Skip to main content

El Plan de Desarrollo Integral para Ferrolterra pasa por la creación de 4.400 nuevos puestos de trabajo entre 2007 y 2011

El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, presentó en la ciudad departamental el Proyecto de Desarrollo Integral de Ferrol, Eume y Ortegal, en el que se recogen "compromisos concretos e inversiones estratégicas" del Gobierno gallego para ejecutar en la comarca en el período 2007-2011.

En un comunicado, el Ejecutivo informó de que el titular autonómico mantuvo un encuentro con miembros de la asociación impulsora del Plan Ferrol, tras el que se realizó la presentación en un acto público al que asistieron empresarios, sindicatos, y otros representantes de la ciudad. En este acto el presidente de la Xunta estuvo acompañado por el conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio.

El plan recoge compromisos concretos a ejecutar en el período de 2007 a 2011, dentro de un proyecto integral de infraestructuras. La primera línea de actuación será la construcción de infraestructuras que quedan pendientes y seleccionar sectores de diversificación. Así, la Xunta afirmó que con esta iniciativa se pretende dar una "oportunidad de cambio" a Ferrol, para "variar la tendencia actual de decadencia económica".

El documento plantea un crecimiento económico del 16% en cuatro años a un ritmo anual del 3% con la previsión de crear 4.400 nuevos puestos de trabajo en sectores considerados clave como el eólico, el turismo o la logística, e incrementar el valor añadido bruto de la comarca en más de 400 millones de euros en sectores «de futuro».

El plan prevé una inversión global de 1.163 millones de euros, de los cuales 828 millones para dotación en infraestructuras, mientras que los 335 millones restantes son ayudas y subvenciones públicas. Así, el 55% de esas ayudas serán aportadas por la Xunta y el 45% restantes por el Gobierno central. Touriño se comprometió además a trabajar por la consecución de una segunda fase del puerto exterior de Ferrol, en Cabo Prioriño, sujeto a la entrada en servicio de la primera, prevista para finales del 2007.

Asimismo, abogó por la conexión ferroviaria al puerto de Caneliñas y por la finalización de infraestructuras importantes para la ordenación del territorio como la autovía Ferrol-Vilalba, que enlazará con la Transcantábrica o el corredor de la costa Ferrol- San Cibrao. «Es una hoja de ruta para una nueva etapa» proclamó Touriño, y destacó su voluntad de «cambiar la tendencia y superar definitivamente una línea de evolución histórica», en la que la comarca Ferrol ha ido perdiendo progresivamente peso en la economía gallega.

La presentación del Plan Integral para la comarca ferrolana se desarrolló en el auditorio de la Fundación Caixa Galicia de Ferrol ante más de un centenar de responsables políticos, alcaldes de la comarca y representantes del sector empresarial de la zona. Antes de presentarlo públicamente, el presidente de la Xunta y el conselleiro de Economía, José Ramón Fernández Antonio, se reunieron con los responsables de la AIPF para examinar algunos detalles del proyecto. La citada asociación surgió tras la última reconversión naval, en 2004, con el objetivo de abanderar un plan para reflotar la economía comarcal con la implicación de los gobiernos central, autonómico y local, además de los agentes sociales. El presidente de la entidad, Xulio Abelleira, declaró posteriormente a los medios de comunicación que la asociación ferrolana valora positivamente el compromiso de la Xunta, indicó que habrá un «seguimiento» para garantizar el cumplimiento del mismo y pidió concreción sobre el futuro de la actividad industrial civil de Navantia en Fene.

Precisamente sobre este tema se pronunció el presidente de la Xunta en este acto, asegurando que existe un «compromiso cerrado» con el máximo responsable de la SEPI, Enrique Martínez Robles, para liberar 200.000 metros cuadrados de los activos ociosos de Navantia para desarrollar actividades industriales. Touriño apuntó que «con la SEPI se ha cerrado un acuerdo inicial» para disponer de 200.000 metros cuadrados de terreno dentro de las instalaciones de Navantia en Fene y que, según el compromiso, podrían tener «usos de otras industrias como la eólica o la maremotriz». Apuntó que además el acuerdo aspira a buscar inversores privados para actividades que «no son nucleares del negocio de Navantia, como turbinas y aerogeneradores».

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, presentou o Plan de Desenvolvemento Integral das Comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal 2007-2011 que prevé un investimento público de 1.163 millóns de euros, cos que o Goberno galego pretende impulsar un cambio das tendencias regresivas que afectaron á zona nos últimos 25 anos e incorporala á creación de emprego e á actual fase expansiva e de dinamismo económico.

O plan foi presentado ante os axentes sociais e económicos da comarca de Ferrolterra, nun acto ao que asistiron 200 persoas e que contou coa participación do conselleiro de Economía, José Ramón Fernández Antonio.

Segundo expresou o xefe do Executivo galego, o Plan de Desenvolvemento Integral recolle o compromiso e o obxectivo de que a comarca de Ferrolterra pase a formar parte dos espazos que, “como mínimo”, igualan o ritmo de crecemento medio de Galicia e de España.

“Estamos en condicións de mudar a historia e iniciar unha dinámica positiva na creación de actividade e de emprego a través das propostas recollidas no plan”, destacou Pérez Touriño, quen sostivo que o obxectivo plantexado no proxecto para Ferrolterra é crecer un 16% ata o ano 2011, o que suporía acadar unha taxa anual do 3% e multiplicar por catro o ritmo medio dos últimos 25 anos. Lograr este obxectivo implicará a creación de 4.400 empregos e a xeración dun valor engadido estimado en 3.000 millóns de euros.

