Skip to main content

Acuerdo histórico para mejorar la Atención Primaria en Galicia: se crearán casi 500 nuevas plazas para sanitarios y se invertirán 63 millones de euros

Un sistema más racional, justo, con más recursos y mejor ordenados. Así resume el presidente de la Xunta de Galicia las actuaciones previstas en el nuevo Plan de Mejora de la Atención Primaria en Galicia firmado por la conselleira de Sanidad, el secretario xeral del Sergas y representantes sindicales, de sociedades científicas y asociaciones profesionales.

Un plan que, en su periodo de vigencia contemplado entre 2007 y 2010, supone una inversión de 63 millones de euros, con una financiación de 4 millones para garantizar la sustitución de facultativos y de otros 4 (a aplicar ya en 2007) para el incremento de 144 plazas en atención primaria. El titular del Ejecutivo gallego estima que el plan implicará la creación de 309 plazas de médicos de familia y 65 de pediatría.

Pérez Touriño destaca que el documento firmado representa "un pacto de país y un pacto de compromiso con la sanidad pública gallega", constituyendo una muestra inequívoca del compromiso del Gobierno gallego para garantizar la calidad y equidad en la sanidad para todos los gallegos.

Reducir las esperas de los pacientes sin renunciar a un servicio sanitario de calidad es el principal objetivo de este plan que Galicia implanta de forma pionera en España, ya que se trata de la primera comunidad autónoma que pondrá en marcha actuaciones que concuerdan con las recomendaciones de la estrategia de Atención Primaria del siglo XXI debatidas en el Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O titular do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, cualificou de “histórico” o acordo sobre o Plan de Mellora de Atención Primaria 2007-2010, asinado no Pazo de Raxoi entre o Goberno galego e as centrais sindicais, sociedades científicas e asociacións profesionais. “O acordo é estratexicamente histórico porque sitúa a Atención Primaria nun espazo máis humano e achegado ás necesidades dos cidadáns, e nos permite reordenar os recursos: máis recursos, máis ordenados nun sistema máis racional e máis xusto”. Trátase, en definitiva, segundo o mandatario autonómico, de “menos esperas e menos colas para os pacientes”.

Na súa intervención, Pérez Touriño insistiu na necesidade de converter a Atención Primaria en “porta de entrada do sistema sanitario” e “no eixo do sistema”, que permita resolver “a maior parte dos problemas de saúde da poboación”, superando así un “erro estratéxico” que ten conducido a que se requira dos hospitais o que a atención primaria non presta.

“Coa sinatura deste acordo –remarcou o presidente da Xunta-, imos se capaces de construír entre todos unha Atención Primaria que sexa, agora si, o eixo principal, a columna vertebral do sistema sanitario galego, dotándoa de máis recursos, compartindo e implicando aos seus profesionais na súa evolución e conferíndolles unha maior capacidade de resolución”.

Emilio Pérez Touriño argumentou a importancia do texto asinado hoxe por dous motivos fundamentais: por canto o acordo representa “un pacto de país e un pacto de compromiso coa sanidade pública galega” e por canto Galicia se converte na primeira comunidade que vai poñer en marcha actuacións que concordan coas recomendacións da estratexia de Atención Primaria debatidas no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.

Referíndose á primeira das razóns, o titular do Goberno galego esgrimiu que o Plan de Mellora de Atención Primaria 2007-2010 aborda as necesidades actuais e de futuro e consta dos instrumentos de avaliación necesarios para facer o seu seguimento e cumprimento dos obxectivos marcados e das novas necesidades que poidan xurdir.

“É un acordo vivo como corresponde a unha sociedade galega moderna, innovadora, con ansia de participación, con institucións e axentes sociais e económicos dinámicos e dispostos a traballar e colaborar na construción do futuro”, insistiu.

A sinatura, engadiu, é unha mostra “inequívoca” da aposta do Goberno que preside por garantir “a calidade e a equidade na sanidade pública galega”.

Respecto do segundo dos motivos expostos, o mandatario galego precisou que Galicia ten “a satisfacción de ser a primeira comunidade autónoma que porá en marcha actuacións que concordan coas recomendacións da estratexia de Atención Primaria do século XXI (AP21), debatidas no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde”. Exemplo, ao seu entender, que demostra que a comunidade galega non é “o país resignado que debuxan os tópicos”, senón que está disposta a dar un exemplo de capacidade “para tomar as rendas do seu futuro”, iniciando un camiño que, a xuízo de Pérez Touriño, “vai ser referencia das demais comunidades autónomas de España, que teñen a mirada posta” neste acordo asinado.

