaga este churro», en referencia a la ley, a la que consideró «llena de conceptos y vacía de contenido». «De un modelo basado en los voluntarios y complementario se pasa a un modelo en el que las Diputaciones y los municipios tienen que asumir competencias que no les corresponden. Les pasan el muerto», sentenció. Para Ruiz Rivas, el departamento que dirige Méndez Romeu es una «máquina de churros legislativos» que esta más preocupada por «tapar» los agujeros del Gobierno que por «solucionar problemas». Además, el diputado del PP criticó la creación de la Agencia Gallega de Emergencias, ya que, dijo, «lo que antes llamaban chiringuito ahora es un ente participativo». Según Ruiz Rivas, la Ley carece de «credibilidad» desde el momento en que se prevén emergencia por fuegos «volcánicos», ya que después de repasar la orografía de Galicia en busca de volcanes, explicó, el único que encontré es el Gobierno.

Pablo González Mariñas (BNG) y Beatriz Sestayo (PSdeG) criticaron al diputado popular por realizar «afirmaciones apocalípticas» no demostradas y lo invitaron a «dejar la estrategia electoral de cortas miras» para aprobar un proyecto para la sociedad.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, afirmou que a Lei de Emerxencias, actualmente en proceso de tramitación parlamentaria, debería permitir iniciar neste mesmo ano as accións previstas polo texto -especialmente a definición do seu plan director e a constitución da Axencia Galega de Emerxencias- e acadar “nun prazo máximo de tres anos a plena cobertura do territorio, a plena homoxeneidade na prestación dos servizos e a plena equiparación dos servizos profesionais prestados polos colectivos”.

O conselleiro presentou no pleno do Parlamento os catro obxectivos fundamentais do proxecto: regular as competencias das distintas administracións públicas; establecer un marco de financiamento do sistema integrado de protección civil e emerxencias; acadar a homoxeneización e regulación dos servizos de salvamento; e regular a formación e o funcionamento dos servizos de emerxencia baseados na profesionalidade.

No que se refire á ordenación das competencias das distintas administracións públicas, tanto da Xunta como das entidades locais -diferenciando os concellos de máis de 20.000 habitantes e as Deputacións provinciais-, a lei pretende aclarar a actual lexislación dispersa en materia de protección civil e xestión de emerxencias definindo para cada tipo de emerxencia un mando único, segundo dixo Méndez Romeu.

Así, o texto establece o marco xeral de competencias da Xunta, os municipios e as deputacións; as competencias do Goberno e os seus departamentos; o funcionamento da Axencia Galega de Emerxencias -que permitirá unha maior axilidade na contratación do persoal e dos medios necesarios para poder iniciar urxentemente as medidas que se tomen ante calquera emerxencia-; as competencias das administracións locais e a capacidade da Xunta para substituílas cando incumpran gravemente as súas obrigas; e o funcionamento dos órganos colexiados de asesoramento e coordinación -a Comisión Galega e as Xuntas Locais de Protección Civil.

O titular de Presidencia referiuse tamén ao marco financeiro integrado que establece a lei, segundo o cal os recursos procederán dos concellos de máis de 20.000 habitantes, das deputacións provinciais e da propia Comunidade Autónoma; alén doutras fontes de ingresos como as taxas, as contribucións especiais ou os fondos de entidades aseguradoras, entre outros. Ademais, dixo, a disposición adicional terceira dispón a creación de consorcios provinciais, formados polas administracións citadas, para a prestación dos servizos profesionais.

O texto, afirmou Méndez Romeu, tamén busca acadar a homoxeneización e regulación dos servizos de salvamento e emerxencias do sistema integrado de Galicia de xeito que se asegure que toda a poboación acade o mesmo nivel de atención, prestado “nun tempo prudencial”, en calquera parte do país. Segundo indicou, trátase de acabar coa situación actual, froito da práctica realizada nos últimos anos, que deu lugar a diferenzas substanciais de atención aos cidadáns en función do seu lugar de residencia, nas condicións de traballo do persoal profesional e na asunción de responsabilidades por parte das administracións locais.