Segundo explicou Pérez Touriño, o investimento privado previsto acadará os 2.000 millóns de euros, mentres que o público se situará en 1.163. Destes 1.163 millóns, o presidente destacou que o Goberno galego achegará 828 millóns á dotación de equipamentos e infraestruturas, mentres que 335 millóns se destinarán a subvencións e axudas que incentiven a actividade económica e empresarial na zona. O presidente puntualizou que o investimento público estará financiado nun 55% polo Executivo galego e un 45% polo Estado.

O máximo mandatario autonómico sinalou que o investimento público está dirixido en boa medida a completar os grandes equipamentos en infraestruturas, fundamentais para que o proxecto poida “ser exitoso”. Entre eles citou a accesibilidade e posta en servizo do porto exterior de Ferrol, o saneamento integral da ría e a conclusión de dous grandes eixes de comunicación: a autovía Ferrol-Vilalba e a vía de alta capacidade Ferrol-San Cibrao.

Respecto da autovía, o Pérez Touriño sinalou que se están a investir 135 millóns de euros, mentres que na conexión a San Cibrao o investimento é de 277 millóns de euros. Con estas dúas infraestruturas viarias “quedará completada a rede de comunicacións de Ferrol coa Autovía do Cantábrico, a A-6 e a vía de alta capacidade comunicará toda a costa, o que debe permeabilizar e permitir o crecemento de todo o Cantábrico galego”. Xunto a estas infraestruturas tamén citou os investimentos en solo industrial, que recibirán 172 millóns de euros.

A este respecto, o titular do Goberno galego anunciou “o compromiso xa pechado” co presidente da SEPI para liberar un mínimo de 200.000 metros cadrados de terreos ociosos en Fene de xeito que se poidan reutilizar seguindo as liñas e orientacións marcadas polo plan. Xunto a isto, incidiu, está en marcha a xestión do polígono de San Pedro de Leixa, así como o estudo de viabilidade da plataforma de Mandiá e case completada a 4ª fase do polígono de Río do Pozo, o que suma un total de 3.600.000 metros cadrados de solo empresarial, sen contar os terreos de Fene e os 500.000 metros cadrados do porto exterior, explicou Pérez Touriño.

“O máis importante é que poñemos en marcha un instrumento que permite por vez primeira a xestión coordinada e integral de todos os sectores para conseguir o éxito de superar a situación”, subliñou o xefe da Administración autonómica.

Pérez Touriño tamén avanzou o compromiso do Goberno galego de que todas as dársenas e peiraos da comunidade teñan conexión ferroviaria e, neste sentido, salientou a recente publicación do estudo informativo da conexión do porto exterior ferrolán. Ademais, avanzou que este porto estará plenamente operativo no vindeiro ano e comprometeu o lanzamento da segunda fase desta dársena unha vez estea cuberta e funcionando a primeira, “sen solución de continuidade”. “Temos que volcarnos na operatividade, posta en valor inmediata e a atracción de tráficos no porto exterior, que é a grande oportunidade de Ferrol”, expresou o presidente, quen lembrou que a entrada en funcionamento desta dársena coincidirá coa da regasificadora de Mugardos.

Finalmente, o máximo mandatario da Xunta salientou o compromiso inequívoco do Goberno galego e do de España con Ferrol e considerou que Galicia atravesa un escenario “razoablemente positivo e de esperanza” para abordar o proxecto hoxe presentado con garantías de éxito e de cumprimento dos obxectivos marcados.

“Da unión concreta da Oficina de impulso e xestión do plan, coa participación directa da Asociación Impulsora do Plan Ferrol e todos os axentes políticos temos un instrumento prezado, magnífico, útil para trazar cada paso, definir o horizonte e avaliar o grao de éxito do plan”, sinalou Pérez Touriño, quen agradeceu o traballo realizado ao longo do último ano para dar a luz o plan presentado esta mañá e salientou que seguirá “persoalmente” a programación incluída no mesmo.

Pola súa banda, o conselleiro de Economía, José Ramón Fernández Antonio, foi o encargado de debullar o plan de desenvolvemento integral. Así explicou que este proxecto marca 11 sectores de actuación prioritaria –divididos en sectores de soporte e sectores de futuro) entre os que salientou o eólico, o turístico, o loxístico, o naval e o dos biocombustibles.

Respecto do primeiro, explicou que o plan marca como obxectivo duplicar ata o 2011 o valor engadido bruto deste sector de actividade. Ademais aposta por constituír o clúster do sector eólico, atraer empresas de referencia e apoiar o proceso de internacionalización do sector.

En canto ao turístico, o plan fixa como obxectivo multiplicar por 3,5 o valor engadido bruto que xera na actualidade e duplicar a capacidade hoteleira das tres comarcas. Ademais prevé a creación dunha marca turística para Ferrolterra e o desenvolvemento dun plan turístico e de ordenación do sector.

En relación ao sector loxístico, prevé multiplicar por cinco a actividade económica do mesmo, dinamizar e captar tráficos coas compañías navieiras para aproveitar ao máximo as capacidades do porto exterior.

En canto ao naval, o recóllese o obxectivo de establecer o clúster do naval e aposta pola diversificación e tecnificación do sector. Ademais inclúe a creación do Centro Tecnolóxico naval en Ferrol e aposta por asegurar a carga de traballo nas instalacións de Navantia.

No que respecta aos sectores de biocombustibles, o documento aposta pola implantación de proxectos de produción de biocombustibles –como o confirmado de Entabán no porto exterior de Ferrol- e aproveitamento da biomasa.
R.