O plan vai permitir configurar un novo modelo de Atención Primaria en Galicia, dotando aos centros de mellores infraestruturas físicas, incorporando novas prestacións e asegurando a calidade asistencial, aumentando a capacidade de resolución de problemas e incrementando o persoal tanto no número como no tempo de dedicación. Isto, a xuízo do mandatario galego, permitirá mellorar e ampliar os recursos humanos, incrementar os estándares de calidade e reducir a burocratización excesiva do sistema”.

A partir deste acordo, os médicos de primaria poderán solicitar a realización de probas diagnósticas como radiografías, biopsias, citoloxías ou ecografías, o que permitirá tamén axilizar significativamente a asistencia aos pacientes.

Segundo explicou o presidente da Xunta, estas liñas marcadas para o presente inmediato, pero cun período de implantación progresiva nos próximos anos, van supoñer un compromiso orzamentario “inxente” por parte do Goberno galego. “Comprometemos, xa, para o período de vixencia do Plan de Mellora, preto de 63 millóns de euros”, sinalou Touriño, engadindo que o acordo significa “avanzar xa”.

De aí que no presente ano 2007 se vaian investir preto de 4 millóns de euros no incremento de 144 prazas en Atención Primaria, e preto doutros 4 millóns de euros para garantir a substitución de facultativos. “Estimamos que o plan conleve a creación de 309 prazas de médicos de familia e 65 de pediatría ao final do período de vixencia do plan”, engadiu o presidente galego.

O obxectivo final que se persegue é rematar coa saturación do persoal sanitario e reducir o número de pacientes por médico, posto que, segundo manifestou Pérez Touriño “queremos pasar de mil cincocentos usuarios por médico a mil douscentos cincuenta e en atención pediátrica a oitocentos”.

Por último, o xefe do Executivo galego agradeceu a implicación e achega de todas as organizacións sindicais, sociedades científicas e asociacións profesionais ao acordo e lembrou que o texto foi articulado “coa nova maneira de facer política, co diálogo, coa transparencia e co respecto ás diversas e lícitas sensibilidades, traballando man a man con responsabilidade e colaboración”.

Por iso dixo sentirse “moi orgulloso”, xa que o plan asinado hoxe representa, ao seu xuízo, “á sociedade galega que precisamos, para desenvolver os retos que estamos abordando e que require este país”.

“Teño o pleno convencemento –engadiu Touriño-, de que coa sinatura do Acordo sobre o Plan de Mellora de Atención Primaria de Galicia 2007-2011, a atención sanitaria galega, a de todas e a de todos, elévase un chanzo máis no proceso de mellora que ten comprometido o Goberno galego”.

Pola súa banda, a conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal salientou que o Plan de Mellora da Atención Primaria de Galicia 2007-2011 constitúe “unha serie de propostas e medidas para paliar os defectos estruturais da Atención Primaria galega” e lembrou que no Goberno autonómico “desde o primeiro momento apostamos por darlle o pulo necesario que requiría a Atención Primaria, con medidas que supuxeron melloras fronte a situación que atopamos”, como a extensión do novo modelo de Atención Primaria, as melloras nos recursos humanos, a estabilidade no emprego, a incorporación de novas prestacións e a introdución das novas tecnoloxías nos centros de saúde.

“Queremos acadar un obxectivo permanente e irrenunciable das administracións sanitarias: a calidade dos servizos, acadando a capacidade de resolución no ámbito de atención primaria para mellorar a efectividade diagnóstica e terapéutica, e incrementando a accesibilidade das probas”, asegurou a conselleira de Sanidade, que tamén salientou que “a participación e o acordo da maioría das asociacións, sociedades e sindicatos”, como un valor engadido do plan.

A titular da Sanidade pública galega gabou o diálogo como método para a mellora da asistencia sanitaria, e dirixiuse aos presentes para indicarlle que “se durante todo este tempo contamos con esta dedicación e espírito transformador, agora, máis que nunca, precisamos do voso compromiso e impulso para levar a cabo este acordo”.
R.