Skip to main content

La Estrategia Energos 2006-2009 estructura la política energética de la Xunta de Galicia

Emilio Pérez Touriño, presidente de la Xunta de Galicia, presentó la Estrategia Energos 2006-2009 que estructura la política energética de la Xunta de Galicia. Lo hizo durante el almuerzo-coloquio que mantuvo en el Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela con miembros de la Asociación para el Progreso de la Dirección (APD). Pérez Touriño señaló que la Estrategia Energos permitirá reducir emisiones y dependencia, al mismo tiempo que una redistribución de cargas, y resalta que la eficiencia energética y el aprovechamiento de energías renovables son las claves de la política energética de la Xunta.

El presidente del Ejecutivo gallego anunció la inversión de 1.700 millones de euros por parte de todos los agentes implicados con el fin de conseguir en 2009 un total de 1.500 nuevos megavatios de energía eólica, 14 de energía fotovoltaica y 125 de biomasa, además de 30.000 metros cuadrados de paneles solares térmicos y 200.000 toneladas de biocombustibles.

Pérez Touriño asegura que esta estrategia del Gobierno de la Xunta consolidará el liderazgo de Galicia en energía eólica y se situará a la vanguardia de los biocombustibles y la biomasa. Un liderazgo energético que el presidente de la Xunta vincula a la buena marcha de la economía gallega por lo que también hizo referencia en este acto a los datos del mes de febrero que reflejan un saneamiento del mercado laboral con una reducción del 10% de la tasa interanual del paro, según el presidente de la Xunta.

El titular del Ejecutivo gallego insisten en apostar por la incorporación a la sociedad del conocimiento, por mejorar la competitividad de las empresas y por la ordenación del territorio.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, asegurou que a política enerxética da Xunta, definida na Estratexia Energos 2006-2009 permitirá “reducir emisións, reducir dependencias e redistribuír cargas”. Así o expresou o titular do Executivo autonómico no decurso dun xantar-coloquio organizado pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD), onde remarcou que a eficiencia enerxética e o aproveitamento das enerxías renovables son as claves que definen a política da Xunta nesta materia.

Nunha intervención na que presentou o balance e perspectivas da economía galega, Pérez Touriño advertiu de que, na procura dun desenvolvemento sostible e de racionalización no aproveitamento dos recursos, a produción de enerxía xoga un papel fundamental, e lembrou que nesta materia Galicia ocupa un lugar destacado.

Nese sentido, o presidente da Xunta anunciou que a Estratexia Energos 2006-2009 contempla un importante impulso das enerxías renovables nesta lexislatura, de forma que no ano 2009 Galicia dispoña de 1.500 novos megavatios de enerxía eólica, 14 de enerxía fotovoltaica e 125 de biomasa, ademais de 30.000 metros cadrados de paneis solares térmicos e 200.000 toneladas de biocombustibles por ano. O xefe do Goberno galego concretou que “toda esta nova política vai supoñer investimentos por valor de 1.700 millóns de euros por parte de todos os axentes implicados”.

O máximo mandatario autonómico salientou que Galicia ocupa unha posición “de lierado mundial” no eido da enerxía eólica, cunha potencia de 4.078 MW instalados, autorizados ou en trámites, e manifestou a intención da Xunta de consolidar esta posición “punteira”, acadando os 6.500 MW no horizonte de 2012. No tocante ao eido do biocombustible, Touriño resaltou que se trata dun sector estratéxico no que Galicia se está a posicionar “cun futuro moi potente”, a través de novos proxectos en diversos eidos xeográficos que “nos van colocar na vangarda dos biocombustibles”. O presidente galego indicou tamén que a Xunta impulsará sete novas plantas de biomasa, que suporán un investimento de 171 millóns de euros na comunidade e permitirán “xerar enerxía e a utilizar razoablemente o noso monte, ordenalo e mantelo en produción e, polo tanto, reducir o risco cando se fala de incendios”.

Ante os líderes empresariais convocados pola APD, Emilio Pérez Touriño informou de que a Estratexia Energos se completa co Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética, que formula reducir o crecemento da demanda enerxética en case un punto porcentual (do 3,2% ao 2,3%).

Durante a súa intervención, o presidente da Xunta transmitiu unha perspectiva global da situación da economía galega e das súas perspectivas futuras. Así, comezou por definir como “moi favorable” a evolución da economía autonómica, que, permitiu, dixo, reducir a fenda que nos separa das rexións máis desenvolvidas. “Galicia avanza, ao fin, na boa dirección, na dirección do crecemento e da converxencia”, apostilou.

Como proba desta afirmación referiuse a indicadores que mostran que Galicia acabou o ano 2006 cun ritmo de crecemento superior ao 4%, por riba da media española e europea, ostentando ademais un crecemento sostido durante todos os trimestres, equilibrado, e que se basea “no bo comportamento dos sectores máis importantes da nosa economía: a industria e os servizos”, dixo Touriño, quen destacou tamén a importancia das boas cifras da economía exterior.

O titular do Executivo autonómico explicou que esta boa marcha dos indicadores económicos están sustentados no saneamento do mercado laboral, onde, remarcou, “os datos non poden ser máis esperanzadores”. Así, destacou a creación de 33.000 novos empregos no ano 2006 e a suba nun 37% da contratación indefinida.

Ademais, Touriño deu a coñecer os últimos datos de rexistro de desemprego, correspondentes ao mes de febreiro, que amosan unha redución interanual do 10% na taxa de desempregados, unha baixa que acada o 20% no caso dos parados menores de 25 anos e que se distribúe de maneira practicamente uniforme entre homes e mulleres.

O presidente subliñou a importancia do recentemente asinado Acordo polo Emprego en Galicia, que definiu como “o mellor feito na comunidade este ano”, froito do diálogo social e que permitirá seguir avanzando nesa dirección.

Tras expoñer as claves da boa saúde da economía galega, Emilio Pérez Touriño puxo o acento na necesidade de manter e consolidar “o escenario actual de crecemento económico e creación de emprego”. Nese sentido lembrou que na construción do país, o empresariado constitúe “a punta da lanza, unha plataforma dun valor extraordinario”.

O presidente da Xunta explicou que apostar pola innovación e a formación como fórmulas para a incorporación á sociedade do coñecemento, xunto coa dotación das empresas dos recursos necesarios –capital humano e tecnolóxico, infraestruturas, solo industrial e enerxía-, e o impulso da ordenación e protección do territorio constitúen as palancas de actuación do Goberno galego.
R.