Skip to main content

La web Climantica, con información y mensajes de sensibilización sobre el cambio climático, recibe 5.000 visitas en dos meses

http://climantica.org, la página web de la Consellería de Medio Ambiente de la Xunta de Galicia sobre información y sensibilización en torno al cambio climático recibió 5.000 visitas en dos meses.

Este portal, al que también se puede acceder a través de la web de la Consellería -www.medioambiente.xunta.es-, recibió visitas de toda España e incluso de otros países como Estados Unidos o el Reino Unido.

Esta iniciativa se enmarca en un programa de sensibilización e información sobre el cambio climático puesto en marcha por el departamento autonómico que contempla otros tres planes de mitigación, adaptación e investigación sobre este fenómeno.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Medio Ambiente de la Xunta de Galicia:

A campaña de información e sensibilización fronte ao cambio climático, posta en marcha pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible o pasado mes de febreiro, está a contar cunha grande acollida. Así, páxina web Climántica, na que se pode acceder aos contidos incluídos no programa que leva o mesmo nome, recibiu xa máis de 5.000 visitas, de persoas interesadas neste programa que está a ser un referente no Estado, segundo recoñeceu o propio Ministerio de Medio Ambiente, que se comprometeu a difundilo noutras comunidades. Así, a propia web do ministerio e outras, coma a de Cantabria, contan con links de acceso á páxina de Climántica.

O portal, ao que se pode acceder dende a propia web da consellería (http://medioambiente.xunta.es), permite ao usuario dende atopar e descargar información sobre o cambio climático e os seus efectos, ata participar de xeito activo, enviando opinións, comentarios e suxestións sobre este fenómeno. De feito, a páxina web de Climántica renóvase día a día con novos contidos, que se poden consultar en tres idiomas: galego, castelán e inglés.

No que respecta ás visitas realizadas, cabe sinalar, que a maioría, o 87,7%, (é dicir, 4.398 de 5.004) proceden do noso país. Destas, o 58% corresponden a consultas realizadas dende Galicia e a porcentaxe restante ás outras comunidades españolas. Madrid, Andalucía e Valencia –por esta orde- son, tras Galicia, os lugares de onde proceden a maior parte das visitas, destacando a capital de España con 752 consultas, aínda que hai incursións dende todas as comunidades.

No que respecta ás visitas realizadas por internautas dende fóra de España, cabe sinalar as feitas dende Estados Unidos, Reino Unido e diversos países de América Latina. Concretamente, México (con 155 visitas), Colombia (79), Venezuela (78), Argentina (58), Chile (52), Perú (46), Reino Unido (24), Estados Unidos (20) e Portugal (20) son os puntos dende onde se teñen recibido maior número de visitas. Aínda así, hai que sinalar que se ten visitado a web de Climática dende lugares tan distantes como Vietnam, Mozambique, Canadá ou Nova Caledonia.

En total, contando o noso país, usuarios de 37 países distintos e, dende todos os continentes, accederon xa á páxina web do cambio climático elaborada pola Consellería de Medio Ambiente, a través da dirección xeral de Desenvolvemento Sostible.

No que respecta a campaña de sensibilización, cabe sinalar que inclúe actuacións distintas programadas en función do sector da poboación ao que vai dirixido. Así, está previsto que se realice unha campaña de difusión e divulgación dirixida á público en xeral a través dos medios de comunicación e mediante ciclos de conferencias, exhibición de vídeos e exposicións sobre o cambio climático. As charlas, que se realizarán en colaboración coa Obra Social de Caixa Galicia, están a ter lugar, primeiro, nas sete cidades galegas e posteriormente, trasladarse ás vilas.

Outro dos piares da campaña de sensibilización é o fomento de cursos de formación a nivel universitario. De feito, o ano pasado a dirección xeral de Desenvolvemento Sostible, coa colaboración da Universidad Internacional Menéndez Pelayo, organizou o curso Cambio Climático: Reto e Oportunidade do Século XXI, que tivo lugar no mes de xullo no Centro de Investigación Ambiental de Lourizán (Pontevedra).

Pola súa banda, as actividades dirixidas aos escolares agruparanse no proxecto de educación ambiental denominado Climántica, dirixido a alumnos de Primaria e Secundaria. O programa contén oito unidades didácticas, das que está previsto que se desenvolvan este ano as catro primeiras, que levan por título Cambia o clima?, Si queimamos quentamos, O lixo tamén quenta e os Cambios no clima e os cambios na auga. A través destas unidades se informa dun xeito divulgativo das causas e consecuencias do cambio climático aos alumnos de Secundaria. Está previsto que se distribúan 1.500 unidades, en colaboración coa Consellería de Educación, en todos os colexios de Galicia, xunto co DVD que encargou a Consellería de Medio Ambiente sobre o cambio climático, que leva por título Cambio Climático. O reto do século XXI.

Mentres, os alumnos de Primaria contarán con materiais tales como curtos animados e cómics, a través dos que se explicará todo o referido ao fenómeno do cambio climático.

Toda esta documentación tamén se fará chegar á cidadanía a través dunha revista, da que se publicarán varios números e na que se recollerán as principais conclusións das unidades didácticas escolares; e, como xa se mencionou da páxina web de Climántica.

Cabe recordar que a campaña de formación e sensibilización é un dos catro programas incluídos dentro do Plan Galego de Acción contra o Cambio Climático posto en marcha polo actual goberno. O plano inclúe, ademais da xa mencionada, accións de:
- Mitigación mediante a posta en marcha do Plan Galego de Redución de Emisións de Gases de Efecto Invernadoiro.
- Adaptación, a través do Proxecto de Análise das Evidencias e dos Impactos do Cambio Climático en Galicia e o Plan Galego de Adaptación fronte o Cambio Climático
- Investigación, coa creación da Rede Galega de Observación do Territorio e do Centro de Investigación do Sistema Climático.




R.