Skip to main content

Una red de formadores en la Galicia Exterior contribuirá a fortalecer la cultura gallega en la emigración

Una red de formadores en la Galicia Exterior contribuirá a fortalecer la cultura gallega en la emigración, según la apuesta de la Xunta de Galicia dada a conocer por el secretario xeral de Emigración durante la inauguración de los Obradoiros para a Mocidade Galega residente no Exterior en los que podrán participar 130 jóvenes de 16 países y 10 comunidades autónomas.

Los participantes se formarán a lo largo de una semana en diferentes áreas de conocimiento con el fin de participar en la creación de la red de formadores en el exterior que se completará con la potenciación de las ludotecas con el fin de alimentar la futura vinculación e identificación de los menores con su país de origen.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Secretaría Xeral de Emigración de la Xunta de Galicia:

O secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, avogou, durante a inauguración dos Obradoiros para a mocidade da Galicia exterior, por articular unha “auténtica rede de formadores nos países nos que se asenta a emigración galega que contribúa a normalizar nesas sociedades a vida social e cultural de Galicia”, así como a fortalecer no futuro “os lazos das novas xeracións de orixe galega coa identidade do país”.

Os obradoiros formativos dirixidos á Galicia exterior, que contarán coa participación de 130 mozos e mozas de orixe galega procedentes de 16 países e 10 comunidades autónomas, pretenden ser unha aposta definitiva por adaptar a oferta de actividades ás demandas reais da sociedade, tratando de cumprir co obxectivo de formar en Galicia aos responsables de determinadas áreas de actuación dentro das entidades galegas no exterior para a ampliación e adquisición de novos coñecementos e ferramentas que permitan unha maior dinamización e participación no seo da súa entidade, investindo así os coñecementos adquiridos e garantindo a participación da cidadanía galega no exterior dun xeito normalizado na vida social e cultural de Galicia.

O responsable da departamento de Emigración da Xunta ponderou a importancia dos obradoiros, pois a consolidación da rede de formadores no exterior debe “contribuír no futuro a un mellor posicionamento da cultura galega e os intereses de Galicia nos países da emigración e nas diferentes comunidades autónomas con presenza galega.
“Os fillos e neto
s de galegos que participan nos obradoiros”, sinalou Rodríguez, “están chamados a ser embaixadores de Galicia no exterior”, e polo tanto “os mellores transmisores da nosa lingua, da nosa cultura e da nosa identidade”.

Creación de ludotecas

A importancia de fomentar accións que fortalezan os vínculos culturais e identitarios entre Galicia e o exterior, xustifica que durante a segunda parte da lexislatura unha das iniciativas a acometer dende a Secretaría xaral será a creación de ludotecas, institucións que deben servir, ademais de para realizar una animación globalizadora cos nenos asistentes e para funcionar como un elemento de dinamización dos cambios de mentalidade, do movemento de opinión e dos cambios no sistema educativo, familiar e do tempo libre en que vive a poboación infantil, para “alimentar a vinculación futura e a identificación dos menores de orixe galega co seu país de orixe e en especial coa súa lingua e cultura”.

O perfil que debuxa a radiografía da emigración galega nada en Galicia, demanda do meu Goberno accións decididas tendentes a garantir que as xeracións dos países da emigración, manteñan os vínculos coa identidade galega.

A xuventude da emigración configúrase como un elemento de enganche entre Galicia e os seus cidadáns no exterior. Afondar na súa formación é, nese sentido, un xeito de estreitar un tipo de vínculos que permiten á Galicia territorial contar cun capital humano que pode e debe de competir en igualdade de condicións.

Participantes

A edición de 2007 engade aos tradicionais obradoiros sobre técnicas de danza e baile folclórico, música tradicional galega, técnicas de percusión, emprego de novas tecnoloxías e Internet, dinamización e comunicación social, as modalidades de edición e maquetación de publicacións para os centros galegos e a e mestres de música tradicional, dirixida a participantes cun nivel alto que colaboren en tarefas de ensino nas súas entidades
Os Obradoiros para a mocidade da Galicia exterior contará con presenza de mozos e mozas chegados dende Arxentina, Brasil, Costa Rica, Cuba, Chile, Estados Unidos, México, Uruguai, Venezuela, Alemaña, Andorra, Bélxica, Francia, Holanda, Portugal e Suíza, así como de dez comunidades autónomas do Estado español.
R.