O conselleiro explicou que a disposición adicional terceira contempla a ordenación do persoal mediante a publicación dun Plan director que no prazo de seis meses fixe condicións para a paulatina homologación, para a que se establece un prazo máximo de tres anos ata conseguir esa plena homoxeneidade. Neste sentido, asegurou que a creación dos consorcios provinciais será un “paso fundamental para conquerir este obxectivo”.

Polo que respecta á regulación da formación, o proxecto de lei establece as características propias dos colaboradores non permanentes e o persoal voluntario. No texto regúlanse ademais de xeito especial os servizos de bombeiros, establecéndose o prazo dun ano para o regulamento da carreira profesional dos mesmos.

O conselleiro de Presidencia subliñou que o texto “foi obxecto dun acordo moi amplo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), recolle unha parte importante das arelas profesionais dos traballadores do sector e abre un proceso de mellora, modernización e de garantía na prestación do servizo en todo o territorio” que “tenta rematar coa excepción da situación de Galicia no marco do Estado”.

Sobre esta situación de excepcionalidade, Méndez Romeu explicou que fronte á media estatal de 2.441 cidadáns atendidos por cada profesional de emerxencias, en Galicia a media é de 3.673; mentres que a media estatal do gasto dedicado a esta materia polos poderes públicos é de 21 euros por habitante, e en Galicia é só de 10 euros.

“A situación actual en Galicia dende o punto de vista xurídico e organizativo se caracteriza por non existir unha norma que dea cobertura ás actuacións obxecto do presente proxecto” denunciou, lembrando que en 1999 en Galicia só existían servizos profesionais nas sete grandes cidades. Entre os anos 2000 e 2005 o Goberno anterior puxo en marcha unha rede de once parques comarcais que daban cobertura a unha poboación total de 700.000 habitantes, relatou, e entre 2005 e a actualidade se están poñendo en marcha seis novos parques territoriais que cubrirán unha poboación de 300.000 habitantes ademais de levarse a diante a comarcalización dos servizos das cidades de Santiago, Ferrol, A Coruña e probablemente Vigo, “se frutifican as conversas en curso”. Así mesmo, lembrou que se está a facer un esforzo sen precedentes para complementar os servizos existentes nos pequenos e medianos concellos con vehículos de primeira intervención ata cubrir 142 municipios.

Sobre o modelo de xestión actual sinalou que existe un modelo organizativo de carácter provincial na Coruña, modelos organizativos de base comarcal en Ourense e Pontevedra, e ningún servizo na provincia de Lugo. “A participación da Xunta dende o punto de vista económico nesa estrutura non pode ser máis heteroxéneo –explicou-. Dende estruturas comarcais onde a Xunta financia o 62,5% a lugares onde non existe nin sequera a posibilidade de abrir os edificios construídos, como é o caso de Barreiros, en Lugo”.

Ademais, a xestión está externalizada e adxudicada a empresas privadas diferentes, o que significa diferente formación dos profesionais, alén de distintos modelos organizativos e retributivos. Romeu tamén fixo referencia aos grupos municipais de intervención rápida (Grumir), “presentes nun número importante de concellos e contratados baixo premisas de precariedade e inestabilidade” e aos dispositivos específicos das agrupacións de voluntarios así coma os dispositivos forestais.

“En definitiva, é un sistema dificilmente xestionable, inviable na súa xeneralización e que non garante unha cobertura homoxénea en todo o territorio galego. Por iso, o obxectivo xenérico da lei é crear un marco básico, moderno, homoxéneo, profesionalizado e homologable con outras comunidades autónomas, e un modelo que queda inxerido plenamente no ámbito da administración local”, afirmou o responsable autonómico, subliñando así mesmo que este é “o primeiro intento na historia da Comunidade Autónoma por ordenar un sector que cumpre unha función imprescindible nunha sociedade moderna“.
R.